Península Itálica

A Península Itálica é unha península do surcentro de Europa e é unha das tres grandes penínsulas do sur deste continente, xunto coa Balcánica e a Ibérica.

O seu territorio esténdese uns 1000 km de noroeste a sueste. Está situada no centro do mar Mediterráneo, entre os mares da Liguria, Tirreno, Adriático e Xónico. Politicamente abrangue a maior parte de Italia, San Marino e a Cidade do Vaticano.

Península Itálica
Vista de satélite, na que se aprecia a súa característica forma de «bota», polo que é chamada en italiano Lo stivale («A bota»).

Características xerais

A Península Itálica está unida ao tronco central do continente europeo pola cadea dos Alpes. Grazas á súa posición, constitúe unha ponte de paso entre Europa, Asia e África. A Península Itálica está bañada polo mar da Liguria e polo mar Tirreno pola costa occidental, polo mar Xónico pola costa oriental e o Adriático pola costa sur.

No suroeste da península está Calabria e está separada da illa de Sicilia polo estreito de Messina. Entre Sicilia e África distan 140 km.

Na costa oriental, a península salentina (Puglia) dista da costa albanesa, no punto máis estreito do Canal de Otranto, 70 km.

División política e administrativa da Península Itálica

A rexión física da Península Itálica, non corresponde exactamente coa extensión do Estado italiano, e non só os italianos ocupan este espazo. Dentro da Península Itálica está:

País/
Territorio
Superficie peninsular Descrición Capital Idioma oficial
Poboación km2 sq mi Tanto por cen
Península Itálica  República italiana 26 140 000 131 275 50 686 99.9531% Ocupa a maioría da península Roma italiano
Península Itálica  San Marino 31 887 61,2 23,6 0.0466% Un enclave ó nordeste da Italia peninsular Cidade de San Marino italiano
Península Itálica  Cidade do Vaticano 829 0,44 0,17 0.0003% Un enclave de Roma (Italia) Cidade do Vaticano italiano, latín

Notas

Tags:

AdriáticoCidade do VaticanoEuropaItaliaMar MediterráneoMar da LiguriaPenínsulaPenínsula BalcánicaPenínsula IbéricaSan MarinoTirrenoXónico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Eduardo IndaMemorias dun neno labregoEl Correo GallegoLiteratura infantilJosé Manuel Rodríguez PuenteJesús Hidalgo BermejoMimosaFala de EstremaduraFentoGrupo RompenteComarcas de GaliciaAmazonMadridBoyanka Kostova (grupo musical)Deserto do SáharaBloque Nacionalista GalegoJordi Pujol2003SonDeSeuVacaSénecaGoretti SanmartínTeoAmérica LatinaEmilio González AfonsoHarvey WeinsteinManuel RicoAltriAsalto do bou EvaVichelocregoEscáncerContactEspañaNúmero piVila de CrucesSéculos EscurosMiguel de CervantesVento feridoCandela PeñaLista de nomes masculinos en galegopdwqjGarbiñe MuguruzaNarónTraxe galego1915Roko (actriz)Fabiola GarcíaVómito (grupo musical)Eduardo PondalLudwig van BeethovenMarta Fernández-TapiasLista de presidentes da República PortuguesaDomingo García-Sabell2015António de Oliveira SalazarAna María Fernández MartínezReino de GaliciaDigital object identifierCoordenadas xeográficasÁlvaro CunqueiroRebeliom do InframundoTotó GarcíaLavandaInglaterraSan PetersburgoPardo de CelaDonicelaEl Pueblo GallegoLeitzaPaís Vasco (rexión histórica)MoinanteChatGPTLareira🡆 More