Tenente: Oficial de rango inferior a capitán, ao mando dunha sección.

Tenente, anteriormente lugartenente, é un oficial dun exército, garda nacional ou forza aérea.

Polo xeral, está ao mando dunha sección.

España

Emprego de oficial propio dos Exércitos de Terra, Aire e do Instituto Armado da Garda Civil que ostenta o mando de unidades de tropa do tamaño dunha sección ou similar. Na Garda Civil pode exercer o mando dun posto principal. Equivale a inspector na policía. Áchase por enriba do alférez (emprego actualmente en desuso, relegado aos aspirantes a oficial e coñecido como alférez cadete) e por debaixo do capitán. Adoita ser o emprego inicial dos integrantes das Escalas de Oficiais por acceso directo, tras cursar cinco anos de estudos nas diferentes Academias ou Escolas militares. A partir da promoción que ingresou nelas en 2010, a finalización destes estudos implicou, ademais do emprego de tenente, unha enxeñaría de grao válida tamén no ámbito civil.

O seu equivalente na Armada é o alférez de navío. A divisa consta de dúas estrelas amarelas de seis puntas sobre fondo de cor variable en función do Exército, caqui/verde (Exército de Terra), azul (Exército do Aire) e verde escuro na Garda Civil.

No ordenamento militar español tamén está contemplada a figura do tenente de complemento. Como o seu nome indica "complementa" aos militares de carreira para cometidos específicos. Asinan un contrato cun prazo determinado, ao final do cal deben abandonar obrigatoriamente as forzas armadas. A súa formación é bastante máis curta que a dos militares de carreira, pero esíxelles titulación universitaria previa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Tenente 1°

Tags:

Tenente EspañaTenente NotasTenente Véxase taménTenenteExércitoForza aérea

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Luís SeoaneParafusoPampallínEspañaEstanislao FiguerasTeoría de númerosISBNComarca de SarriaLontreiraEstadio de TammelaSupermanVietnamLuísa VillaltaA CoruñaRembrandtSerés, Serés, CastroverdeManuel FragaBubelaJacinto BenaventeJackson PollockFernando AlonsoAltriOrdesNormativa oficial do galegoPablo MartinezAdriano Correia de OliveiraCataluñaCabo Norte, NoruegaDiglosiaRosalía de CastroSanguePaulino PereiroRamón CabanillasÁreas lingüísticas do galegoThe ArtistCarlos SoberaRafael NadalMark WahlbergFrancisco AsoreyO PorriñoAlfonso RuedaCastro de Punta do BicoIsabel Díaz AyusoDorothé SchubarthBeatriz LuengoAdolf HitlerDaniel de la TorreSlumdog MillionaireRomariz, Riós, RiósProvincia da CoruñaTransformador (modelo de aprendizaxe automática)Federico García LorcaHans ZimmerEmilio Pérez TouriñoInglaterraRosario DúrcalArxentinaVigoPortolamoso, Curtis, CurtisSusana FortesAlfonso Basterra CamporroLuís CíliaAlcaldes da CoruñaTarragonaBortziriakSete Sabios de GreciaFentoO comparativo galegoHolocaustoVox populiAs leis de CelavellaPontella🡆 More