América Latina ou Latinoamérica, entidade territorial e sociocultural diferente a Hispanoamérica e Iberoamérica, constituída polo conxunto de países de América que foron antigas colonias de países europeos onde se falan as linguas romances, é dicir derivadas do latín, correspondentes ás actuais España, Portugal e Francia.
Países e dependencias | |||
O xentilicio que normalmente se emprega é latinoamericano.
O termo Latinoamérica foi introducido por primeira vez polo Imperio Francés de Napoleón III, durante a súa invasión de México, como forma de incluír a Francia entre os países con influencia en América e case exclusivamente coa fin de excluír ós anglosaxóns.
Nestes países obsérvanse moitas similitudes debido á súa longa historia en común por ser territorios coloniais de España e Portugal e, en menor medida, de Francia. Entre eles obsérvanse tamén variacións lingüísticas, étnicas, sociais, políticas, económicas e climáticas.
Os países agrúpanse en diferentes bloques comerciais:
A cultura da América Latina ten coma principal característica ser a fusión de tres culturas bastante distintas entre si:
Como o seu nome indica, os idiomas oficiais dos países da América Latina (español, francés e portugués) son todos linguas romances. Así e todo, dentro destes territorios existen unha multitude doutras linguas orixinarias dos países latinoamericanos. Algunhas destas outras linguas son:
This article uses material from the Wikipedia Galego article América Latina, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.