Escudo De Casaquistán

O escudo nacional de Casaquistán ten forma de círculo, símbolo da vida e da eternidade.

O elemento central é o shanyrak, a parte superior circular da cúpula da yurta. O shanyrak simboliza o benestar da familia, a paz e a tranquilidade.

Escudo De Casaquistán
Escudo de Casaquistán

A seguinte parte integrante da estrutura do escudo son os cabalos fantásticos con ás de ouro e cornos en forma de media lúa, os tulpar. As ás de ouro dos cabalos fantásticos semellan trigo, que simboliza o traballo, a abundancia e a prosperidade.

O escudo ten dúas cores: azul e dourado. A cor azul celeste do fondo da bandeira alude ós diversos pobos turcos que conforman a poboación actual do país, que inclúe entre outros a poboacións de orixe tártara, mongol e uigur. Para eses pobos a cor azul celeste estaba dotado de simbolismo relixioso e representaba ó deus Gök-Tanry aínda que actualmente a cor da bandeira é interpretado como o símbolo do ceo despexado que se divisa no país e da liberdade do seu pobo. A gama dourada interprétase como o futuro luminoso dos pobos casacos.

A porción máis baixa do escudo leva a inscrición Қазақстан. A imaxe reproducida do escudo nacional de Casaquistán, sen importar o seu tamaño, debe conformarse exactamente co deseño de cor (respectivamente branco e negro) do estándar da referencia do escudo nacional de Casaquistán gardada na residencia do presidente.

Escudo De Casaquistán
Escudo de armas da República Socialista Soviética de Casaquistán.

O escudo de armas da República Socialista Soviética de Casaquistán foi adoptado o 26 de marzo de 1937 polo Goberno da República Socialista. O escudo de armas baséase no escudo de armas da Unión Soviética. Un novo escudo de armas foi adoptado mediante a disolución da Unión Soviética o 26 de decembro de 1991.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Casaquistán

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de voces dos animaisManuel TurizoCemiterio de BoisacaCódice CalixtinoBlogMatias VarelaMúsica dos países islámicosÁ lus do candilJason StathamMoinanteAquí no hay quien vivaCarlos de Matos GomesInfolibreAna PeleteiroMadridConcepción ArenalFrancisco Castro VelosoNelson MandelaXabier DíazColocación do pronome átono en galegoNoite de san XoánRoisCando petan na porta pola noitePedro J. RamírezÑCélula pancreática acinarDaniel de la TorreXosé Manuel PiñeiroRoko (actriz)José Casal RodríguezAC-440TrackbackPaulo CarrilNúmero piOurenseRocco SiffrediOs demostrativos galegosO CarballiñoAna Belén FortesProxyLiigaAfonso XII de EspañaTorquemada, PalenciaAdwareXestaEntamoeba coliXunta de GaliciaCarlos SoberaPaporroiboLaura Gómez-LacuevaO val escuroLingua casteláBreogánJosé Quiroga Pérez de DezaCadea de bloquesCarles PuigdemontO Pedrouzo, Arca, O PinoUral Español Club de FútbolAna AcuñaA CoruñaHanan PachaTrue Detective (tempada 1)Nava CastroMarçal MolinéEstados Unidos de AméricaBillardaAlmoite, Almoite, Baños de MolgasNeptunoLista de xentilicios de concellos galegosGiorgia MeloniHLA-DRGallicaSingular e plural en galegoNarón🡆 More