The Kinks foi un grupo musical británico formado en Londres nos anos 60 polos irmáns Ray e Dave Davies.
The Kinks | |
---|---|
The kinks en 1965 | |
Orixe | Londres, Reino Unido |
Período | 1963 - 1996 |
Xénero(s) | Garage Rock, Rock, Pop |
Selo(s) discográfico(s) | Pye, RCA, Arista, London, Columbia, Konk, Guardian |
Membros | Ray Davies Dave Davies Pete Quaife Mick Avory John Dalton John Gosling Andy Pyle Jim Rodford Ian Gibbons Bob Henrit |
Na rede | |
http://thekinks.info | |
Desde os seus primeiros tempos estaban moi influídos polo Rock and roll e o Rhythm & blues americanos. En 1964 conseguiron o seu primeiro nº 1 nas listas británicas con "You Really Got Me ",a súa canción máis emblemática, dándose a coñecer como parte da Invasión Británica nos Estados Unidos (nº 7 en Billboard ) Esta canción permaneceu como unha das máis significativas da década dos 60 e o seu son é considerado precursor do Hard rock.
A evolución como compositor de Ray Davies, levou ao grupo a unha segunda época cun son moito máis "británico" e Pop, que lles proporcionou éxitos como "Sunny Afternoon" ou "Waterloo Sunset". Os seus traballos nestes anos exerceron grande influencia en movementos tan distintos como o Glam Rock, o Punk, ou a New Wave , malia que, en termos de popularidade e apoio do seu discográfica, sempre estiveron á sombra de The Beatles, The Rolling Stones ou The Who.
En 1970 e tras un período de menor presenza nas listas, alcanzaron o seu último nº 1 no Reino Unido co single "Lola". Os seus problemas coa discográfica Pye levoulles a asinar por RCA , iniciando unha fase caracterizada polo rock con tinturas teatrais. Debido á falta de apoio promocional, o grupo pasou a un segundo plano, sobre todo no seu país, o que fai que se trasladen aos Estados Unidos. Alí asinaron con Arista, discográfica coa que gozaron dun novo período de éxito no cambio de década e os primeiros anos 80, éxito que non se volveu a repetir ata a súa separación en 1997.
This article uses material from the Wikipedia Galego article The Kinks, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.