A teoría do dominó, ou tamén chamada de efecto bóla de neve, aplicado na política internacional, establece que, se un país entra nun determinado sistema político, arrastrará os outros da súa área cara a esa mesma ideoloxía.
Non se sabe con certeza o ideólogo desta teoría; pero adoitase nomear o político estadounidense John Foster Dulles e a Doutrina Truman, que vaticinaban que o comunismo podería expandirse por todo o mundo se non se lograba deter a espiral.
Esta teoría naceu durante a Guerra fría ante a observación de varios sucesos que parecían corroborala.
Antes e durante a segunda guerra mundial sucedeu un contaxio de ideoloxías en Europa. Ben por propia iniciativa, como Hungría ou Romanía, que adoptaron gobernos profascistas ou pronazis; ou ben pola forza, como a Francia de Vichy, Noruega, España ou os Países Baixos. Outro exemplo era a ideoloxía comunista que estendía a República Rusa (pouco despois rebautizada como Unión Soviética tras incorporar a Rusia dos Soviet varios territorios máis) ao anexionar países que formaran parte do Imperio como Ucraína, Belarús ou as Repúblicas Bálticas.
Estes fenómenos mencionáronse como antecedentes, Jonathan Schell comenta que durante a guerra de Vietnam poñíanse como exemplo en varias ocasións para vaticinar o que pasaría se Vietnam do Sur caía fronte ao comunismo. Non obstante, ditos casos son antecedentes e non a base da Teoría; principalmente porque Estados Unidos, o formulador da mesma, non era unha potencia mundial antes da segunda guerra mundial.
Antes sequera de ter capitulado o Eixe as tensións entre os vencedores eran xa patentes, especialmente tras o Cumio de Potsdam e a cancelación do Cumio de Washington. Churchil e Truman vían á Unión Soviética de Stalin como un aliado pouco fiable (o Gran Can Vermello, como o chamaría o xeneral Curtis LeMay anos despois) con constantes roces, problemas en Berlín e unha política inflexible sobre as súas demandas nos cumios de Teherán e Ialta.
Nos cumios mencionadas, a URSS comprometerase a celebrar eleccións nas nacións ocupadas tras a Guerra para que decidiran os seus gobernos; pero estas eleccións ás veces non se levaron a cabo. Desta forma, ás nacións invadidas pola URSS sumáronse Albania e Iugoslavia, mentres en Asia a comunista Corea do Norte ameazaba con arrastrar á súa veciña do Sur. Parecía ser a constatación do que afirmara Truman durante a guerra civil de Grecia: se un ou varios países caían baixo a pouta do comunismo, arrastrarían aos seus veciños.
Nos anos seguintes, as dúas potencias trataron de atraer as nacións Non Aliñadas ao seu bando. Estados Unidos parecía ter as de gañar polo seu poderío armamentístico, especialmente nuclear, económico e cultural fronte á URSS; pero os acontecementos non transcorreron nesa dirección. A China Nacionalista era derrotada por Mao Zedong, en 1950 esta nación invadía o Tíbet, a guerrilla comunista malaia facía grandes progresos fronte aos ingleses, en Indochina Ho Chi Minh abrazaba o comunismo e Indonesia estaba a piques de pasar ao lado comunista; esta foi a gota que colmou o vaso para lanzar os programas Mercurio, Xéminis e Apolo.
Isto parecía indicar que, pese á aparente superioridade norteamericana, existía un certo contaxio duns países a outros, contaxio que ameazaba con rodear todo Estados Unidos de países comunistas.
Para as sucesivas administracións norteamericanas, a Teoría do Dominó converteríase nunha prioridade na súa axenda de política internacional e realizaron todo tipo de accións nos cinco continentes para neutralizala.
O gran perigo de que o comunismo se estendera por unha das rexións máis desenvolvidas e prósperas do Planeta era sentido como máis que posible polos estadounidenses e os propios europeos.
A resposta foi dobre:
A gran diferenza entre ricos e pobres, case endémica na maior parte do Continente, e a gran acumulación de terras e riquezas en mans de poucas familias en sistemas case feudais, foi un dos maiores motivos para a aparición de movementos revolucionarios comunistas.
A principios do século XX, Estados Unidos xa mostraba o seu carácter de potencia continental, máis tarde mundial, e non desexaba que esa rexión puidera escapar do seu control. O seu exército realizara incursións en México ou O Salvador e especialmente Panamá durante os chamados os anos yankis.
Pero a situación cambiou cando comezaron a xurdir movementos guerrilleiros inspirados nos logros obtidos por Vo Nguyen Giap na Indochina. Tras a derrota en Vietnam, o movemento foi moito máis claro e numeroso, o que alarmou enormemente aos Estados Unidos.
Coa sinatura dos Acordos de Xenebra de 1954, catro novos países entraban na disputa internacional entre bloques: Camboxa, Laos, Vietnam do Norte e Vietnam do Sur. Todas estes países tiveran disputas e guerras antes da colonización francesa. Tamén constituían unha fonte de materias primas estratéxicas e uns portos de grande utilidade para a frota da URSS (escasa de instalacións navais en mares cálidos). As dúas superpotencias desexaban os recursos naturais daquela rexión e aínda máis privar ao seu adversario dun aliado estratéxico. De todos os países o único comunista era Vietnam do Norte e temíase que de continuar a súa expansión todos os demais caerían.
Coa caída de Vietnam do Sur toda a Península Indochina agás Tailandia era comunista, o que parecía dar verosimilitude á Teoría.
En 1967 fundouse a Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN polas súas siglas en inglés) formado por Tailandia, Malaisia, Singapur e Filipinas e en 1984 Brunei, para promover o desenvolvemento conxunto nesa zona. Pero a progresiva agresividade de Vietnam na zona fixo que se fora convertendo máis nunha organización de protección mutua.
Tras as primeiras emancipacións nos anos cincuenta, sobre todo de países do Magreb, veu a gran cascada de independencias protagonizadas por países subsaharianos, converténdose estes nalgúns dos máis cobizados.
Pese ao seu espírito de nacións non aliñadas, a situación pareceu ir decantándose cara ao bloque comunista máis que cara ao capitalista. Esta progresión podemos vela no feito de que a finais 1950 só unha nación, o Exipto de Nasser, estaba claramente aliñada co bloque soviético e ningunha outra se pronunciara pro-occidental, mais, en 1983 Estados Unidos recuperara Exipto como aliado, como tamén Somalia e Marrocos (construíndo e financiando os seus muros para conter a Fronte Polisario).
Fronte aos avances estadounidenses, a URSS lograra como aliados a: Alxeria, Malí, Mauritania, Etiopía, Congo Brazaville, Angola, Libia, Mozambique e outros países como a Tanzania do intelectual Julius Nyerere e as prósperas illas Seychelles manifestábase socialista pese a non permitir usar nin crear bases aéreas, navais e achega de asesores militares.
Contabilizando os países non pode dicirse que a posición estadounidenses fose mellor que a soviética, e os seus dirixentes sabíano. Pero ao contrario que nos outros continentes, en África non se creou unha organización para deter o comunismo; máis ben se probaron un conxunto de accións que permitiran parar aquela decantación polo leste. Entre elas pode citarse:
se outorgaron títulos altisonantes, como Líder de Aceiro, Señor das Bestas da Terra e da Agua, e Milagre Único; fixéronse transportar en cadeira xestatoria; obrigaron aos seus pobos a dirixirlles pregarias; colgaron os seus retratos en escolas, igrexas, tabernas e bordeis, e deron o seu nome a rúas, universidades, illas e lagos
Desta forma, Estados Unidos debía soportar os caprichos e ás veces as psicopatías destes líderes e responder ás acusacións de ONGs, periodistas e cidadáns, coñecedores da situación, de apoiar a carniceiros con condutas como comerse as vísceras dos seus inimigos, trasladar a capital do seu país a un remoto poboado da selva ou depositar o tesouro do banco nacional no rocho da súa casa.
Dividindo o mundo en dous bloques sen fisuras, comunistas e capitalistas, e mirando o sueste asiático, a Teoría do Dominó parece ser certa. Mais esta visión dun mundo occidental obrigado a defenderse do oriental, sostida por moitos políticos estadounidenses, especialmente o presidente Ronald Reagan, resulta en exceso simplista:
Analizando o mesmo caso que se pon como exemplo, Indochina, Camboxa e Vietnam nunca mantiveron boas relacións e, tres anos despois do seu paso ao comunismo, as dúas nacións estaban enfrontadas pola invasión de Camboxa. Así mesmo, Tailandia mantívose firmemente pro occidental e repeleu os enfrontamentos que viñeron da Kampuchea ocupada. Por último, China invadiu o norte de Vietnam. Co que non se pode dicir que formasen unha fronte unida contra o capitalismo.
Mentres, en Europa, Albania comezou a separarse de Moscova até o abandono do Pacto de Varsovia, opción que non estaba nin contemplada nos estatutos de dita organización. Tampouco a Iugoslavia de Tito foi un país moi afín á esfera soviética, pese a ser comunista. Incluso Stalin declarou nunha ocasión que só lle facía falta mover o dedo meiniño para acabar con Tito.
As friccións e enfrontamentos entre os distintos países era o que non tivo en conta esta teoría, ademais de non aplicarse só á URSS.
A fin da Guerra Fría e, con el a fin do medo á expansión comunista, supuxo o final desta teoría, pese a que nunca chegou a demostrarse.
Aínda que xa non se cita con este nome, a idea de que un ou varios países poidan adoptar determinado réxime político polo feito de que un veciño o fixera segue viva nas análises internacionais. Por exemplo, a principios do século XXI e tras os atentados do 11-S, Estados Unidos centrou a súa atención nos países musulmáns, especialmente árabes. Todos eles ditaduras de maior ou menor dureza. Antes e despois da Invasión de Iraq, un dos argumentos a favor esgrimidos pola Administración Bush e moitos xornalistas e expertos en política internacional consistía nas supostas vantaxes de converter unha nación árabe nunha democracia. Así, explicaban os defensores desta idea, que tras a invasión en Iraq se establecería un réxime democrático, con estado de dereito e liberdades constitucionais. As vantaxes para a poboación serían evidentes e moitos pobos veciños quereríanas para si mesmos; provocando un efecto dominó nos seus gobernos. Tamén, como no período da Guerra Fría, esta idea é acusada de falta de visión sobre os países da área.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Teoría do dominó, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.