Proteus Mirabilis

Proteus mirabilis é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo anaerobia facultativa.

Proteus mirabilis
Proteus Mirabilis
P. mirabilis nunha placa de ágar XLD.
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Enterobacteriales
Familia: Enterobacteriaceae
Xénero: Proteus
Especie: P. mirabilis
Nome binomial
Proteus mirabilis
Hauser 1885

Presenta mobilidade enxameante (móvense coordinadamente na superficie das placas forman colonias con determinadas figuras de círculos concéntricos) e actividade de urease. P. mirabilis causa o 90% de todas as infeccións por Proteus en humanos. Está amplamente distribuída no solo e auga.

Proteus Mirabilis
Proteus mirabilis que aparece como un bacilo gramnegativo na tinguidura de Gram vista con microscopio de campo brillante a un aumento de 1000x.

Diagnose

Unha mostra de urina alcalina é un posible signo de P. mirabilis. Pode diagnosticarse no laboratorio pola súa característica mobilidade de enxameamento, e a incapacidade de metabolizar a lactosa (en placas de ágar MacConkey, por exemplo). Tamén produce un claro cheiro a peixe.

Doenzas

Este bacilo ten a capacidade de producir altos niveis de urease, que hidroliza a urea a amoníaco (NH3), polo que fai que a urina se volva máis alcalina. Se non se trata, esta alcalinidade pode orixinar a formación de cristais de estruvita, carbonato de calcio, ou apatita, o que ten como resultado a formación de cálculos renais. As bacterias poden encontrarse nos cálculos, e estas bacterias que están axexando agochadas nos cálculos poden reiniciar a infección despois dun tratamento con antibióticos. Unha vez que se desenvolven os cálculos, co tempo estes poden crecer dabondo como para causar obstrución e insuficiencia renal. As especies de Proteus poden tamén causar infeccións, septicemias e pneumonías, principalmente en pacientes hospitalizados.

Tratmento

P. mirabilis xeralmente é susceptible á maioría dos antibióticos excepto a tetraciclina e a nitrofurantoína, pero do 10 ao 20% das cepas de P. mirabilis son tamén resistentes a ampicilina e cefalosporinas de primeira xeración.

Características

P. mirabilis pode utilizar a urea. Produce o gas sulfuro de hidróxeno, e forma películas claras sobre medio de crecemento. É móbil, xa que posúe flaxelos peritricos, e coñécese pola capacidade de enxamearse. Atópase xeralmente nos tractos intestinais humanos. P. mirabilis non é patóxena en coello de Indias ou polos. É salientable a capacidade desta especie de inhibir o crecemento de cepas non relacionadas, o que ten como resultado unha liña macroscopicamente visible de redución do crecemento bacteriano onde se intersectan dúas cepas que se enxamean. Esta liña denomínase liña de Dienes en honor do seu descubridor Louis Dienes.

Probas bioquímicas que se realizan a este organismo, e resultado:

  • É indol negativa e nitrato redutase positiva (non produce burbullas de gas)
  • É vermello de metilo positiva e Voges-Proskauer negativa (pero pode ser vermello de metilo negativa e Voges-Poskauer positiva)
  • É catalase positiva e citocromo oxidase negativa
  • É fenilalanina desaminase positiva
  • É negativa na proba do triptófano
  • É positiva na proba da urea
  • É negativa na proba da caseína
  • É negativa na proba do amidón
  • É positiva na proba do sulfuro de hidróxeno
  • É citrato positiva
  • É ornitina descarboxilase positiva
  • É lisina descarboxilase negativa

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bibliografía

  • Esipov, Sergei E.; Shapiro, J. A. (1998). "Kinetic model of Proteus mirabilis swarm colony development". Journal of Mathematical Biology 36 (3): 249–268. doi:10.1007/s002850050100. 
  • Frénod, Emmanuel (2006). "Existence result for a model of Proteus mirabilis swarm". Differential and Integral Equations 19 (6): 697–720. arXiv:math.FA/0702761. 
  • Gué, Michaël; Dupont, Virginie; Dufour, Alain; Sire, Olivier (2001). "Bacterial swarming: A biological time-resolved FTIR-ATR study of Proteus mirabilis swarm-cell differentiation". Biochemistry 40 (39): 11938–45. PMID 11570895. doi:10.1021/bi010434m. 
  • Rauprich, O.; Matsushita, M.; Weijer, C. J.; Siegert, F.; Esipov, S. E.; Shapiro, J. A. (1 November 1996). "Periodic phenomena in Proteus mirabilis swarm colony development". Journal of Bacteriology 178 (22): 6525–38. PMC 178539. PMID 8932309. 
  • "Proteus mirabilis". NCBI Taxonomy Browser. 584. 

Tags:

Proteus Mirabilis DiagnoseProteus Mirabilis DoenzasProteus Mirabilis TratmentoProteus Mirabilis CaracterísticasProteus Mirabilis NotasProteus Mirabilis Véxase taménProteus Mirabilis

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Mona LisaCantiga de amigoTonhito de PoiNeptunoPolinomios de ChebyshevCélula procariotaGuerra civil españolaO porco de péPeter HiggsVladimir PutinA Sexta AngustiaBueuCadea de bloquesEli RíosFelipe GonzálezAutocraciaContactorUral Español Club de FútbolCaliforniaEscáncerO CarballiñoFederico García LorcaEva Iglesias MiguénsIñaki de Juana ChaosJorge ArmestoMiticulturaXosé Luís BernalLuís García MañáSímboloMiguel de CervantesAl-KhwarizmiManuel RivasBorder CollieBiscaiaGonzalo MellaFingeringAstorgaSica RomeroManuel MaríaInfolibreLingua casteláPaporroiboSingular e plural en galegoPavillón Multiúsos Fontes do SarAlfabeto galegoFrancisco Fernández ReiTrackbackXestaUniversidade de Santiago de CompostelaMónica González CondeCélula pancreática acinarSuso de ToroSimón BolívarIrmandiñosMúsica tradicional galegaLondresCatedral de Notre-Dame de ParísA EstradaMaría CastroXurxo AyánLupus eritematoso sistémicoXosé FortesA poeta analfabetaSistema solarAntía OteroFlora invasora de GaliciaDolores IbárruriBaby ReindeerAfonso XIII de EspañaMiguel Primo de RiveraDaniel Lago BarreiroAlmoite, Almoite, Baños de MolgasHarry StylesMarraxoJavier CasqueiroRoberto Fernández RicoInés Rey🡆 More