Philippe Lacoue-Labarthe

Philippe Lacoue-Labarthe, nado en Tours o 6 de marzo de 1940 e finado en París o 27 de xaneiro de 2007, foi un filósofo, crítico literario e tradutor francés.

Infotaula de personaPhilippe Lacoue-Labarthe
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1940 Editar o valor em Wikidata
Tours, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xaneiro de 2007 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
X Distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Director de teseLucien Braun (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , filósofo , crítico literario , historiador , tradutor , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Estrasburgo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoMarjolaine Pierre, Bernard Baas (pt) Traducir, Bruno Tackels (pt) Traducir, Pierre-Damien Huyghe (pt) Traducir, Judith Balso (en) Traducir, Artemy Magun (en) Traducir, Jean-Christophe Bailly (pt) Traducir e Bruno C. Duarte (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

Lacoue-Labarthe escribiu extensamente sobre Martin Heidegger, Jacques Derrida, Jacques Lacan, o romanticismo alemán, Paul Celan e a deconstrución. Ademais, traduciu obras de Heidegger, Celan, Nietzsche, Walter Benjamin e Hölderlin ao francés.

Lacoue-Labarthe foi membro e presidente do Colexio Internacional de Filosofía (Collège international de philosophie).

Obra filosófica

Colaboración con Jean-Luc Nancy

Despois das sesións de seminarios conxuntos, Lacoue-Labarthe escribiu algúns libros e artigos en colaboración con Jean-Luc Nancy, quen fora o seu colega e amigo, máis que colaborador na Université Marc Bloch en Estrasburgo. Colaboracións que inclúen Le Titre de la lettre: une lecture de Lacan (1973), e L'Absolu littéraire: théorie de la littérature du romantisme allemand (1978). Pierangeli Di Vittorio refírese a ambos, e á súa influencia en filósofos de todo o mundo, como á "Escola de Estrasburgo".

En 1980, Lacoue-Labarthe e Nancy organizaron unha conferencia en Cerisy-la-Salle, centrada en torno ao ensaio de 1968 de Derrida: Les fins de l'homme. Posteriormente á conferencia, e a solicitude de Derrida, en novembro de 1980 fundaron o Centre de Recherches Philosophiques sur la Politique. O Centre operou durante catro anos, e pretendía buscar enfoques filosóficos, máis que empíricos, ás cuestións políticas. Durante este período, Lacoue-Labarthe e Nancy produciron algúns estudos importantes, tanto xuntos como por separado. Algúns destes textos aparecen en Les Fins de l'homme à partir du travail de Jacques Derrida: colloque de Cerisy, 23 juillet-2 août 1980 (1981), Rejouer le politique (1981), La retrait du politique (1983) e Le mythe nazi (1991).

Sobre Martin Heidegger

En 1986, Lacoue-Labarthe publicou un libro sobre Celan e Heidegger intitulado La poésie comme expérience (1986). Lacoue-Labarthe recibiu o seu doutoramento estatal (Doctorat d'état) en 1987, fronte a un xurado presidido por Gérard Granel, que incluía a Jacques Derrida, George Steiner e Jean-François Lyotard. A monografía entregada nesa ocasión foi La fiction du politique (1988): un estudo sobre a relación de Heidegger co Nacionalsocialismo. A obra precede así o interese que levantou posteriormente Victor Farías en torno á relación de Heidegger co nazismo.

En La Poésie comme expérience (1986), Lacoue-Labarthe argumentou que, aínda que a poesía de Celan estaba profundamente informada pola filosofía de Heidegger, Celan foi sempre consciente das vacilacións de Heidegger co Nazismo, o cal implicou sempre unha actitude circunspecta de parte de Celan cara Heidegger. Celan, porén, estivo disposto a coñecer persoalmente ao pensador da Selva Negra. Heidegger mesmo profesaba unha grande admiración pola poesía do poeta xudeu, aínda que nunca escribiu extensas consideracións filosóficas sobre a súa poesía, como si foi o caso con Hölderlin e Trakl.

En canto á discutida cuestión política, para Lacoue-Labarthe o erro de Heidegger non consistiu tanto na temperá adición ao nazismo, como no seu silencio respecto do holocausto e no que puido ter sido unha deconstrución do nazismo (se ben, Heidegger sempre afirmou que a súa crítica do nazismo tiña que ser buscada nos seus extensos textos sobre Nietzsche).

Con todo, Lacoue-Labarthe estima que o pensamento de Heidegger ofrece moitas alternativas para a confrontación frontal co nazismo, aínda que Heidegger non fose claro ao respecto.

Obra teatral

Lacoue-Labarthe tamén estivo envolto en producións teatrais. Traduciu a versión de Antígona de Hölderlin, e colaborou con Michel Deutsch para montar a obra no Teatro Nacional de Estrasburgo en 1978. Lacoue-Labarthe e Deutsch montaron tamén as Mulleres fenicias de Eurípides en 1980. A tradución de Lacoue-Labarthe de Edipo Rei de Hölderlin foi escenificada en Aviñón en 1998, con Charles Berling no papel principal.

Obras

  • Le Titre de la lettre: une lecture de Lacan (1973).
  • L'Absolu littéraire: théorie de la littérature du romantisme allemand (1978).
  • Portrait de l'artiste, en général (1979).
  • Le Sujet de la philosophie: Typographies 1 (1979).
  • Les Fins de l'homme à partir du travail de Jacques Derrida: colloque de Cerisy, 23 juillet-2 août 1980 (ed.) (1981).
  • Rejouer le politique (ed.) (1981).
  • La retrait du politique (ed.) (1983).
  • Retrait de l’artiste en deux personnes (1985).
  • L'Imitation des modernes: Typographies 2 (1986).
  • La Poésie comme expérience (1986).
  • La Fiction du politique: Heidegger, l'art et la politique (1988, ed. revisada).
  • Sit venia verbo (1988).
  • Le mythe nazi (1991).
  • Pasolini, une improvisation : d’une sainteté (1995).
  • Retreating the Political (1997).
  • Métaphrasis; suivi de Le théâtre de Hölderlin (1998).
  • Phrase (2000).
  • Poétique de l'histoire (2002).
  • Heidegger: la politique du poème (2002).
  • Agonie terminée, agonie interminable (2004).
  • Le chant des muses: Petite conférence sur la musique (2005).
  • L’«allégorie»: Suivi de Un commencement (2006).
  • Préface à la disparition (2009).
  • Ecrits Sur l'Art (2009).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Jacques Derrida, "Désistance," en Psychè.
  • Pierre Joris, Heidegger, France, Politics, The University.
  • John Martis, Philippe Lacoue-Labarthe: Representation and the Loss of the Subject (Nova York: Fordham University Press, 2005).
  • Avital Ronell, "The Differends of Man," en Finitude's Score.

Tags:

Philippe Lacoue-Labarthe TraxectoriaPhilippe Lacoue-Labarthe Obra filosóficaPhilippe Lacoue-Labarthe ObrasPhilippe Lacoue-Labarthe Véxase taménPhilippe Lacoue-Labarthe1940200727 de xaneiro6 de marzoFilósofoParísTours

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ángel García SeoaneQGumersindo Galego FealAsexualidadeCoalición GalegaJosé Manuel LageSRubiá2003PoutaLaosBenigno Lago EstévezZJosé Benito Pardo RodríguezCandorcaRequiarioPolbo á feiraBandeira de GaliciaIván Puentes RiveraA Cure for WellnessLobiosRichard GereLeirón rabudoSalman RushdieCelso Emilio FerreiroMaría Victoria de la Fuente AlonsoLeymaBatalla de CacheirasPeixe sapoPilar BahamondeAntonio Muñoz MolinaLista das aves de GaliciaBoyanka Kostova (grupo musical)O Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoLista de xentilicios de concellos galegosMáquina comecartosJorge BlassCopa do SarGalegoAntón LouroVíctor CoyoteVicente RiscoMario ObreroBeatriz DouradoGheadaIndalecio Tizón ReboredaCulleredoReal Academia GalegaTECOR societarioO reino medieval de Galicia na historiografíaTeixoPatricia VázquezPrado, Morgadáns, GondomarManuel ComesañaUIAFALista de palabras galegas de orixe celtaAlternativa por ArzúaCeuta2022Jesús Peleteiro SuárezDugongoPontedeumeMelónGalicia estremeiraArzúaDinhoBetanzosQuenllaCarlos SedesCaralloArabia SauditaPartido Comunista dos Traballadores de EspañaLista de programas de Televisión EspañolaSabugueiroFragas do EumeProxy🡆 More