Tecido Cartilaxinoso

O tecido cartilaxinoso é unha variante especializada do tecido conxuntivo, caracterizado por posuír unha matriz intercelular sólida elástica, constituída por fibras de coláxeno, grazas ás que adquire certa rixidez.

Non está vascularizado nin posúe innervación. Nos mamíferos constitúe a maior parte do esqueleto fetal e, no estado adulto, permanece en certos órganos e nas superficies articulares. As pezas constituídas por tecido cartilaxinoso denomínanse cartilaxes.

Tecido Cartilaxinoso
Localización do tecido cartilaxinoso no corpo humano

O elemento condr-, de orixe grega, chóndros, forma parte de termos técnicos relativos ás cartilaxes (condrite, inflamación; condroma, tumor; condrectormía, extirpación). Por veces adopta a forma condro- (condrodistrofia, raquitismo fetal; condromalacía, rebrandecemento patolóxico).

O tecido cartilaxinoso cumpre a función de protexer e dar estrutura a certos órganos (como a larinxe ou a traquea) ou reducen o rozamento entre as superficies articulares e amortece os traumatismos sobre estas. Noutros casos dan forma a certas estruturas, coma o nariz ou o pavillón auricular.

Estrutura

As células cartilaxinosas denomínanse condrocitos e condroblastos, e ocupan os espazos ou lagoas abertas dentro da matriz de coláxeno, que poden conter unha ou máis células. Como a cartilaxe non posúe vasos sanguíneos, a nutrición destas células prodúcese por difusión desde os vasos capilares que irrigan o pericondrio (a membrana fibrosa que cobre a superficie das cartilaxes).

O coláxeno é unha proteína animal con función estrutural. Esta proteína é rica nalgúns aminoácidos, coma a glicina, a alanina, a prolina ou a hidroxiprolina, pero non contén outros, coma o triptófano. Outra proteína presente no tecido cartilaxinoso é a condrina.

Tipos de tecido cartilaxinoso

Tecido Cartilaxinoso 
Articulación sinovial cun menisco

Existen tres variedades de tecido cartilaxinoso segundo o seu contido en fibras e as características destas:

  • Hialino: de aspecto abrancazado ou azulento. Presenta pericondrio e os condrocitos reunidos en grupos. O coláxeno é de tipo II. É o máis abundante e atópase na larinxe, na traquea, nos bronquios, nas costelas ou nos extremos articulares dos ósos longos.
  • Elástico: máis elástico e flexible có hialino, e de cor amarelenta. Posúe fibras de coláxeno tipo II e pericondrio. Está presenta na epiglote, na larinxe, nas paredes do conduto auditivo externo e na trompa de Falopio.
  • Fibroso (ou fibrocartilaxe): unha forma de transición entre o tecido conxuntivo denso e o tecido cartilaxinoso hialino, con fibras de coláxeno tipo I. Está presente nos discos intervertebrais, bordos das articulacións, meniscos, puntos de inserción de ligamentos e tendóns ou na sínfise da pube. Carece de pericondrio.

Algunhas pezas cartilaxinosas recoñécense cun nome propio:

  • Aritenoide: cartilaxe da larinxe.
  • Cricoide: cartilaxe da larinxe.
  • Epiglote: lámina cartilaxinosa que pecha a glote.
  • Menisco: cartilaxe entre dúas superficies articulares.
  • Xifoide: cartilaxe no extremo inferior do esterno.

Na linguaxe popular, as cartilaxes denomínanse cadrelo, óso maimiño ou óso molar . Estas últimas formas, xunto coa de óso rilladeiro, designan tamén as pezas cartilaxinosas que poden acompaña-la carne, entendida como comida.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.
  • VARIOS: Diccionario galego de termos médicos. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Santiago de Compostela, 2002.

Tags:

Tecido Cartilaxinoso EstruturaTecido Cartilaxinoso Tipos de tecido cartilaxinosoTecido Cartilaxinoso NotasTecido Cartilaxinoso Véxase taménTecido CartilaxinosoArticulación (anatomía)ColáxenoEsqueletoFetoMamíferoNervioTecido conxuntivoVaso sanguíneo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AWStats1917Catch Me If You CanVirusPartido políticoTamara CanosaAstrolabioManchester City F.C.LatitudeMaría JamardoSevillaJosé Sueiro LópezPosición do canAmieiroFillas de CassandraOcéano AtlánticoLuzónReal Academia GalegaShirley ChisholmZamoraLucía VeigaMitocondriaFrancisco Miguel Llanos TrápagaPacto Molotov-RibbentropMr. TLista de castelos de PortugalAntigo ExiptoArenqueFilipe II de EspañaLuis ZaheraRafael LouzánCopa LibertadoresLudwig van BeethovenEstrella GaliciaSelección de fútbol do CamerúnEuropaGmailAristocraciaDaniel de la SotaQandeel BalochGustave MoreauCitroën DyaneLiam NeesonFonte de Oliva, ValboaÁcido desoxirribonucleicoMecánica clásicaFervenza do ÉzaroHindiCallitriche hamulataStellantisPaz Lamela VilariñoSimón BolívarKarl MarxRaxáPortugalExaculaciónNapoleón I de FranciaTerceira InternacionalSemellanza (xeometría)ShinovaSacro Imperio Romano XermánicoIgrexa ortodoxa coptaO IrixoMaruca do MediterráneoEconomía de GaliciaJosé Luis GilCarles PuigdemontAlejandro Fernández ÁlvarezDistritos de PortugalAraceli GestidoJosé Luis Iglesias LagoContactorSindicalismoDaniel de la Torre🡆 More