Phalanger: Xénero de mamíferos

Phalanger é un xénero de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos, que é o tipo da familia dos falanxéridos.

Phalanger
Falanxeros e cuscús
Phalanger: Características, Distribución e hábitat, Bioloxía
Phalanger gymnotis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Diprotodontia
Suborde: Phalangeriformes
Familia: Phalangeridae
Subfamilia: Phalangerinae
Tribo: Phalangerini
Xénero: Phalanger
Storr, 1780
Especie tipo
Didelphis orientalis
Pallas, 1766
Especies
    Véxase o texto

Comprende un total de 13 especies, coñecidas na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de falanxeiros e cuscuses.

Características

Falanxeros e cuscús teñen un corpo repoludo cuberto por unha pelaxe grosa e laúda. A súa coloración é moi variábel, e segundo as especies pode ser branca, avermellada ou negra. Teñen un fociño curto, as orellas pequenas, ás veces invisíbeis ocultas pola pelaxe, e unha longa cola prénsil e desprovista de pelo no seu extremo para facilitar a prensión. A lonxitude da cabeza e tronco oscila entre os 32 aos 60 cm, sendo a da cola máis longa. O seu peso oscila entre 1 e 7 kg.

Distribución e hábitat

Viven nas Molucas, en Nova Guinea, nas illas Salomón e na península de Cabo York, no extremo nororiental de Australia. Habitan en bosques pluviais, con musgos, e en bosques de eucaliptos, en zonas temperadas, secas e alpinas.

Bioloxía

Phalanger: Características, Distribución e hábitat, Bioloxía 
Phalanger orientalis
Museo Civico di Storia Naturale Giacomo Doria, Xénova.

Comportamento

Os falanxéridos son aniamis solitarios, arborícolas, que só moi raramente descenden até o solo. Coa súa cola prénsil e os dous polgares opñíbeis das patas dianteiras, adáptanse perfectamente ao seu hábitat, os bosques tropicais. Pasan o día durmindo en árboles con ocos ou entre as follas, saíndo dos seu agochos pola noite para iren buscar o seu alimento, con movementos lentos e cautelosos.

Nutrición

Aliméntanse sobre todo de froitos e follas, pero de cando en vez poden comer tamén insectoss e outros pequenos artrópodos e ovos de paxaros.

Reprodución

Despois dun breve período de xestación (apenas de dúas semanas) as femias paren dunha a tres crías, pero xeralmente só unha supervive, aínda que a femia está equipada con catro mamilas.

A cría abandona o marsupio despois duns meses. Poden vivir até 11 anos.

Taxonomía

Phalanger: Características, Distribución e hábitat, Bioloxía 
Phalanger ornatus.

Descrición

A xénero foi descrito en 1780 polo médico e naturalista alemán Gottlieb Conrad Christian Storr, na páxina 38 da súa obra Prodromus Methodi Mammalium. Litteris, Reissianis, Tübingen, pp. 1–43, establecendo como especie tipo Didelphis orientalis Pallas, 1766.

Etimoloxías

    Nome científico

o nome científico do xénero, Phalanger, deriva do grego antigo φάλαγξ ‎phálanx, 'araña', en referencia aos dedos segundo e terceiro, unidos, dos pés traseiros, coa adición da desinencia do latín científico -er.

    Nomes vulgares

O nome falanxero é unha variante de falanxérido, nome de cada un dos membros da familia dos falanxéridos, segundo o Gran dicionario Xerais da lingua, unha forma máis próxima ao latín Phalanger.

A palabra cuscú ten unha orixe algo escura, pero a maioría dos etimoloxistas cren que deriva dunha voz dos aborixes das Molucas ou da Nova Guinea. En Europa comezou a usarse a mediados do século XVII, como en francés, couscous, ou en alemán, baixo a forma Koeskoes. (Hoxe en alemán o seu nome é Kuscus).

O termo entrou no latín científico a finais do XVIII e principos do XIX, como nome de dous de xéneros (sinónimos de Phalanger), Coescoes, descrito en 1799 por Lacépède, e Cuscus, descrito en 1826 por Lesson, que probabelmente derivaron estes nomes do alemán ou do francés, respectivamente.

Sinónimos

Ademais de polo nome orixinal que lle adxudicou Storr, e que é o actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Balantia Illiger, 1811
  • Coescoes Lacépède, 1799
  • Cuscus Lesson, 1826
  • Phalangista E. Geoffroy St. Hilaire & G. Cuvier, 1795
  • Sipalus G. Fischer, 1813

Clasificación

As especies e subespecies comprendidas polo xénero difiren segundo as autoridades.

— Segundo o Mammals Species of the World (Consultado o 19-05-2016):

Xénero Phalanger Storr, 1780

  • Phalanger alexandrae Flannery & Boeadi, 1995
  • Phalanger carmelitae Thomas, 1898
    • Phalanger carmelitae carmelitae
    • Phalanger carmelitae coccygis
  • Phalanger gymnotis Peters & Doria, 1875
    • Phalanger gymnotis gymnotis
    • Phalanger gymnotis leucippus
  • Phalanger intercastellanus Thomas, 1895
  • Phalanger lullulae Thomas, 1895
  • Phalanger matabiru Flannery & Boeadi, 1995
  • Phalanger matanim Flannery, 1987


  • Phalanger mimicus Thomas, 1922
    • Phalanger mimicus mimicus
    • Phalanger mimicus peninsulae
  • Phalanger orientalis (Pallas, 1766)
    • Phalanger orientalis breviceps
    • Phalanger orientalis orientalis
  • Phalanger ornatus (Gray, 1860)
  • Phalanger rothschildi Thomas, 1898
  • Phalanger sericeus Thomas, 1907
    • Phalanger sericeus occidentalis
    • Phalanger sericeus sericeus
  • Phalanger vestitus (Milne-Edwards, 1877)

— Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (Consultado o 19-05-2016):

Xénero Phalanger Storr, 1780

  • Phalanger alexandrae Flannery & Boeadi, 1995
  • Phalanger carmelitae Thomas, 1898
  • Phalanger gymnotis Peters & Doria, 1875
  • Phalanger intercastellanus Thomas, 1895
  • Phalanger lullulae Thomas, 1896
  • Phalanger matabiru Flannery & Boeadi, 1995
  • Phalanger matanim Flannery, 1987
  • Phalanger mimicus Thomas, 1922
  • Phalanger orientalis (Pallas, 1766)
  • Phalanger ornatus (Gray, 1860)
  • Phalanger rothschildi Thomas, 1898
  • Phalanger sericeus Thomas, 1907
  • Phalanger vestitus (Milne-Edwards, 1877)

— Segundo o National Center for Biotechnology Information (Consultado o 19-05-2016):

Xénero Phalanger

  • Phalanger carmelitae
  • Phalanger gymnotis
  • Phalanger interpositus
  • Phalanger lullulae
  • Phalanger maculatus
  • Phalanger orientalis
    • Phalanger orientalis breviceps
  • Phalanger sericeus
  • Phalanger vestitus

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
  • McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Rodríguez de la Fuente, Félix (1970): "Los restantes miembros de una diversificada familia", en Enciclopedia Salvat de la Fauna, Tomo 9, Australia e islas, pp. 71–75. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones.
  • Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
  • Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Phalanger CaracterísticasPhalanger Distribución e hábitatPhalanger BioloxíaPhalanger TaxonomíaPhalanger NotasPhalanger Véxase taménPhalanger

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Cervo comúnVíctor DupláVicente RiscoFolgoso, Castro CaldelasBrais LamelaVómito (grupo musical)José María Bello ManeiroAmanda Lear3Alfonso Daniel Rodríguez CastelaoCogomeloPilar BahamondePriyanka ChopraXosé Luís Franco GrandeEl LuísPobo galegoPotaEleccións municipais en CamariñasDedaleiraPansexualidadeAlcaldes da CoruñaBracara AugustaCelso Emilio FerreiroCharlie ChaplinEscherichia coliDeputación de OurenseReino de GaliciaJuan Fernández GarcíaXogo da chaveYolanda DíazLedicia CostasAmieiroEscáncerLista de programas de Televisión EspañolaA Star Is Born (filme de 2018)Península do BarbanzaAvefríaLManuel CorzoPremios da Cultura GalegaWiki7OrchataNigránAgoladaManuel Lourenzo GonzálezCarballo comúnVacaCopa da CostaXaime Isla CoutoCuruxa comúnCopa do SarXosé Luís BernalPena Verde, Rebordondo, CualedroIlves NaisetTamara AndrésAntón LouroPimpín comúnBrañaAbel LosadaMáquina comecartosProxyBenito KamelasTeixugoIslamSexo analAlternativa por ArzúaValentín Alfonsín SomozaJosé Manuel LageMatrimonio entre persoas do mesmo sexoMXesús PisónAnxo AngueiraTino SaquésLipoproteína de BraunA Escravitude, Cruces, PadrónMarta Fernández-TapiasTeixo🡆 More