O Universitäts-Sport-Club Heidelberg, abreviado USC Heidelberg e coñecido por motivos de patrocinio como MLP Academics Heidelberg, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Heidelberg, Baden-Württemberg.
Fundado en 1951, desde 2021 compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O club posúe nas súas vitrinas nove títulos de liga e dúas copas de Alemaña. O equipo xoga os seus partidos como local no SNP Dome, pavillón con capacidade para 5 000 espectadores.
MLP Academics Heidelberg | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL |
Fundación | 1952 |
Historia | TB Heidelberg (1947–1953) |
Cores | Azul, branco, ouro |
Adestrador | Branislav Ignjatovic |
Localización | |
Cidade | Heidelberg, Alemaña |
Pavillón | SNP Dome |
Capacidade | 5 000 |
Inauguración | 25 de marzo de 2021 |
Campionatos | |
Liga | 9 (1957, 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1966, 1973, 1977) |
Copa | 2 (1977, 1978) |
mlp-academics-heidelberg.de |
O Heidelberg foi fundado como club en 1899 pola Universidade de Heidelberg, aínda que a sección de baloncesto non se creou até o ano 1952. O club foi un dos equipos dominantes do baloncesto alemán nas décadas de 1950 e 1960, gañando un total de nove títulos de liga, seis deles consecutivos entre 1956 e 1962, así como dous títulos de copa. A nivel europeo, o club competiu na máxima competición continental, actual Euroliga, nas temporadas 1960, 1961, 1962, 1967 e 1974. Porén, nunca superaron os oitavos de final. Após desapareceren da elite, o Heidelberg regresou á Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano, na temporada 2021−22 tras gañar en 2021 a ProA.
Copa
This article uses material from the Wikipedia Galego article USC Heidelberg, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.