Costela

As costelas son uns ósos que forman parte do esqueleto do tórax nos animais vertebrados.

Costela
A caixa torácica humana.

As costelas nos humanos

Os humanos teñen doce pares de costelas, que se agrupan en tres tipos: as costelas verdadeiras (da primeira á sétima); as costelas falsas (oitava, novena e décima); e as costelas aboiantes (undécima e duodécima).

As costelas verdadeiras únense por diante a unha cartilaxe, as cartilaxes costais, que á súa vez se unen ao esterno. Por detrás, as costelas verdadeiras articúlanse coas vértebras dorsais, mediante dúas articulacións por costela (unha delas, co corpo da vértebra, o que se denomina en anatomía a articulación céfalo-somática). O punto da costela que se une é a cabeza, que constitúe un ángulo diedro saínte.

Polo xeral, cada par de costelas únese entre dúas vértebras dorsais mediante presenta facetas articulares. A hemifaceta superior da costela únese á hemifaceta inferior da vértebra de riba, e a hemifaceta inferior á superior da vértebra de abaixo. O tipo de articulación é unha biartrodia con pequenos movementos. Esta articulación é común para todas as vértebras. Con todo, as costelas 11 e 12 únense a unha soa vértebra (11 e 12 respectivamente), que contén carillas enteiras.

A segunda articulación costovertebral establécese entre a tuberosidade da costela e a apófise transversa da vértebra (que presenta unha superficie articular na cara antero-externa). Esta é unha trocoide, con movementos de rotación, que contribúen á inspiración ó aumentar o diámetro torácico. Esta articulación non existe nas costelas aboiantes. Denomínase articulación tuberósito-transversa.

Por diante, as costelas falsas unen as cartilaxes entre si para constituír a arcada costal. Este conxunto cartilaxinoso únese logo á sétima cartilaxe costal. As costelas aboiantes non se unen a cartilaxes costais.

Notas

Tags:

AnimaisEsqueletoTóraxVertebradosÓso

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

C++Avenida da Liberdade (Lisboa)Mamen MendizábalCuarzoJava (linguaxe de programación)Panteón de Galegos IlustresHarvey WeinsteinPadrónToxo arnalCarballedo, Cerdedo-CotobadeHelsingin JalkapalloklubiLingua inglesaGalipediaEleccións municipais en SadaGerardo Pardo de VeraJohannes VermeerLiteratura galegaFesta dos maiosJosé Luis Rodríguez ZapateroBreogánJosé SaramagoHGrândola, Vila MorenaSalvador DalíJulio Iglesias RedondoMiguel de CervantesRepública Democrática do CongoFrida KahloItxu DíazCristiano RonaldoRoko (actriz)Francisco PazosXurxo AyánMadridBaby ReindeerRoberto BautistaBeraMiguel Ángel Zabalza BerazaAciñeiraDe NinghuresTECOR societarioLuis Carrero Blanco2003Laurent CantetFrancisco AsoreyAntonio López FerreiroMeteoGaliciaPatricia VázquezCubaEmilio Pérez TouriñoEmilio Aragón BermúdezPortadaPalmaMark Lewis JonesFlorentino López CuevillasLista de programas de Televisión EspañolaWikiLeonardo da VinciEsther EstévezXunta de GaliciaAntiga CartagoIKEAPedro RieloManuel Curros EnríquezLareiraLandraIsabel II do Reino UnidoBeteluAlfonso Basterra CamporroLeitzaldeaJuana AcostaCarlos CasaresLingua casteláEduardo MendozaXesta🡆 More