Código Binario

O código binario o/u sistema binario é un sistema de numeración posicional no que todas as cantidades se representan utilizando como base o número dous, co que se dispón de dúas cifras: cero e mais un (0 e 1).

Os computadores dixitais traballan internamente con dous niveis de voltaxe/carga, polo que o seu sistema de numeración natural é o sistema binario (aceso/ apagado). Con efecto, nun sistema simple coma este é posible simplificar o cálculo, co auxilio da lóxica booleana. En computación, chámaselle bit a un díxito binario (0 ou 1).

Ademais, este sistema de numeración permite a transmisión de datos cun risco nulo de interferencias.[Cómpre referencia]

Operacións con binarios

Conversión binario a decimal

Dado un número N, binario, unha forma de convertelo en decimal é aplicar o teorema xeral da numeración posicional, e así escribir cada número que o compón (bit), multiplicado pola base do sistema (base = 2), elevado á posición que ocupa. Exemplo:

1001(binario)

1 × 23 + 0 × 22 + 0 × 21 + 1 × 20 = 9

Polo tanto, 10012 é 9 en decimal.

Decimal a binarios

Dado un número decimal, para convertelo en binario, basta dividilo sucesivamente por 2, anotando o resto da división enteira:

12(decimal)

12 / 2 = 6 + 0

6 / 2 = 3 + 0

3 / 2 = 1 + 1

1 / 2 = 0 + 1

Observe que é só ler os números de baixo para riba, ou sexa 1100 é 12 en binario

Suma de números binarios

Recordando as seguintes sumas básicas:

  1. 0+0=0
  2. 0+1=1
  3. 1+1=10

Así, ao se somar 100110101 con 11010101, tense:

      100110101     +  11010101     -----------      1000001010 

Opérase como en decimal: comezase a sumar desde a esquerda, no exemplo, 1+1=10, entón escríbese 0 e "levase" 1. Somase este 1 á columna seguinte: 1+0+0=1, e séguese ata terminar todas as columnas (exactamente como en decimal).

Resta de números binarios

No sistema numeral orixinal, faise exactamente igual que en decimal:

      100110101     -  11010101     -----------         1100000 

Nas computadores, faise un método especial de suma por complemento a dous.

Produto de números binarios

O produto de números binarios é especialmente simple, xa que o 0 multiplicado por calquera cousa resulta 0, e o 1 é o elemento neutro do produto.

Por exemplo, a multiplicación de 10110 por 1001:

       10110    ×    1001    ---------        10110       00000      00000     10110    ---------     11000110 

División de números binarios

Esta é unha operación un tanto complexa en binario, cuxo desenvolvemento non imos tratar.

ejm : 21/2       01 10/2       21   = 10101            0 5/2       'º        2             1 2/2               0 1 

Tags:

Código Binario Operacións con binariosCódigo BinarioCeroDousSistema de numeraciónUn

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Carolina do SurEspañaRanger 5Os ÁnxelesEstrutura secundaria dos ácidos nucleicosFuso horarioThe Chronicles of NarniaRolls-Royce TrentCarballeda de ValdeorrasNova OrleánsTracy McGradyFermentaciónTeoría de conxuntosBaton Rouge, LuisianaTransportador mitocondrialArolaElvis PresleyCarboxiloBaltimoreAngkor WatChipreIsambard Kingdom BrunelEdicto de MilánInositolBisexualidadeXoves SantoNordés (vento)Costa da MorteTenerifeCircuíto Ricardo TormoTergoGaliciaDécada de 1180Radiación adaptativaMatrimonio entre persoas do mesmo sexoNeornithesAeroporto de Boloña-Guglielmo MarconiCanle (enxeñaría)Dune (filme de 2021)Vilar de SantosCharles LeclercPlebeLista de nomes masculinos en galegoReconquista de VigoLuís Pérez BarralWikipediaSangueRamiro CarregalJake GyllenhaalWilliam Smith (lexicógrafo)Selección de fútbol do UruguaiConcellos de GaliciaCobra viperinaRetorno a Tagen AtaGran Premio de Singapur de 2018Nicho ecolóxicoIstambulViktoryja AzarankaGlobósidoLingua indonesiaRichard SerraBen-Hur (filme de 1959)John F. KennedyLingua serbiaCélula naiLista de castelos de PortugalGuitarraQuirópterosOviedoFentoBudapestÁcido graxo esencial🡆 More