Esterno: óso do tórax

Para o esterno dos artrópodos, ver Esterno (artrópodos).

Esterno
Esterno: óso do tórax
Caixa torácica
Esterno: óso do tórax
Vista posterior do esterno humano
Latín Sternum
Gray tema #27 119

O esterno (Sternum) é un óso do tórax, plano, impar, central e simétrico, composto por varias pezas soldadas (estérnebras). Axuda a protexer o corazón e pulmóns.

O esterno humano

Divídese en tres porcións: o mango ou manubrio; o corpo formado por sete pezas; e o apéndice xifoide, que ten unha forma moi variable. O mango e o corpo articúlanse nunha sinartrose formando o chamado ángulo de Louis, articulación que pode osificarse nos adultos.

Ten dúas caras, a anterior e posterior; dous bordos laterais; e dous extremos, o superior ou base e o inferior ou vértice.

Atópase na parte media e anterior do tórax e articula superiormente coas clavículas e nos bordos laterais coas costelas chamadas verdadeiras mediante a cartilaxe costal, pero coas falsas faino mediante unha única cartilaxe. As costelas falsas, oitava, novena e décima, únense entre elas formando a arcada costal que, á súa vez, se une á sétima costela e esta, ao bordo lateral do esterno. O tipo de articulación condroesternal permite pequenos movementos. As articulacións denomínanse articulacións costo-esternais ou condro-esternais.

A articulación coas clavículas é de tipo encaixe recíproco imperfecto. Denomínase tecnicamente articulación esternocostocondroclavicular. Entre a clavícula e o esterno sitúase unha cartilaxe de adaptación, máis groso a nivel anterior e posterior ca no centro, que pode estar furado. Intervén tamén o extremo interno da primeira costela.

A articulación está reforzada por:

  • Cápsula articular, que contornea as superficies articulares.
  • Ligamento superior: formado por fibras profundas e curtas (de clavícula a esterno) e fibras superficiais, que constitúen un ligamento único: ligamento interclavicular, de clavícula a clavícula.
  • Ligamento inferior, ou costoclavicular, que vai da clavícula á primeira costela.
  • Ligamento anterior.
  • Ligamento posterior.
Esterno: óso do tórax 
Articulación do esterno coas clavículas e as primeiras costelas

Os movementos da articulación inclúen ascenso, descenso, proxección cara a adiante e cara a atrás. É ademais a articulación interna do ombreiro funcional.

No mesmo bordo superior hai outra zona, a superior, que se relaciona co espazo supraesternal, onde se localizan as veas xugulares anteriores e a súa anastomose.

O bordo inferior é a propia apófise xifoide, de morfoloxía variable.

A cara anterior presta inserción do músculo esternocleidomastoideo no manubrio, do músculo serrato anterior, no corpo e do músculo recto anterior maior do abdome na apófise xifoide.

A cara posterior presta inserción ó músculo esternotiroide e esternocleidohioideo no manubrio, ó músculo triangular do esterno, no corpo; e ó diafragma na apófise xifoide.

Notas

Tags:

Esterno (artrópodos)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Aturuxo (folclore)Miguel MosqueiraBugalloPili PampínA FonsagradaMonte Porreiro, Mourente, Pontevedra36Pimpín comúnSardiñaAlternativa por Arzúa28SubstantivoRichard Gere1O Cuco de VellePatricia VázquezLapa (molusco)BidueiroA carta roubadaAna BolenaAvefríaIván Puentes RiveraAlfabeto galegoA homosexualidade na historiaPThe Wedding DateBoimortoXosé Luís Franco GrandeJoseba ApaolazaMatrimonio entre persoas do mesmo sexoVacaCristovo ColónDaniel de la TorreOs AtlánticosBandeLipoproteína de BraunLuísa VillaltaTerra Chá (poemario)Festa dos maiosAitana OcañaMitoloxía galegaRío MiñoBoyanka Kostova (grupo musical)Arquitectura gótica en GaliciaMaría Victoria de la Fuente AlonsoHorteláDani PedrosaBisemiaGalería de imaxes de GaliciaAntón TovarGran Premio de Acerbaixán de 2023Lista de castelos de PortugalMaría ReimóndezLuísa MerelasMáquina comecartos1 de maioAWStatsQueen e SlimMichelle PfeifferTopónimos célticos en GaliciaÁngel García SeoaneYDolores O'RiordanEspañaXosé Luís BaltarLaosRevolución galega de 1846Pepo SuevosIES Valle InclánAlternativa dos VeciñosGalegoOs pronomes persoais galegosColocación do pronome átono en galegoGrupo NósGalipediaSantiago de CompostelaNocelloLingua inglesa🡆 More