O Programa Fulbright (incluíndo o Programa Fulbright-Hays) é un programa de bolsas de estudos (Fulbright Fellowships e Fulbright Scholarships), fundado polo senador J.
William Fulbright e patrocinado pola Oficina de Asuntos Educativos e Culturais do Departamento de Estado dos Estados Unidos, gobernos doutros países e sector privado. O programa estableceuse para mellorar o entendemento mutuo entre o pobo dos Estados Unidos e outros réximes mediante o intercambio de persoas, coñecementos e técnicas.
Programa Fulbright | |
---|---|
Tipo | bolsa de estudos e programa gobernamental |
Data de fundación | 1946 |
Nomeado en referencia a | J. William Fulbright |
Premios | Premio Princesa de Asturias |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://us.fulbrightonline.org/, http://www.fulbright.org.tw/ e http://foreign.fulbrightonline.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O programa foi creado grazas aos esforzos do senador de Arkansas J. William Fulbright, quen obtivo a súa aprobación polo Senado en 1946. Está considerado un dos programas máis prestixiosos para fomentar a educación intercultural do mundo e opera en 144 estados-nación. Máis estudantes de Fulbright recibiron premios Nobel que ningún outro programa académico; por exemplo, en 2002 había dous Nobel.
Creado en 1993, o Premio Fulbright para o Entendimento Internacional é unha láurea, con recursos mantidos pola Fundación Coca-Cola, que outorga 50.000 dólares a personalidades que destacaron polo entendemento entre cidadáns, culturas ou nacións.
Os seus homenaxeados foron:
This article uses material from the Wikipedia Galego article Programa Fulbright, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.