Patricia Fernández Goberna: Cantante española

Patricia Fernández Goberna, nada en Donostia o 14 de febreiro de 1957 e finada en Madrid o 27 de setembro de 2016, foi unha cantante española.

Fíxose coñecida como cantante do grupo Trigo Limpio, co que obtivo grandes éxitos e co que representou a España no Festival de Eurovisión de 1980. Posteriormente tivo unha carreira en solitario co nome artístico de Patt Governa.

Infotaula de personaPatricia Fernández Goberna
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1957 Editar o valor em Wikidata
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de setembro de 2016 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Membro de
Familia
PaiPahiño Editar o valor em Wikidata
IrmánsNacho Fernández Goberna Editar o valor em Wikidata

Foi filla do histórico futbolista galego Pahiño e irmá de Nacho Fernández Goberna, cantante e compositor de La Dama se Esconde.

Traxectoria

Naceu en Donostia, sendo filla de Pahiño, histórico futbolista de Celta de Vigo, Real Madrid e Deportivo da Coruña, e de Inés Goberna. Seu tío Eduardo Goberna foi tamén futbolista do Deportivo da Coruña. Ao rematar o bacharelato formou xunto a unha amiga o dúo Sunrise, co que gañaron o premio de dúos nun festival de músicos da provincia de Guipúscoa. Con todo, a amiga deixou o dúo, polo que Patricia entrou no grupo Senda, que gravou un só LP, Llamo a la juventud, antes de disolverse.

Púxose a estudar arte e decoración e en 1979 recibiu a chamada de Carlos Gil para ofrecerlle o posto de cantante feminina en Trigo Limpio, despois da marcha de Amaya Saizar. Con este trío participou ao ano seguinte no Festival de Eurovisión, quedando na 12ª posición de 19 participantes, e gravaron 16 discos, acadando gran fama en América Latina, onde pasaban grandes tempadas.

A finais de 1987 deixou o grupo e regresou a España, onde comezou unha carreira en solitario co nome de Patt Governa, gravando dous álbums. Traballou tamén na radio e no teatro, e colaborou coa cupletista Olga María Ramos. Nos seus últimos anos formou un grupo musical xunto á súa filla Isis, chamado Isis & the Momster.

Morreu de cancro o 27 de setembro de 2016.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Patricia Fernández Goberna TraxectoriaPatricia Fernández Goberna NotasPatricia Fernández Goberna Véxase taménPatricia Fernández Goberna14 de febreiro1957201627 de setembroCantanteDonostiaEspañaEspaña no Festival de EurovisiónFestival de EurovisiónMadridTrigo Limpio

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Juan Carlos Rodríguez CebriánEleccións municipais en Ames1963Manuel Curros EnríquezSantoalla, Santoalla do Monte, PetínEstripeiroIlla de CretaPedro Barrié de la MazaÁlvaro CunqueiroFrancisco Vázquez VázquezNacionalidade históricaAxoloteLista de castelos de PortugalXavier Suárez-VenceRelación sexual humanaXeaIES PerdouroLaxeMono (animal)Meat Is MurderPorscheOsloDominio de primeiro nivelJoan de NovoaCarbúnculoNadalXentilicioSingapurLabirintos de pedra na Illa Bolshoi ZayatskySuso DíazRomán Rodríguez GonzálezAndrea MaceirasBenito KamelasCalorRuxe RuxeMaría MariñoXogos OlímpicosEscáncerMuimenta, Carballeda de AviaRamón López RodríguezThomas K. DeLoreyPazos, VerínEscociaMontsiàHard GZTogoPartido Independentista PortorriqueñoJosé Miñones (homónimos)Chanfaina galegaMAX AsiaEstípite (arquitectura)Xosé Luís BernalLinguas románicasThe SmithsExeria (escritora)Jean-Claude Van DammeMarc MárquezL1999Río Mao, río SilRaposoVulvaCarolina DariasMaría CasaresCacheiras, TeoEuromillónsEstados membros da Unión EuropeaLuís SeoaneDereito de propiedadeFeiracoCuruxa comúnSaramagoAndoriñaProduto interior brutoQuecemento globalSocioloxíaFroila Vermúdez🡆 More