Sorbus: Xénero botánico

Sorbus é un xénero da familia das rosáceas que abrangue entre 100 e 200 especies de árbores e gamallos, entre os que se inclúen as sorbeiras e os cancereixos.

Sorbus
Sorbus: Descrición, Distribución e hábitat, Taxonomía
Sorbus aria
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Spiraeoideae
Tribo: Pyreae
Xénero: Sorbus
L. 1753
Subxéneros
  • Sorbus
  • Aria
  • Micromeles
  • Cormus
  • Torminaria
  • Chamaemespilus

Adóitanse usar en xardinaría coma ornamentais. Teñen unha grande importancia ecolóxica coma alimento de numerosas especies animais bravas e forman parte das fragas autóctonas de Galicia. Os froitos emprégase para a fabricación do vodka ruso.

Ademais moitas sorbeiras son usadas como alimento polas larvas dalgunhas especies de bolboretas.

Descrición

As sorbeiras son, polo xeral, arboriñas caducifolias de 10 a 20 m de altura, malia que algunhas especies son arbustos ou gamallos. As follas fican alternas e teñen un carácter pinnado, con 11 a 35 folíolos. As flores son resistentes e aparecen en acios ou panículas mestas; cada flor, en particular, acada, na súa madureza, unha cor cremosa, de 5 a 10 mm nos seus cinco pétalos.

As especies que aparecen en Galicia son o capudre ou cancereixo (Sorbus aucuparia), unha árbore miúda de entre 4 a 16 m de alto, que medra nas montañas orientais do país; e mais a sorbeira (Sorbus domestica).

Distribución e hábitat

Os membros deste xénero son endémicos de rexións frías e temperadas, do Hemisferio norte, cunha gran cantidade de especies diversas, sobre todo, nas montañas chinesas occidentais así coma no Himalaia, onde existe tamén un número cuantioso de micro especies apomícticas. A distribución xeográfica abrangue toda Europa, Siberia e mailo Cáucaso. Na Península Ibérica aparece en bosques e sebes das serras da metade norte. Son frecuentes en Galicia.

Medran en altitudes deica os 2.000 msnm, resistindo as baixas temperaturas, en carballeiras, fragas , faiais, e formacións de abetos. Vexetan ben en solos con calquera pH, malia preferiren os silícicos se son soltos e frescos. Moran tanto en orientacións asolladas ou á semisobra doutras árbores.

Taxonomía

Discútese o número exacto de especies polas diferentes autoridades por mor ao número de microespecies apomícticas, as cales son tratadas por algúns coma distintas especies, porén outros agrupanas nun número máis reducido de especies variábeis (dependendo da circunscrición do xénero).

Os tratamentos recentes do xénero (Robertson et al. 1991, McAllister 2005) consideran a Sorbus nun sentido máis restrinxido para incluír só aquelas especies de Sorbus de follas pinnadas, elevando algúns dos outros subxéneros ao rango de xénero. Considerado nun sentido amplo o xénero Sorbus divídese en varios subxéneros cativos (entre paréntese constan as asignacións máis recentes ao rango de xénero):

  1. Sorbus subgenus Sorbus (genus Sorbus)
  2. Sorbus subgenus Aria (genus Aria)
  3. Sorbus subgenus Micromeles (genus Aria)
  4. Sorbus subgenus Cormus (genus Cormus)
  5. Sorbus subgenus Torminaria (genus Torminaria)
  6. Sorbus subgenus Chamaemespilus (genus Chamaemespilus)
  • Híbridos: son moi comúns neste xénero, moitos danse entre os subxéneros. Estes híbridos adoitan ser apomícticos (autofértiles sen polinización), polo tanto son capaces de se reproducir clonalmente a partir das sementes sen ningunha variación. Isto conduciu a un número moi grande de microespecies, particularmente en Europa oriental e partes da China.

Algunhas das especies

Véxase tamén

Bibliografía

  • McAllister, H. 2005. The Genus Sorbus: Mountain Ash and Other Rowans. Richmond, Surrey, UK: Royal Botanic Gardens, Kew.
  • Robertson, K. R., J. B. Phipps, J. R. Rohrer, and P. G. Smith. 1991. A Synopsis of Genera in Maloideae (Rosaceae). Systematic Botany 16: 376-394.

Tags:

Sorbus DescriciónSorbus Distribución e hábitatSorbus TaxonomíaSorbus Algunhas das especiesSorbus Véxase taménSorbus

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Renda básica universalEnciclopediaArturo RegueraBatalla de LepantoBipartito galegoCris LoresLugares de GaliciaRegulamento xeral de protección de datosXosé Manuel PiñeiroOs demostrativos galegosInés HernandMaribel VerdúForo (contrato)Adriana LastraSusana Rodríguez GacioXoán Paulo I, papaPeter HiggsMamen MendizábalLista das aves de GaliciaLuís García MañáBrieva, ÁvilaCando petan na porta pola noiteLingua inglesaHLA-DRTrackbackDiego Rivas RegoCambio climáticoAlberte PagánSam WorthingtonPosicións sexuaisSecretaría Xeral de Política LingüísticaBieito RubidoEva Iglesias MiguénsTeoRoisEstados Unidos de AméricaAccidente de ChernóbilXunta de GaliciaTeresa MoureOs EoasDe factoMaría Antonieta de AustriaCrime de honraO CarballiñoPablo Iglesias TurriónContactorBilbaoDeportivo da CoruñaEli RíosEnforcamentoArgimiro Marnotes FernándezMatias VarelaErros e TánatosRoko (actriz)Hanan PachaDani PedrosaBreogánMaría RamalloThe Beekeeper (2024 film)Luciano PavarottiSegunda República EspañolaCanle (comunicación)PaporroiboJulio Alén MontesAntas de UllaSuízaLingua asturianaArco da vellaAmorodoRoberto Carlos da SilvaVerbos galegos ser, estar e irTamara CanosaFaro de Vigo🡆 More