Presidente De Casaquistán

O Presidente da República de Casaquistán (casaco: Қазақстан Республикасының Президенті, ruso: Президент Республики Казахстан), é o xefe de Estado de Casaquistán.

Presidente da República de Casaquistán
Қазақстан Республикасының Президенті
Президент Республики Казахстан
Presidente De Casaquistán
Estandarte presidencial
Presidente De Casaquistán

ResidenciaPalacio Presidencial Ak Orda, Nur-Sultan
Creación24 de abril de 1990
Primeiro titularNursultan Nazarbayev
Precedido porNursultan Nazarbayev
Sitio webhttp://www.akorda.kz/kz

É o cargo máis alto da República de Casaquistán e ostenta tamén o posto de comandante en xefe das Forzas Armadas. Os seus poderes están descritos nunha sección especial da Constitución de Casaquistán.

O posto foi establecido o 24 de abril de 1990, un ano antes da disolución da Unión Soviética. O Presidente actual é Kassym-Jomart Tokayev, quen accedeu ao cargo o 20 de marzo de 2019 tras a dimisión do primeiro presidente, Nursultan Nazarbayev.

Símbolos

As decoracións do Presidente de Casaquistán inclúen unha marca no peito e un estandarte presidencial.

Estandarte presidencial

O Estandarte Presidencial de Casaquistán é similar á bandeira nacional en que é rectangular cunha proporción de 1:2. No centro do estandarte está o Escudo de Casaquistán. Está bordeado por tres lados con flocos de ouro.

Presidente De Casaquistán 
Estandarte presidencial (1995—2012)

O actual estandarte presidencial entrou en servizo en 2012. O estandarte anterior, que foi utilizado de 1995 a 2012, era un rectángulo azul claro cun círculo de ouro, no interior do cal aparecía a figura dun xove líder saca montando un leopardo das neves.

Orde Altyn Qyran

A Orde da Aguia de Ouro (casaco: Алтын Қыран ордені: ou Orde Altyn Qyran) é o premio civil máis alto que pode ser outorgado polo Presidente de Casaquistán. O seu propósito é recoñecer un servizo excepcional ao país por parte de cidadáns casacos e estranxeiros. Como xefe de Estado, o Presidente é de facto Comandante de clase especial da Orde de Altyn Kyran.

O Presidente na Constitución

O apartado 5 do Artigo 42 da Constitución determina que ninguén pode ser elixido presidente máis de dúas veces seguidas, mais tamén expón que "A presente restrición non se estenderá ao Primeiro Presidente da República de Casaquistán".

O Artigo 46 di que "a honra e a dignidade" do Presidente "serán inviolábeis" e que os seus gastos serán pagados polo estado. O apartado 4 do artigo perfila o estado especial e a autoridade do primeiro presidente, e refire a unha acto constitucional especial para as definicións.Segundo esta acta, o primeiro presidente inmunidade total, absoluta e ilimitada para todas as accións que efectúe durante o cargo, e que continuará sendo oficial de goberno até a súa morte. Tamén conserva o dereito a dirixirse aos cidadáns de Casaquistán, de ter gardas, comunicación, transporte, e apoio estatal á súa actividade, e que o seu apartamento oficial e residencia de verán pasen a ser da súa propiedade con mantemento oficial. Tamén se lle proporcionan coidados médicos, sanatorio, pensións e seguro.

O 26 de abril de 2015 Nursultan Nazarbayev foi reelixido para o seu 5º mandato presidencial. A cerimonia oficial de inauguración tivo lugar no Palacio de Independencia en Astana o 29 de abril. Na cerimonia de inauguración o presidente reelixido asegurou á nación que continuaría as 5 reformas institucionais que ofrecera, o cal "contribuiría ao crecemento e desenvolvemento constante do país".

O 25 de xaneiro de 2017 Nursultan Nazarbayev anunciou as reformas á constitución que redistribuirían poderes executivos ao parlamento e ministerios co propósito dun goberno máis aberto e eficiente.

Administración presidencial

Presidente De Casaquistán 
Un documento oficial da presidencia.

A Administración Presidencial da República de Kazakhstan (casaco: Қазақстан Республикасы Президентінің Әкімшілігі, ruso: Администрация Президента Республики Казахстан) informa directamente ao presidente e axúdalle nas súas citas diarias. Foi estabelecido en conformidade ao Decreto Presidencial Nº 2565 o 20 de outubro de 1995. Ten a súa base actualmente no Palacio Presidencial Ak-Orda na cidade capital de Astana. Antes diso, estaba en Almati.

Xefes da Administración Presidencial

  • Nurtai Abykayev (1990–1995)
  • Saginbek Tursunov (1995–1996)
  • Akhmetzhan Yesimov (1996)
  • Oralbay Abdykarimov (1996–1997)
  • Sarybai Kalmurzaev (1997–1998)
  • Vladimir Shepel (1998)
  • Akhmetzhan Yesimov (1998)
  • Alikhan Baimenov (1998–1999)
  • Sarybai Kalmurzaev (1999—2002)
  • Nurtai Abykayev (29 de xaneiro de 2002 – 10 de marzo de 2004)
  • Imangali Tasmagambetov (10 de marzo – 9 de decembro de 2004)
  • Adilbek Dzhaksybekov (19 de decembro de 2004 – 23 de xaneiro de 2008)
  • Kairat Kelimbetov (23 de xaneiro – 13 de outubro de 2008)
  • Aslan Musin (13 de outubro de 2008 – 21 de setembro de 2012)
  • Karim Massimov (24 de setembro de 2012 – 3 de abril de 2014)
  • Nurlan Nigmatulin (3 de abril de 2014 – 21 de xuño de 2016)
  • Adilbek Dzhaksybekov (21 de xuño de 2016 – 10 de setembro de 2018)
  • Aset Issekeshev (10 de setembro de 2018 – presente)

Eleccións

Antes das eleccións de 2011, Nazarbayev escribiu un artigo para o Washington Post titulado "O firme progreso de Casaquistán cara a democracia".

As quintas eleccións presidenciais de Casaquistán celebráronse o 26 de abril de 2015. Nursultan Nazarbayev foi reelixido co 97.7% dos votos. Un total de 858 observadores de 19 países estiveron presentes nos colexios electorais durante as eleccións e non informaron de problemas significativos. Segundo o director da Academia de Diplomacia de Londres, Joseph Mifsud, as eleccións "cumpriron cos estándares europeos".

A Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE) e outros organismos internacionais criticaron as eleccións como non limpas, apuntando peches de medios de comunicación críticos co goberno e o encarcerando de activistas de oposición. A portavoz da OSCE Cornelia Jonker criticou a falta dunha "alternativa xenuína" para os votantes e tamén argumentou que había "restricións significativas á liberdade de expresión".

A data prevista para as sextas eleccións presidenciais de Casaquistán é o 9 de xuño de 2019. Serán as primeiras eleccións dende a dimisión do primeiro presidente de Casaquistán, Nursultan Nazarbayev.

Presidentes de Casaquistán (1990–presente)

A columna "Nº" numera consecutivamente os individuos que exerceron como presidente, mentres a columna "Elixido" numera consecutivamente os mandatos presidenciais.

Nome Retrato Elixido Lexislatura Partido político
1 Nursultan Nazarbayev

Нұрсұлтан Назарбаев

(1940–)

Presidente De Casaquistán  24 de abril de 1990 1 de decembro de 1991 Partido Comunista de Casaquistán
1
1991
1 de decembro de 1991 14 de decembro de 1991
(1) 14 de decembro de 1991 20 de xaneiro de 1999 Independente
2

1999

20 de xaneiro de 1999 1 de marzo de 1999
(1) 1 de marzo de 1999 11 de xaneiro de 2006 Otan
3

2005

11 de xaneiro de 2006 1 de decembro de 2006
(1) 1 de decembro de 2006 8 de abril de 2011 Nur Otan
4

2011

8 de abril de 2011 29 de abril de 2015
5

2015

29 de abril de 2015 20 de marzo de 2019

(dimitiu)

2 Kassym-Jomart Tokayev

Қасым-Жомарт Тоқаев

(1953–)

Presidente De Casaquistán  20 de marzo de 2019 Presente Nur Otan

Lista por tempo no cargo

Posto Presidente Tempo no cargo
1 Nursultan Nazarbayev 27 anos e 94 días
2 Kassym-Jomart Tokayev 5 anos e 42 días

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas

Tags:

Presidente De Casaquistán SímbolosPresidente De Casaquistán O Presidente na ConstituciónPresidente De Casaquistán Administración presidencialPresidente De Casaquistán ElecciónsPresidente De Casaquistán Presidentes de Casaquistán (1990–presente)Presidente De Casaquistán Lista por tempo no cargoPresidente De Casaquistán Véxase taménPresidente De Casaquistán NotasPresidente De CasaquistánCasaquistánLingua casacaLingua rusaXefe de Estado

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Castro de ViladongaAdolf HitlerDía das Galegas nas LetrasÍñigo AlfonsoImmanuel KantRaquel AtanesAna PeleteiroAS-12ÑJosé Quiroga Pérez de DezaRock HudsonDavid PerdomoModelo OSIValentín Lamas CarvajalSuso de ToroOs PinosO Vintecatro, Oeste, CatoiraConcepción ArenalOsiris (deus)Tonhito de PoiSantiago RomayPenélope CruzIria MisaSuso DíazO divino saineteJorge PeteiroLuís García MañáAresDiego Rivas GutiérrezThe Beekeeper (2024 film)A memoria da choivaErros e TánatosDiocese católica latina de Mondoñedo-FerrolWikipediaLingua inglesaÁlvaro CunqueiroO CarballiñoMiticulturaCruceiroShinovaIdeaRoxos, Villestro, Santiago de CompostelaJesús Vázquez AlmuíñaClint EastwoodManuel TurizoEscherichia coliAnxos SumaiManuel RivasSabela López PatoBorder CollieBilbaoOrdenadorEscáncerJorge ArmestoSecretaría Xeral de Política LingüísticaAsorei, Asorei, Vila de CrucesMona LisaGallicaTeoFrancisco Castro VelosoAC-960NeptunoXoán XardónAmorodoCacheiras, TeoKristen StewartDolores IbárruriXosé Luís BernalClaudia SheinbaumAutocraciaIrmandiñosByteVicente RiscoCastelo da Picoña🡆 More