Pica Nuttalli

Pica nuttalli é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das sete comprendidas no xénero Pica, propia do oeste de California.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1837 polo Wiki Galegoornitólogo estadounidense John James Audubon, baixo o nome de Corvus nutalli.

Etimoloxías

Para a do xénero, ver Pica.

O epíteto específico, nuttalli foi unha homenaxe de Audubon ao naturalista inglés Thomas Nuttall.

Sinónimo

Ademais e polo nome actualmentre válido, a especie comeceuse tamén polo sinónimo:

Características

Á parte de ter o pico e unha raia de cor amarela ao redor do ollo, é practicamente idéntica a Pica hudsonia, que se distribúe por gran parte do oeste de América do Norte.

Distribución

Habita no val Central de California e nos outeiros e montañas de matogueira meditarránea adxacentes.

Bioloxía

Costumes

Pica Nuttalli 
Bandada de Pica nuttalli no val Central
Pica Nuttalli 
Cun cervo de cola negra (Odocoileus hemionus)
Pica Nuttalli 
Varios espécimes nun dormitorio

Pica nuttalli é unha especie gregaria e descansa en comunidade. Pode haber un grupo de dormitorios comunais nunha área xeral formada por un dormitorio central que contén moitas aves e varios periféricos con menos.

Sábese que as bandadas destas aves compórtanse como nun funeral polos seus mortos. Cando unha pega morre, un grupo delas congrégase ao redor da ave falecida onde gritan con chíos altos durante 10 ou 15 minutos.

Nutrición

Estas aves son omnívoras e aliméntanse no chan, comendo principalmente insectos, especialmente saltóns, pero tamén preas, landras e froitas no outono e no inverno. Son atraídos polos cadáveres de animais recentemente matados en granxas e ranchos. Recollen o lixo nos vertedoiros, e ás veces cazan roedores.

Reprodución

Para reproducirse Pica nuttalli prefire bosques de árbores altas ao longo dos ríos e preto de áreas abertas, aínda que nas proximidades dalgunhas cidades comezaron a aniñar en terreos baldíos e noutros lugares con maleza. Unha parella de aves constrúe un niño en forma de cúpula con paus e barro nunha rama alta. Os niños poden estar a 14 m sobre o chan e ás veces están construídos moi lonxe sobre ramas longas para evitar que os depredadores os alcancen. Aniñan en pequenas colonias, ou ocasionalmente sós. Mesmo cando aniñan preto doutras aves poden presentar certo comportamento territorial. Estas aves son residentes permanentes e non adoitan vagar lonxe da súa cría.

A copulación fóra da parella non é infrecuente entre esta pegas. Despois do apareamento, o macho mostrará celos, evitando que a femia se aparee con outros machos até que poña o primeiro ovo. A niñada contén de 5 a 7 ovos que son incubados pola femia durante 16 ou 18 días. Ambos os pais alimentan aos polos cunha dieta composta principalmente de insectos até que empluman aos 30 días.

Enfermidades

Esta ave é extremadamente susceptíbel ao virus do Nilo Occidental. Entre 2004 e 2006 estímase que o 50 % destas pegas morreron a causa do virus. Debido a que a ave tende a pousar cerca de corpos de auga, como ríos, a miúdo está exposta aos mosquitos.

Estado de conservación

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), considerando que entre 2003 e 2008 a especie sufriu unha rápida redución da poboación debido á mortalidade causada polo virus do Nilo Occidental e, aínda que os descensos diminuíron, aínda se están reproducindo a un ritmo suficiente para alcanzar o limiar para non ser catalogada como vulnerábel, polo que actualmente esta especie está cualificada como VU (vulnerábel).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Airola, D. A.; Hampton, S. & Manolis, T. (2007): "Effects of West Nile Virus on sensitive species in the Lower Sacramento Valley, California: An evaluation using Christmas Bird Counts". Central Valley Bird Club Bulletin 10: 1-22.
  • Crosbie, S. P.; Koenig, W. D.; Reisen, W. K.; Kramer, V. L.; Marcus, L.; Carney, R.; Pandolfino, E.; Bolen, G. M.; Crosbie, L. R.; Bell, D. A. & Ernest, H. B. (2008): "Early impact of West Nile Virus on the Yellow-billed Magpie (Pica nuttalli). The Auk 125 (3): 542-550.
  • del Hoyo, J.; Elliott, A.; Christie, D. (2009): Handbook of the Birds of the World, vol. 14: Bush-shrikes to Old World Sparrows. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-350-7.
  • Kilpatrick, A. M. & Wheeler, S. S. (2019): "Impact of West Nile Virus on Bird Populations: Limited Lasting Effects, Evidence for Recovery, and Gaps in Our Understanding of Impacts on Ecosystems". Journal of Medical Entomology 56 (6): 1491-1497.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Pica Nuttalli TaxonomíaPica Nuttalli CaracterísticasPica Nuttalli DistribuciónPica Nuttalli BioloxíaPica Nuttalli EnfermidadesPica Nuttalli Estado de conservaciónPica Nuttalli NotasPica Nuttalli Véxase taménPica Nuttalli

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CSSNiloJosé Antonio Primo de RiveraCádizManuel Lugrís FreireMontañésLista de castelos de PortugalRoberto Vidal BolañoMondraJorge MiraChristopher WalkenGuernica (cadro)Mamen MendizábalEscáncerManuel AntonioJerry Lee LewisGoretti SanmartínBenedicto García VillarSantos bispos de Ribas de SilJoselu MatoNoiaCeleste CaeiroJosé Ernesto Díaz NoriegaLogroñoCayetana Guillén CuervoQuercusDía das Letras GalegasJuan Carlos Rodríguez CebriánBeatriz MatoBandeira de GaliciaPorto, PortugalDonicelaSalgueiro MaiaArmando RequeixoXHamsterMurciaHeraldo de Galicia (A Habana)App Store (iOS)Roko (actriz)MadridLisboaLucas VázquezXohán Xabier Baldomir CabanasJavier CamuñasXosé Neira VilasVerme da sedaHaxixCristina Pérez HerraizDavid MellaElena CandiaRevolución dos caraveisXabier DíazModelo OSIEscudo de GaliciaRío MiñoMartiño NoriegaManuel González LópezManuel Fernández DoalloPosición aconchegadaPortugalLicenciado MolinaToxo arnalRaquel AtanesO porco de péMikaSilvia SuperstarSabugueiroHelena SalgueiroGabriel García MárquezFragas do EumeEl laberinto del faunoSociedad Civil y DemocraciaRicardo Varela SánchezMúsica dos países islámicosUxío NovoneyraCarmen Méndez🡆 More