Os Tres Reinos (chinés tradicional, 三國 Sānguó) é un período na historia da China comprendido entre os anos 220 e 280 d.C.
no que a China estivo dividida en tres estados (Wei, Han, Wu), tralo desmembramento do territorio chinés, despos da caída da Dinastía Han. O termo "Tres Reinos" é unha especie de nome inapropiado, xa que cada estado finalmente foi encabezado non por un rei, senón por un emperador que reclamaba soberanía sobre toda China. Con todo, o termo "Tres reinos" converteuse en estándar entre os sinólogos de fala inglesa. Para distinguir os tres estados doutros estados históricos chineses cos mesmos nomes, os historiadores agregaron un carácter relevante ao nome orixinal do estado: o estado que se chamou a si mesmo Wei (魏) tamén se coñece como Cao Wei (曹魏), [3] [ 4] o estado que se chamou a si mesmo Han (漢) tamén se coñece como Shu Han (蜀漢) ou simplemente Shu (蜀), e o estado que se chamou a si mesmo Wu (吳) tamén se coñece como Wu Oriental (東吳; Dōng Wú) ou Sun Wu (孫吳).
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Sucedido por | Dinastía Jin | |||
Nun estrito sentido académico refírese ao período comprendido entre a fundación do reino Wei no ano 220 ata a conquista do reino Wu a mans da dinastía Jin no 280. Con todo, moitos historiadores chineses amplían o punto do comezo deste período á rebelión dos turbantes amarelos no 184.
O período dos Tres Reinos é un dos máis sanguentos da historia chinesa. Un censo nacional realizado no ano 280 d.C., tras a reunificación dos Tres Reinos baixo a dinastía Jin mostra un total de 2.459.840 fogares e 16.163.863 individuos, que só era unha fracción dos 10.677.960 fogares e 56.486.856 individuos censados durante a era Han. Aínda que o censo pode non ser particularmente preciso debido a unha multitude de factores da época, os emperadores Jin no ano 280 d. C. fixeron un intento de dar conta de todas as persoas onde puideron.
O que tradicionalmente se coñece como o comezo do período "non oficial" dos tres reinos, foi a rebelión dos turbantes amarelos dirixida por Zhang Jiao no ano 184.
Persoas importantes da Era dos Tres Reinos | |
Soberanos | Han: Imperador Ling - Imperador Xiao - Imperador Xian Wei: Cao Cao - Cao Pi - Cao Rui - Cao Fang - Cao Mao - Cao Huan Shu: Liu Bei - Liu Shan Wu: Sun Jian - Sun Ce - Sun Quan - Sun Liang - Sun Xiu - Sun Hao Jin: Sima Yan
|
Conselleiros | Wei: Guo Jia - Sima Yi - Xun You - Xun Yu Shu: Fei Yi - Jiang Wan - Jiang Wei - Pang Tong - Zhuge Liang Wu: Gu Yong - Lu Su - Lu Kang - Lu Xun - Zhou Yu - Zhang Zhao - Zhuge Jin Outros: Li Ru - Tian Feng |
Xenerais | Wei: Dian Wei - Xiahou Dun - Xiahou Yuan - Xu Chu - Xu Huang - Zhang He - Zhang Liao Shu: Guan Yu - Huang Zhong - Ma Chao - Wei Yan - Zhang Fei - Zhao Yun Wu: Huang Gai - Lü Meng - Taishi Ci - Zhou Tai - Gan Ning Outros: Ji Ling - Wen Chou - Yan Liang |
Outros | Diaochan - Guan Lu - Hua Tuo - Sun Shangxiang - Sima Hui |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tres Reinos |
A Galipedia ten un portal sobre: China |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Tres Reinos, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.