Convención Sobre Os Dereitos Do Neno

A Convención sobre os Dereitos do Neno é un tratado internacional das Nacións Unidas sobre os dereitos do neno, que posúe 54 artigos que recoñecen que todas as persoas menores de 18 anos teñen dereito a ser protexidos e a desenvolverse e participar activamente na sociedade, establecendo que os nenos son suxeitos de dereito.

Foi adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989.

Convención Sobre Os Dereitos Do Neno
En verde, países que asinaron e ratificaron a Convención de Dereitos do Neno. En violeta, os que asinaron mais non ratificaron. En laranxa, aqueles que non a asinaron.

É o tratado internacional que reúne ao maior número de Estados partes. Foi ratificada por todos os Estados do mundo, fóra de Somalia e os Estados Unidos de América, este último fundamentalmente debido á prohibición da aplicación da pena de morte a nenos que contén esta convención.

Historia

  • 1919: A Sociedade das Nacións crea o Comité de Protección da Infancia. A existencia deste comité fai que os Estados non sexan os únicos soberanos en materia de Dereitos do Neno.
  • 1923: Eglantyne Jebb (1876-1928), fundadora de Save the Children, formula xunto coa Unión Internacional de Auxilio ao Neno a Declaración dos Dereitos do Neno, coñecida tamén como a Declaración de Xenebra.
  • 1924: A Sociedade de Nacións adopta a Declaración de Xenebra dos Dereitos do Neno.
  • 1927: Durante o IV Congreso Panamericano do Neno, dez países americanos (Arxentina, Bolivia, Brasil, Cuba, Chile, Ecuador, Estados Unidos, Perú, Uruguai e Venezuela) subscriben o acta de fundación do Instituto Interamericano do Neno (IIN), organismo promotor do benestar dos nenos e as súas nais na rexión.
  • Convención Sobre Os Dereitos Do Neno 
    Selos de Casaquistán en lembranza dos 25 anos dende que o país asinou a Convención de Dereitos do Neno.
    1934: A Sociedade das Nacións aproba, por segunda vez, a Declaración de Xenebra dos Dereitos do Neno.
  • 1946: O Consello Económico e Social da Organización das Nacións Unidas (ONU) recomenda retomar a Declaración de Xenebra. Logo da segunda guerra mundial, un movemento internacional maniféstase a prol da creación do Fondo Internacional de Urxencia das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF).
  • 1948: A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclama a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Nela, os dereitos e liberdades dos nenos, as nenas e os adolescentes están implicitamente incluídos.
  • 1959: A Declaración dos Dereitos do Neno é adoptada por unanimidade. Con todo, este texto non é de cumprimento obrigatorio para os Estados.
  • 1979: Celébrase o Ano Internacional do Neno. Realízanse actividades conmemorando o vixésimo aniversario da Declaración dos Dereitos do Neno.
  • 1983: Diversas organizacións non gobernamentais organízanse para elaborar unha Convención Internacional sobre os Dereitos do Neno, tendo un estatuto de consulta xunto coas Nacións Unidas.
  • 1989: A Convención sobre os Dereitos do Neno é adoptada pola Asemblea Xeral da ONU e aberta á firma e ratificación por parte dos Estados.
  • 1990: Celébrase o Cume Mundial de Presidentes en favor da infancia. No devandito cume apróbase o Plan de Acción para o decenio 1990-2000, o cal serve de marco de referencia para os Plans Nacionais de Acción en cada Estado parte da Convención.
  • 2001: Celébrase o Ano Interamericano da Nenez e a Adolescencia.
  • 2002: O 12 de febreiro entra en vigor o Protocolo Facultativo á Convención, impulsado pola ONU, que eleva a idade mínima de recrutamento e participación en hostilidades de 15 a 18 anos.

Principios fundamentais

  • Participación: os nenos, como persoas e suxeitos de dereito, poden e deben expresar as súas opinións nos temas que os afecten. As súas opinións deben ser escoitadas e tomadas en conta para a axenda política, económica ou educativa dun país. Deste xeito créase un novo tipo de relación entre os nenos, nenas e adolescentes e quen toman as decisións por parte do Estado e a Sociedade Civil.
  • Supervivencia e desenvolvemento: as medidas que tomen os Estados Parte para preservar a vida e a calidade de vida dos nenos deben garantir un desenvolvemento harmónico no aspecto físico, espiritual, psicolóxico, moral e social dos nenos, considerando as súas aptitudes e talentos.
  • Interese superior do neno: cando as institucións públicas ou privadas, autoridades, tribunais ou calquera outra entidade deba tomar decisións respecto dos nenos e nenas, deben considerar aquelas que lles ofrezan o máximo benestar.
  • Non discriminación: ningún neno debe ser prexudicado de modo algún por motivos de raza, credo, cor, xénero, idioma, caste, situación ao nacer ou por padecer algún tipo de impedimento físico

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Convención Sobre Os Dereitos Do Neno HistoriaConvención Sobre Os Dereitos Do Neno Principios fundamentaisConvención Sobre Os Dereitos Do Neno Véxase taménConvención Sobre Os Dereitos Do Neno198920 de novembroAsemblea Xeral das Nacións UnidasDereitos do nenoNacións UnidasTratado internacional

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Cayetana Álvarez de ToledoPontedeumeCessna T-37 TweetXinzo de LimiaEditorial GalaxiaDigital object identifierc70mgOurioloLuís CíliaCarlos de Matos GomesGrupo SargadelosRosario Porto OrtegaTradescantia fluminensisLalínMark Lewis JonesJava (linguaxe de programación)Alfonso RuedaBeatriz LuengoCouselo (planta)CunnilingusMasculino e feminino en galegoCamilo Díaz BaliñoBolboretaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Bárbara ReyCharles WhiteVáknerJulio Iglesias RedondoMommy Dead and DearestFernando Salgado VarelaAdriano Correia de OliveiraFrancisco AsoreyThibaut CourtoisPastora Dominga González ViéitezQueiroaNacho CastañoMaría do Socorro Ortega RomeroManuel Lourenzo SobralDonald TrumpTelexornalValentín García GómezEstadio Municipal de RiazorMexacánElena CandiaDavid MellaCambadosÁngel CarracedoMoción de confianzaRoberto VerinoVilagarcía de ArousaLaurent CantetPontellaMilánNormativa oficial do galegoJacinto BenaventeEduardo IndaVox populiVertoAdolfo SuárezTeixugoXeración do 36David PerdomoHarvey WeinsteinDiáspora galegaJosé Luis Rodríguez ZapateroDeserto do SáharaMoinanteGalaicosCanle (enxeñaría)Carlos CasaresRefraneiro galego sobre o mes de maioBenito Mussolini🡆 More