Tragulus Napu

Tragulus napu é unha especie de artiodáctilo da familia Tragulidae que vive en Sumatra, Borneo e as illas pequenas de Malaisia e Indonesia, e no sur de Myanmar, sur de Tailandia e a península de Malaca.

O seu hábitat natural é o bosque de terras baixas húmido subtropical ou tropical.

Etimoloxía

Tragos en grego significa 'cabra' e a terminación –ulus, que en latín significa 'diminuto'. Napu é un nome local procedente do malaio napuh.

Descrición

Tragulus Napu 
Un exemplar no Parque Zoolóxico Nacional Smithsonian en Washington, DC

É un ungulado moi pequeno de algo máis de 5 kg de peso de adulto, pero aínda así é un dos maiores do seu xénero, só comparable co Tragulus williamsoni, grazas aos seus 70-75 cm de longo (máis un rabo de 6-10 cm) e unha altura ata os ombros de 30-35 cm. Carece de cornos, pero os machos teñen longos cairos superiores que sobresaen e crecen continuamente ata varios centímetros. A cabeza é pequena e triangular e con grandes ollos, o dorso está curvado e as patas son moi delgadas, sendo as anteriores máis longas. A súa cor varía coas subespecies, pero adoita ser marrón alaranxado pero como cada pelo ten unha banda negra máis ou menos grande isto dálle unha aparencia máis ou menos escura segundo as poboacións. A parte inferior é branca cunha banda central negra. Na gorxa ten liñas brancas características. A fronte é escura e con liñas escuras que chegan aos ollos e liñas laranxas nas cellas. Ambos os sexos teñen glándulas de olor na parte inferior da mandíbula.

Distribución

Vive en Sumatra, Borneo e as illas menores malaias e indonesias, sur de Myanmar e de Tailandia e a Maliisia peninsular. Vive preto da auga, en bosques tropicais e mangleirais. Aínda que está rexionalmente extinguido en Singapur, foi descuberto nunha pequena illa en 2008. Os informes da súa presenza noutras partes probablemente son incorrectos. Son terrestres, mais pasan bastante tempo en áreas húmidas e pantanosas e nadan ben.

Comportamento

É solitario e nocturno. Usa pequenos camiños na fraguiza espesa do bosque. Cando o macho está listo para aparearse, freta a súa glándula da parte inferior da mandíbula contra a femia se ela está lista para aparearse, pero se non, ela responde marchando do lugar. O macho é moi territorial e marca o territorio con feces, urina e secrecións da glándula intermandibular. Cando está incomodado o macho patea o chan a unha velocidade de catro veces por segundo.

Comen froitos caídos, plantas acuáticas, gromos, follas, arbustos e herbas.

Reprodución

Reprodúcese durante todo o ano; a femia pasa a maior parte da súa vida adulta preñada e produce unha cría por parto despois dunha xestación de 152–155 días. As crías recentemente nadas están ben desenvolvidas e poden poñerse inmediatamente de pé e estar totalmente activas en 30 minutos. As crías están de pé sobre tres patas mentres se aleitan. Chegan á madurez en 4 meses e medio e viven ata 14 anos.

Status de conservación

As súas maiores ameazas son a sobrecaza polos humanos e a perda de hábitat debido á rápida deforestación das áreas onde vive.

Notas

Tags:

Tragulus Napu EtimoloxíaTragulus Napu DescriciónTragulus Napu DistribuciónTragulus Napu ComportamentoTragulus Napu ReproduciónTragulus Napu Status de conservaciónTragulus Napu NotasTragulus Napu

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ana María Fernández MartínezReino de GaliciaPoesíaArantzaVichelocregoGrupo RompenteLingua galegaFederico Jiménez LosantosLeninLuís SeoaneEstados Unidos de AméricaCambadosExaculaciónLaurent CantetGalipediaUniversidade de Santiago de CompostelaO divino saineteXeración dos 80Clint EastwoodCamilo Nogueira RománAna Belén FortesManuel Gago MariñoCamilo Díaz BaliñoDonicelaDodecágonoXunta de GaliciaClara CampoamorCeleste CaeiroFlorentino López CuevillasQuenllaMeteoGaliciaLuis Carrero BlancoVangardasRede privada virtualManuel MaríaNightmare Alley (filme de 2021)Emilio Aragón BermúdezBritney SpearsXosé FortesAgustín Fernández PazJava (linguaxe de programación)José María Barreiro GómezBella ciaoScarlett JohanssonCBolboretaPecados capitaisToxo arnalAeroporto de VigoAmancio OrtegaCarlomagnoPampallínJesús Vázquez AlmuíñaJulio Iglesias RedondoFrancisco Porto MellaEva MejutoMártires de CarralJosé López CamposCorzoImperio BritánicoMariano RajoyInglaterraThe HivesPanxermanismoHans ZimmerFranciaHolocaustoSete Sabios de GreciaLongueirón (molusco)Albert EinsteinRevolución dos CaraveisSantiago de CompostelaPatricia VázquezEduardo IndaSupermanColocación do pronome átono en galego🡆 More