Jimmy Carter: Presidente dos Estados Unidos de América de 1977 a 1981

James Earl Jimmy Carter, Junior, nado en Plains (Xeorxia) o 1 de outubro de 1924, é un político estadounidense do Partido Demócrata.

Foi presidente dos Estados Unidos de América (1977-1981), gobernador do estado de Xeorxia (1971-1975) e senador na Asemblea Xeral de Xeorxia (1962-1966). Carter recibiu o Premio Nobel da Paz en 2002, galardoado polos seus esforzos infatigables para atopar solucións pacíficas aos conflitos internacionais, por impulsar a democracia e os dereitos humanos, e por fomentar o desenvolvemento económico e político dos pobos.

Infotaula de personaJimmy Carter
Jimmy Carter: Presidente dos Estados Unidos de América de 1977 a 1981
(1977) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) James Earl Carter Jr. Editar o valor em Wikidata
1 de outubro de 1924 Editar o valor em Wikidata (99 anos)
Lillian G. Carter Nursing Center, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Jimmy Carter: Presidente dos Estados Unidos de América de 1977 a 1981 39º Presidente dos Estados Unidos de América
20 de xaneiro de 1977 – 20 de xaneiro de 1981
← Gerald Rudolph Ford, Jr.Ronald Reagan →
30º Presidente electo dos Estados Unidos
2 de novembro de 1976 – 20 de xaneiro de 1977
← Richard NixonRonald Reagan →
76º Governor of Georgia (en) Traducir
12 de xaneiro de 1971 – 14 de xaneiro de 1975
← Lester Maddox (pt) TraducirGeorge Busbee →
Member of the Georgia State Senate (en) Traducir
1963 – 1967 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPlains (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónBaptismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUnion College (1953–)
Academia Naval dos Estados Unidos (pt) Traducir - física (–1946)
Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia
Georgia Southwestern State University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,77 m Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoControle de armas de fogo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónoficial da armada , empresario , ecoloxista , enxeñeiro , Activista polos dereitos humanos , activista pola paz , escritor , estadista , autobiógrafo , diplomático , tripulante de submarino , novelista , labrego , político , humanitario Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1946 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade Emory (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Rango militarTenente Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeRosalynn Carter (1946–2023), morte do cónxuxe
FillosJack Carter (pt) Traducir, James Earl Carter III (en) Traducir, Amy Carter (pt) Traducir, Jeff Carter (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJames Earl Carter Sr. (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Lillian Gordy Carter (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBilly Carter (pt) Traducir, Gloria Carter Spann (pt) Traducir e Ruth Carter Stapleton (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesBerry Gordy (curmán segundo) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
18 de xuño de 1979Strategic Arms Limitation Treaty II (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Jimmy Carter: Presidente dos Estados Unidos de América de 1977 a 1981 Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0141699 Allocine: 198673 Rottentomatoes: celebrity/jimmy_carter Allmovie: p291274
Facebook: presidentjimmycarter TED: jimmy_carter Musicbrainz: 74a3d3d7-1292-4f6f-8d64-7092392bbde6 Songkick: 171944 Discogs: 1288332 WikiTree: Carter-1086 Find a Grave: 6734 Editar o valor em Wikidata

O seu mandato estivo marcado por importantes éxitos en política exterior, como os tratados sobre a Canle de Panamá, os Acordos de paz de Camp David (tratado de paz entre Exipto e Israel), o tratado SALT II coa URSS e o establecemento de relacións diplomáticas coa República Popular da China. En política interior, o seu goberno creou os ministerios de enerxía e educación e reforzou a lexislación sobre protección ambiental.

Desde que abandonou a Casa Branca, dedicouse a un labor de mediación en conflitos internacionais e a pór o seu prestixio ao servizo de causas humanitarias. En 2002, recibiu o Premio Nobel da Paz e distinguiuse en literatura, sendo autor de numerosos libros.

Traxectoria

Carter foi o maior de catro irmáns. Os seus pais, James Earl Carter e Bessie Lillian Gordy, eran granxeiros e baptistas practicantes. Foi o primeiro presidente estadounidense en vir ao mundo nun hospital. A súa infancia pasouna na localidade próxima de Archery.

Desde unha idade moi temperá, Carter demostrou ser un alumno avantaxado ao que lle gustaba a lectura. Máis adiante, foi admitido na universidade Georgia Southwestern College, e licenciouse en Ciencias na Academia Naval dos Estados Unidos en 1946, ano en que contraeu matrimonio con Rosalynn Smith. Carter licenciouse no posto 59 dos 820 alumnos da súa promoción. Posteriormente, cursou física nuclear e tecnoloxía do reactor no Union College, aínda que non chegou completar eses estudos.

Carter foi destinado aos submarinos do océano Atlántico e do Pacífico e pronto foi escollido polo almirante Hyman Rickover para participar no programa de submarinos nucleares. A pesar de que a súa intención era facer carreira na mariña, á morte do seu pai en 1953 dimitiu das súas responsabilidades militares para encargarse do negocio familiar de cacahuetes, no seu pobo natal.

Por outra banda, desde moi novo mostrou un profundo sentimento cristián, impartindo clases de catequeses durante a súa carreira política. El mesmo manifestou que Xesucristo marcou a súa vida; de feito, durante o seu mandato presidencial rezaba varias veces ao día.

Carreira política anterior á presidencia

Jimmy Carter comezou a súa carreira política con postos modestos en órganos locais como a comisión escolar de Plains. Porén, pronto lograría progresar: en 1962 foi elixido para o Senado de Xeorxia e dous anos despois obtivo a reelección para un segundo mandato.

En 1966 decidiu presentarse candidato para a Cámara de Representantes dos Estados Unidos. Cando viu que o seu adversario do Partido Republicano abandonou a pugna polo escano para presentar a súa candidatura a Gobernador de Xeorxia, Carter resolveu facer o mesmo. Perdeu a elección e regresou ao negocio dos cacahuetes, aínda que pasou os seguintes catro anos preparando a súa candidatura para volver presentarse a gobernador en 1970.

En 1970 logrou o nomeamento do Partido Demócrata e venceu nas eleccións a gobernador ao republicano Hal Suit. No seu discurso inaugural, en 1971, Carter sorprendeu aos xeorxianos e ao resto do país cunha alegación en contra da discriminación racial, o cal resultaba chocante nunha contorna (o sur estadounidense) na que aínda imperaba a segregación entre brancos e negros. Precisamente, entre as súas primeiras actuacións como gobernador estivo a de situar a moitos negros en importantes cargos administrativos.

A lexislación xeorxiana impedía a Carter presentarse a un segundo mandato tras a finalización do primeiro, en 1975, polo que cando abandonou o cargo concentrou os seus esforzos na carreira presidencial. Cando entrou nas primarias presidenciais do Partido Demócrata en 1976, moitos consideraron que contaba con moi poucas posibilidades fronte a outros candidatos máis coñecidos a nivel nacional. Con todo, o escándalo Watergate aínda estaba recente na memoria dos electores, polo que o feito de non pertencer á clase política de Washington supuña unha vantaxe para Carter. A posta en práctica dunha estratexia intelixente permitiulle gañar o nomeamento do Partido Demócrata á presidencia dos Estados Unidos.

Na campaña electoral, Carter comezou cunha importante vantaxe nas sondaxes sobre o presidente republicano Gerald Ford, en parte porque o indulto deste a Nixon fora moi impopular. Porén, Ford foi aos poucos recurtando as distancias, xa que o electorado seguía mostrando as súas dúbidas ante un candidato tan pouco coñecido como Carter. Finalmente, Carter resultou vencedor nas eleccións do 2 de novembro de 1976, co 50,1% dos votos (Ford obtivo o 48%). Así, converteuse no primeiro candidato do Sur Profundo en ser elixido presidente desde 1848.

Predecesor:
Gerald Ford
 Jimmy Carter: Presidente dos Estados Unidos de América de 1977 a 1981 
Presidente dos Estados Unidos de América
 
19771981
Sucesor:
Ronald Wilson Reagan

Véxase tamén

Tags:

1 de outubro19241962196619711975197719812002EUAPartido Demócrata (Estados Unidos)Premio Nobel da PazPresidente dos Estados UnidosXeorxia, Estados Unidos de América

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Galicia estremeiraXosé Luís Méndez FerrínJoël DickerXabier DeiveMaría José Gómez RodríguezCangasMáquina de vaporNacionalidade históricaSílvia OrriolsManuel Curros EnríquezGame Boy LightBaroso, Ambosores, OurolJosé Antonio LabordetaMoisés Rodríguez PérezSalgueiroDonicelaNadia ComăneciRabirrubio tizónCinema pornográficoPortugalAna Belén23 de abrilXestaHistoria de GaliciaLingua galegaManuel Veiga TaboadaZanfonaLista de programas de Televisión EspañolaAntiga CartagoEduardo Blanco AmorAlfizPobo galegoFentoRosalía de CastroHistoria de LimaEduardo PondalEscolas de Ensino Galego SementeXabier DíazSalvador DalíLingua intereslavaCentro público integradoFrancisco FrancoReal Academia GalegaXosé González MartínezLuís SeoaneSegunda guerra mundialCanle (enxeñaría)Casas ColgadasUniversidade de Santiago de CompostelaHentaiLucía VeigaAgustín Fernández PazLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasGrupo EroskiCarles PuigdemontPatricia Argerey VilarHelena Bonham CarterFerroAtlánticaCirrio comúnManuel RivasXosé Luís Mosquera CambaGrupo NósGalaicosGaliciaLista de nomes femininos en galegoAsunta Basterra PortoÁlex FidalgoAlmudena ChacónEpítetoHard GZBerta DávilaAntonio García TeijeiroRosario Porto Ortega🡆 More