Traballo Infantil

A explotación infantil refírese ó traballo de nenos en calquera sistema de produción económica dun país, unha rexión ou no mantemento económico dun grupo ou clan familiar.

A explotación infantil é un feito que azouta en especial a países en vías de desenvolvemento, se ben tamén implica ós países industrializados.

Traballo Infantil
O drama da explotación infantil é antigo e afecta a tódolos continentes.

Concepto

Pódese falar estritamente de "explotación infantil" nos seguintes casos:

  • Tódolos nenos e nenas menores de 12 anos que desempeñan calquera actividade económica de produción que afecta o seu desenvolvemento persoal ou o goce dos seus dereitos.
  • Nenos e nenas en idades comprendidas entre os 12 e os 14 anos que realizan calquera traballo que implique un risco e sexa evidentemente perigoso.
  • Todos aqueles menores de idade vítimas das peores formas de explotación infantil:
    • Nenos e nenas vítimas do tráfico.
    • Que sofren calquera forma de escravitude.
    • Obrigados a prostituírse.
    • Recrutados pola forza, obrigados ou inducidos a realizar actividades ilegais ou que ameazan a súa integridade.

É pertinente o uso do concepto "explotación infantil" en vez do xenérico de "traballo infantil" na medida en que existen formas de traballo nas que participan nenos, nenas e adolescentes e que non necesariamente implican formas de explotación ou abuso, como son os traballos formativos propios das culturas ancestrais ou o traballo de vacacións (temporal) de colexiais nas sociedades urbanas.

Causas

As razóns son múltiples:

  • Marxinación social e extrema pobreza: a familia en xeral carece das condicións necesarias de subsistencia e fai que os nenos traballen para manter a economía familiar. Esta situación só se pode resolver cunha decidida vontade estatal de desenvolver a nación e protexer á familia.
  • Redes de explotación infantil: múltiples redes do crime organizado traballan en todo o planeta para usar ós nenos e nenas nos seus propósitos económicos, como a mendicidade e a prostitución.
  • Conflitos armados: en situacións desastrosas de orde pública, os nenos e nenas son vítimas de todo tipo de abuso.

Cifras

Os datos da UNICEF din que arredor de 246 millóns de nenos e nenas son obxecto de explotación infantil no planeta, e deles tres cuartas partes (171 millóns) o son en condicións ou situacións de perigo. Porén, segundo o estudo Protección infantil contra o abuso e a violencia: Explotación infantil de UNICEF, o 70 % dos nenos e nenas traballadores do mundo fano no sector da agricultura.

Por outra parte máis de 50 países recrutan menores de 18 anos e ármanos para a guerra (2006).

Erradicación do Traballo Infantil

Traballo Infantil 
Manifestantes con carteis en inglés e yiddish que poñen "abolición da escravitude infantil" (Nova York, 1909)

Estímase que en Latinoamérica preto do 70 % de nenos e nenas que traballan fano no sector rural. Se ben a agricultura, xa sexa familiar de subsistencia ou comercial, pode non ser unha actividade perigosa en si mesma, hai moitos nenos, nenas e adolescentes que traballan neste sector en situación de risco e en moitos casos de extrema explotación.

En determinadas condicións o traballo infantil na agricultura pode implicar explotación infantil, así como riscos físicos, debido á manipulación de herbicidas e pesticidas, ó uso de maquinaria pesada ou instrumentos punzo-cortantes, por adversidades climáticas e moitas veces por longas xornadas de traballo. Os nenos e nenas expóñense tamén á violencia nos lugares de traballo por parte dos adultos con consecuencias psicolóxicas como o abuso e o estrés ocasionado pola presión de cumprir con determinadas cotas de produción.

Todo isto leva a que moitos deles abandonen a escola ou deban combinar o estudo con longas xornadas no campo, o que afecta seriamente ó seu rendemento educativo e por tanto á súa formación.

A ONU e a erradicación do traballo infantil

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou en 2002 o 12 de xuño como o Día Mundial Contra o Traballo Infantil co obxectivo de concienciar ás persoas sobre a magnitude deste problema e potenciar a adopción de medidas para erradicalo .

A eliminación do traballo infantil foi unha das prioridades das organizacións das Nacións Unidas desde os seus inicios, a fin de previr e combater a explotación infantil.

Desde os seus inicios a Organización Internacional do Traballo (OIT) das Nacións Unidas baseou a súa acción na estipulación da idade mínima de admisión ó emprego como criterio para definir e regulamentar o traballo infantil. Tamén promove un enfoque flexible, que permite ós países abordar progresivamente o problema a partir de estratexias orientadas ó fortalecemento das capacidades nacionais e á atención prioritaria de nenos, nenas e adolescentes vítimas das peores formas de traballo infantil.

Ademais en 1992 a OIT creou o Programa Internacional para a Erradicación do Traballo Infantil (IPEC, polas súas siglas en inglés), unha iniciativa de cooperación técnica dedicada exclusivamente a previr e combater o traballo de nenos e nenas.

Se ben nos ámbitos oficiais hai consenso en torno a estes obxectivos, existen voces discrepantes, como as dos movementos de nenos, nenas e adolescentes traballadores que cuestionan o enfoque de erradicación do traballo infantil, entre outras razóns porque non considera as características culturais de moitos pobos e nacións que integran o traballo infantil como unha estratexia pedagóxica e de socialización. Consideran que o enfoque oficial da ONU criminaliza a quen son vítimas de determinadas condicións sociais e se resiste a considerar a opinión dos que di favorecer, os nenos, nenas e adolescentes traballadores.

Por que non deben traballar os nenos

  • O traballo entorpece o libre desenvolvemento do neno e a nena: quítalle tempo ou entorpéceo/a no estudo.
  • O traballo non permite ó menor ser un neno ou nena, quitándolle espazo e tempo para a diversión.
  • O traballo atenta contra os dereitos fundamentais do neno.
  • O traballo pode pór en risco a súa saúde mental e física, con labores que poden entorpecer o crecemento ou atrofiar o seu corpo.
  • Os nenos non teñen aínda o criterio para tomar decisións, polo tanto, o neno ou nena que traballa están sempre obrigados a facelo, a non ser que os titores dos nenos consintan ou os obriguen a traballar a partir dos 16 anos.

Traballos perigosos

Os "traballos perigosos" son actividades que poñen en perigo a vida e a saúde mental ou física do traballador. En cada nación deben existir lexislacións que garanten a protección do obreiro que realiza traballos perigosos. En calquera caso, estes non poden ser realizados por menores de idade baixo ningunha circunstancia. Algúns destes traballos perigosos son:

  • Explotación mineira.
  • Traballos que manipulan produtos químicos, como os pesticidas na actividade agraria.
  • Manipulación de maquinaria pesada e perigosa como materiais corta-punzantes ou eléctricos.
  • Traballo nas diferentes construcións de edificios.
  • Traballos relacionados con accións bélicas de todo tipo.
  • Traballos relacionados coa manipulación de armas.
Traballo Infantil 
Nena vendendo froita na rúa na Cidade Ho Chi Minh.

Traballos sospeitosos

Traballos que non teñen un risco para a vida, pero que constitúen un abuso dos dereitos do neno son aqueles que lle esixen traballar ocultos á luz pública, en situacións infrahumanas, en longas xornadas de traballo e pouca remuneración e que obstaculizan o normal desenvolvemento do seu crecemento. Entre eles están:

  • Nenos e nenas que traballan no servizo doméstico.
  • Nenos e nenas que traballan en plantacións.
  • Nenos e nenas que atenden negocios como camareiros.
  • Nenos e nenas que venden cousas nas rúas.
  • Mendicidade infantil.

Traballos contra a dignidade humana

Traballos que atentan contra o normal crecemento do neno ou nena e van en contra da súa dignidade e respecto persoal, converténdose ademais en abuso infantil:

A explotación infantil por rexións

Se ben as cifras coinciden case sempre cos países en vías de desenvolvemento ou países pobres, os países industrializados están implicados neste drama debido a que en moitas ocasións adquiren produtos manipulados por nenos e nenas dos países en vías de desenvolvemento. Por outra parte a constante onda migratoria que chega ós países industrializados implica un alto número de menores de idade, e moitos deles acaban vivindo en ambientes marxinais nos países ricos, véndose obrigados a traballar para gañarse a vida. As rexións vistas en porcentaxe de nenos que traballan do total de menores de idade segundo o informe da UNICEF son:

Normativa internacional

Aínda que para moitas persoas parece claro que os nenos e nenas non deben traballar senón ir á escola, isto non reflicte a realidade da protección social que se dá á infancia no mundo. Os sistemas xudiciais de moitos países da terra son en xeral bastante indiferentes ante este drama, e as porcentaxes de nenos e nenas traballadores parece aumentar máis que diminuír. A Organización Internacional do Traballo fixou no seu Convenio número 138 que só os nenos e nenas maiores de 12 anos poden traballar, pero só en actividades que non "entorpezan a súa formación". Nalgúns países os rapaces de entre 12 e 18 anos deben ter un permiso asinado polos seus pais ou titores para traballar. Moitos países contemplan castigos xudiciais a empresas que contratan nenos e nenas, pero se ben estas son fáciles de controlar, as formas máis degradantes da explotación infantil están en mans do crime organizado e actividades ilícitas.

Prevención da explotación infantil

A vontade política dos estados é a única forma de combater este mal global. Só se poderá evitar a explotación infantil denunciando a todo adulto que estea cometendo o delito de empregalos.

Ante todo os países industrializados deben comprometerse a non adquirir produtos manufacturados por nenos, pero deben comprometerse á vez en axudar ó desenvolvemento dos países pobres e en vías de desenvolvemento para que os nenos non sexan obrigados a traballar.

Filmografía

  • El corazón de la tierra, dirixida por Antonio Cuadri, narra unha das primeiras manifestacións que houbo en España en 1888 a consecuencia da explotación infantil nas minas de Río Tinto.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Traballo Infantil ConceptoTraballo Infantil CausasTraballo Infantil CifrasTraballo Infantil Erradicación do Traballo Infantil Por que non deben traballar os nenosTraballo Infantil A explotación infantil por rexiónsTraballo Infantil Normativa internacionalTraballo Infantil Prevención da explotación infantilTraballo Infantil FilmografíaTraballo Infantil Véxase taménTraballo InfantilNenoTraballo (socioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesCinema pornográficoRoberto Vidal BolañoTribadismoLuis Carrero BlancoNarónTito VilanovaIndiaFalange EspañolaPonte 25 de AbrilLeopoldo RubidoDavid SuchetPosición do misioneiro invertidaFelaciónSalgueiroIsabel Díaz AyusoMarcelo CaetanoNormativa oficial do galegoFederico Jiménez LosantosVicente RiscoLista de nomes femininos en galegoDomingoLuisa CarnésRepública Democrática do CongoFrancisco PazosXeración do 36Vincent van GoghReal Club Celta de VigoLorenzo VarelaVietnamDonald TrumpVerónica ForquéThe ArtistIrmandiñosJude BellinghamCanle (comunicación)Adolfo SuárezSlumdog MillionaireMarcelo Rebelo de SousaJéssica BouzasGran Guerra IrmandiñaAdolf HitlerCristina MaróRías Baixas (serie de televisión)Porno suaveAmieiroThibaut CourtoisFernando AlonsoCataluñaLista de presidentes da República PortuguesaFabiola GarcíaMártires de CarralManuel MurguíaAlfonso Basterra CamporroFlora invasora de GaliciaDeserto do SáharaTrofoblastoCeleste CaeiroMariano RajoyEva MejutoMommy Dead and DearestLesakaEl Correo GallegoImperio BritánicoPecados capitaisMiguel SolísAlbert EinsteinNacho CastañoGalaicosJulio Iglesias RedondoDaniel de la TorreO Barco de ValdeorrasValentín García GómezFigueres🡆 More