Exército De Terra De España

O Exército de Terra é a rama terrestre das Forzas Armadas de España, un dos exércitos en actividade máis antigos do mundo (século XV).

Ten o seu Cuartel Xeral no Palacio de Buenavista de Madrid, situado na céntrica Praza de Cibeles, fronte ao Banco de España. Actualmente o Exército de Terra de España conta con aproximadamente 135.000 efectivos.

Exército de Terra de España
Ejército de Tierra
Exército De Terra De España
Escudo do Exército de Terra
PaísEspaña España
Tipoexército de terra

Conxuntamente coa Armada e o Exército do Aire, ten asignado por medio do artigo oitavo da Constitución Española a misión de garantir a soberanía e independencia de España, defender a súa integridade territorial e o ordenamento constitucional.

Organización e estrutura

Exército De Terra De España 
Futura estrutura do Exército de Terra.

Actualmente as Forzas Armadas Españolas atópanse nun proceso de reestruturación. Con esta reestruturación preténdese adecuar a organización ao número de efectivos dispoñibles, concentrar as unidades nun número menor de localizacións, actualizar normas e procesos, reducir os niveis administrativos, suprimir estruturas redundantes e potenciar as capacidades das forzas mediante tecnoloxías avanzadas.

Esta reorganización afectará a sesenta unidades, das cales trinta e tres serán disoltas e vinte e tres transformadas. Das disoltas, vinte e catro serán batallóns.

Do mesmo xeito que a Armada e o Exército do Aire, o Exército de Terra está composto por:

  • O Cuartel Xeral: fórmao o conxunto de órganos que encadran os medios humanos e materiais necesarios para asistir ao xefe do Estado Maior no exercicio do mando sobre o seu exército.
    • Rexemento de Infantaría Inmemorial do Rei n.º 1
  • A Forza: é o conxunto de recursos humanos e materiais que se agrupan e organizan co labor principal de prepararse para a realización das operacións militares.
  • O Apoio á forza: son aqueles órganos responsables da dirección, xestión, administración e control dos recursos humanos, materiais e financeiros, asignados ao Exército.

A Forza

Exército De Terra De España 
Cabo lexionario, 1946.

A nova organización da Forza ten unha estrutura máis simplificada, coas brigadas como elemento principal. Deste xeito soluciónase o problema da existencia de unidades que non contaban cun número suficiente de efectivos e medios. Esta organización é máis flexible, ten un único mando e potencia as unidades lixeiras con maior capacidade de mobilidade e proxección.

Exército De Terra De España 
Entrada do Cuartel Xeral do Exército, en Madrid.

A Forza está formada polas seguintes unidades:

O Apoio á forza

O Apoio á forza do Exército está composto por:

  • Mando de Apoio Loxístico do Exército
  • Mando de Persoal
  • Mando de Adestramento e Doutrina
  • Inspección Xeral do Exército
  • Dirección de Asuntos Económicos

Corpos do Exército

O persoal do Exército distribúese en catro corpos:

  • Corpo Xeral das Armas (CGA)
  • Corpo de Intendencia (CINT)
  • Corpo de Enxeñeiros Politécnicos (CIP)
  • Corpos de Especialistas (CE)

O Corpo Xeral das Armas divídese en especialidades fundamentais:

  • Infantaría
  • Cabalaría
  • Artillaría
  • Enxeñeiros

Corpos comúns das Forzas Armadas.

  • Corpo Xurídico Militar
  • Sanidade Militar
  • Intervención
  • Músicas Militares
  • Arcebispado Castrense

Unidades e centros con emblema específico.

  • Estado Maior
  • Academia Xeral Militar
  • Academia Xeral Básica de Suboficiais
  • Compañías de Mar
  • Regulares
  • Lexión
  • Forzas Aeromóbiles do Exército de Terra
  • Unidades de Loxística
  • Policía Militar

Empregos

No Exército de Terra español existen os seguintes empregos, de acordo coa clasificación de rangos da OTAN, á cal España pertence.

Código OTAN OF-10 OF-9 OF-8 OF-7 OF-6 OF-5 OF-4 OF-3 OF-2 OF-1 OF-D Oficial cadete
Exército De Terra De España  España
Exército De Terra De España 
Capitán Xeneral
Exército De Terra De España 
Xeneral de Exército
Exército De Terra De España 
Teniente General
Exército De Terra De España 
General de División
Exército De Terra De España 
General de Brigada
Exército De Terra De España 
Coronel
Exército De Terra De España 
Teniente Coronel
Exército De Terra De España 
Comandante
Exército De Terra De España 
Capitán
Exército De Terra De España 
Teniente
Exército De Terra De España 
Alférez
Exército De Terra De España 
Alférez
Exército De Terra De España 
Caballero Cadete Primer Curso
Capitán Xeneral1 Xeneral de Exército2 Tenente Xeneral Xeneral de División Xeneral de Brigada Coronel Tenente Coronel Comandante Capitán Tenente Alférez Alférez Cadete Cadete

1 Ostentado por S.M. o Rei como parte das súas funcións constitucionais.
2 Ostentado polo JEME e o JEMAD, se pertence ao Exército de Terra.

Código OTAN OR-9 OR-8 OR-7 OR-6 OR-5 OR-4 OR-3 OR-2 OR-1
Exército De Terra De España  España Exército De Terra De España  Exército De Terra De España  Exército De Terra De España  Exército De Terra De España  Exército De Terra De España  Exército De Terra De España  Exército De Terra De España  Exército De Terra De España  Exército De Terra De España  Exército De Terra De España 
Suboficial maior Subtenente Brigada Sarxento Primeiro Sarxento Cabo Maior Cabo Primeiro Cabo Soldado de primeira Soldado

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Exército De Terra De España Organización e estruturaExército De Terra De España Corpos do ExércitoExército De Terra De España EmpregosExército De Terra De España NotasExército De Terra De España Véxase taménExército De Terra De EspañaBanco de EspañaForzas Armadas de EspañaMadridPraza de Cibeles

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pablo PicassoVicente RiscoCory DoctorowCarlos III do Reino UnidoRonaldinhoCanle (comunicación)Era da informaciónAnthony GiddensZoroastrismoSevilla Fútbol ClubIgrexa de San Carlo alle Quattro FontaneXapónLustroBDSMGmailKuala LumpurSegunda guerra mundialBud SpencerVíctor CoyoteIndonesiaRepública ChecaRocco SiffrediGrupo EroskiHoratio NelsonIdade MediaContact28 de marzoFestival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)SikhAmancio López SeijasMesopotamiaManuel AntonioDallas MavericksCornizóRaposo comúnSexoBadalonaMarcos PereiroDe catro a catroCarlismoDinastía ValoisLista de WikipediasRoscón de CaldasMarçal MolinéRosalía de CastroMaruca do MediterráneoRepública Social ItalianaCloroformoAraceli GestidoParadoxo de TeseoPortela da CandaRibadeoXosefina de BeauharnaisRe-TROSLeonardo DiCaprioFundación WikimediaCatch Me If You CanDecímetroEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024A CoruñaPedrafita do CebreiroMúsica tradicional galegaO Ézaro, DumbríaGran Premio do Reino Unido de 2017Fudbalski Klub Crvena ZvezdaFillas de CassandraLerma, BurgosOs ÁnxelesBiblioteca Básica SalvatCelanova🡆 More