Prociónidos

A dos prociónidos (Procyonidae) é unha familia de mamíferos da orde dos carnívoros que inclúe os mapaches e os coatís, entre outros.

Prociónidos
Procyonidae
Prociónidos
Procyon lotor
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Procyonidae
Gray, 1825
Xéneros
    Véxase o texto
Sinonimia
    Referencia:
  • Bassaricyonidae Coues, 1887
  • Bassaridae Gray, 1869
  • Bassariscidae Gray, 1869
  • Cercoleptidae Bonaparte, 1838
  • Nasuidae Gray, 1869
  • Potidae Degland, 1854
  • Potosinae Trouessart, 1904

No presente distribúense polo continente americano, desde o sur do Canadá até o norte da Arxentina, sendo por tanto a familia un representante exclusivo do Novo Mundo. Son os parentes máis achegados aos mustélidos.

Prociónidos
Bassaricyon gabbii.
Prociónidos
Bassariscus astutus.
Prociónidos
Nasua nasua.
Prociónidos
Potos flavus.

O grupo está constituído por aproximadamente 19 xéneros, dos que só 6 teñen representantes vivos na actualidade.

Características

Son animais de tamaño mediano ou pequeno que están ben adaptados para agatuñar, polo que presentan un estilo de vida arbóreo.

Os seus membros son pentadáctilos. Son plantígrados ou semiplantígrados, e os seus dedos están separados en diferentes graos, sendo o terceiro máis longo que os outros.

As gadoupas usualmente non son retráctiles, e son curtas e curvadas. Porén, as de Bassariscus astutus son semiretráctiles nas patas dianteiras.

A forma xeral do cranio é variábel (nalgunhas especies a rexión facial é alongada, noutras o cranio é curto e arredondado). Porén, a maioría dos neurocranios son relativamente voluminosos.

Na maioría das especies o canal aliesfenoide (canal a través do óso aliesfenoide que dá paso ao quinto nervio cranial) non está desenvolvido, e o canal da arteria carótide está localizado no lado interior da bulla auditiva e separada do forame rasgado medio.

Os molares destes animais adoitan seren anchos, e non presentan os bordos agudos de corte característicos dos cánidos e félidos.

Historia evolutiva

Os prociónidos apareceron por primeira vez no oligoceno tardío de Europa (aínda que hoxe están extinguidos neste continente).

O seu primeiro rexistro en Norteamérica data do mioceno temperán, e pronto se converteron nun grupo predominante, alcanzando rapidamente unha ampla distribución.

En Suramérica a aparición do grupo tivo lugar entre o mioceno tardío e o plioceno, en dúas épocas distintas.

Clasificación

Na actualidade a familia dos procióndios comprende os seguintes xéneros:

Familia Procyonidae

  • Xénero Bassaricyon J. A. Allen, 1876 - olingos
  • Xénero Bassariscus Coues, 1887
  • Xénero Nasua Storr, 1780 - coatís
  • Xénero Nasuella Hollister, 1915
  • Xénero Potos É. Geoffroy Saint-Hilaire & F. G. Cuvier, 1795 - poto
  • Xénero Procyon Storr, 1780 - mapaches

Ademais, coñécense os seguintes xéneros fósiles:

  • Amphinasua
  • Angustictis
  • Arctonasua
  • Bassaricynoides
  • Chapalmalania
  • Cyonasua
  • Edaphocyon
  • Paranasua
  • Parapotos
  • Probassariscus
  • Protoprocyon

Unha clasificación controvertida

Houbo numerosos debates sobre a posición filoxenética dos pandas (o maior e o menor) e os mapaches, desde situalos a todos na familia dos prociónidos, até situar o xénero Ailuropoda nunha familia propia, a dos ailuropódidos.

Porén, recentes análises xenéticas mostran que o panda xigante é un parente moi próximo dos osos, polo que a maioría dos autores o sitúan dentro da familia dos úrsidos como único representante actual da subfamilia dos ailuropodinos, mentres que a clasificación do panda menor (Ailurus fulgens) aínda se discute, e moitos autores, como Hollister (1915), Gregory (1936) e Thenius (1979) inclúena, como subfamilia Aiulurinae dentro da familia dos prociónidos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Kowalski, K. (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Prociónidos CaracterísticasProciónidos Historia evolutivaProciónidos ClasificaciónProciónidos NotasProciónidos Véxase taménProciónidosArxentinaCanadáCarnívorosCoatíFamilia (bioloxía)MamíferosMapacheMustélidosNovo MundoOrde (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Alba ManceboGrellaIgnacio CodesidoMediasElizabeth DuvalMaría Victoria de la Fuente AlonsoEleccións municipais en San Cibrao das ViñasGheadaVMaría José CaldelasFerreiriñoHCoalición GalegaO Carreiro, Aguiño, RibeiraSantiago de CompostelaPimpín comúnLois DiéguezQue me queres, amor?Tamara CanosaREC (filme)Els DottermansMaría Xosé CarideLagarto arnalAbel CaballeroManuel Lois GarcíaLuciano SobralGalegoAs aves na cultura popular galegaVertoParque Nacional das Illas AtlánticasProvincia de Pontevedra36Catedral de Santiago de CompostelaAturuxo (folclore)A homosexualidade na historiaIrene GonzálezAntía OteroRomaVíctor MosqueiraHistoria da electricidadeÁlvaro MuñizOhioGalipediaBoyanka Kostova (grupo musical)Xesús PisónG1 de abrilCharlie ChaplinÁreas sanitarias de GaliciaTim RobbinsOs ÁnxelesFontao, A TeixeiraAmieiroPosición do canIraqMatrimonio entre persoas do mesmo sexoMadridFerrolCompromiso por GaliciaÁnxel CasalLonga noite de pedraChorimaFala de EstremaduraBidueiroBubelaXunta de GaliciaHorteláAmanda LearLimoMalpica de BergantiñosXosé MonteagudoProvincia de LeónHomosexualidadePortadaDominic ThiemCamba, Castro CaldelasO incerto señor Don HamletJosé Benito Pardo Rodríguez🡆 More