Pahiño: Futbolista galego

Manuel Joaquín Fernández Fernández, comunmente coñecido como Pahiño, nado en Navia (Vigo) o 21 de xaneiro de 1923 e finado en Madrid o 12 de xuño de 2012, foi un futbolista galego que xogou no Celta de Vigo, Real Madrid, Deportivo da Coruña e na selección española durante os anos corenta e cincuenta.

Foi un prolífico goleador, conseguindo o trofeo Pichichi en dúas ocasións: en 1948, mentres xogaba no Celta de Vigo, e en 1953, na súa etapa no Real Madrid.

Infotaula de personaPahiño
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1923 Editar o valor em Wikidata
Navia, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xuño de 2012 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
Período de actividade26 de setembro de 1943 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1943-1948 Real Club Celta de Vigo 101(70)
1948-1953 Real Madrid Club de Fútbol 124(108)
1953-1956 Deportivo da Coruña 72(46)
1956-1957 Granada Club de Fútbol 15(8) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1948-1955 Pahiño: Carreira deportiva, Palmarés, Vida privada  España 3(3) Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosPatricia Fernández Goberna, Nacho Fernández Goberna Editar o valor em Wikidata

Foi un ídolo tanto para a afección do Celta como para a do Deportivo e está considerado un dos mellores futbolistas galegos da historia. Foi pai de Nacho Fernández Goberna, membro de La dama se Esconde, e Patricia Fernández Goberna, cantante do grupo Trigo Limpio.

Carreira deportiva

Comezou a súa traxectoria deportiva no Navia, pasando logo polo Arenas de Alcabre. Por aquel entón era alcumado Paíño, por ser este o segundo apelido de seu pai. En 1943 ingresou no Celta de Vigo e pouco despois o xornalista do Faro de Vigo Manuel de Castro "Handicap" comezou a escribir o seu alcume cun hache intercalado (Pahiño), por motivos estéticos, pasando a ser coñecido dese xeito a partir de entón.

Na tempada 1947-1948 os goles de Pahiño axudaron ó Celta de Vigo a finalizar cuarto na liga española e acadar a final da Copa do Xeneralísimo. Na mesma tempada gañou o trofeo Pichichi por primeira vez. Tamén marcou no seu debut coa selección española nun empate 3-3 coa selección suíza.

Entre os seus compañeiros de equipo no Celta estaba Miguel Muñoz, co que marcharía ó mesmo tempo a xogar no Real Madrid. Pahiño continuou marcando goles regularmente e na tempada 1951-1952 conseguiu o seu segundo Pichichi. Con todo, coa chegada de Alfredo Di Stéfano o seu posto foi ocupado e decidiu marchar ó Deportivo da Coruña onde xogaría no mesmo once con Luis Suárez e Arsenio Iglesias.

A pesar dos seus números como goleador, Pahiño só participou en tres ocasións coa selección española, e non acudiu ó mundial de 1950 por mor das súas ideas políticas de esquerda. A súa última aparición no equipo foi no empate 2-2 contra a República de Irlanda en 1955, partido no que marcou os dous goles do equipo.

Finalizou a súa carreira deportiva no Granada CF.

En xuño de 2010 inaugurouse un campo de fútbol co seu nome en Navia, nun acto no que estiveron presentes ex xogadores do Celta de Vigo e do Deportivo da Coruña.

É o noveno xogador con máis goles en Primeira División (212).

Palmarés

Vida privada

Casou con Inés Goberna e tras deixar o fútbol viviu en Pasaia (Donostia), onde foi armador de barcos pesqueiros co seu sogro. Foi pai de Nacho Fernández Goberna, cantante e compositor no grupo La dama se Esconde, e Patricia Fernández Goberna, cantante do grupo Trigo Limpio, que representou España no Festival de Eurovisión no ano 1980. Foi cuñado do tamén futbolista Eduardo Goberna, irmán da súa muller, co que coincidiu no Deportivo da Coruña.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Pahiño Carreira deportivaPahiño PalmarésPahiño Vida privadaPahiño NotasPahiño Véxase taménPahiño12 de xuño192319481953201221 de xaneiroCelta de VigoDeportivo da CoruñaFútbolGaliciaMadridNavia, VigoReal MadridSelección de fútbol de EspañaTrofeo PichichiVigo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

A derradeira leición do mestreWikipediaContactorCultura castrexa1978Lingua galega2008Aliados da segunda guerra mundialMicrosoftMike TaylorJuan Carlos Rodríguez CebriánSão PauloCristiano RonaldoFilipinasDiana Aguavil2005Cesáreo Sánchez IglesiasPaspallásSen Senra1825XacioEduardo Blanco AmorXeneXeaBaionaCastros da provincia de OurenseManchesterSantoalla, Santoalla do Monte, PetínIES PerdouroDíptico dos Nicómaco e dos SímacoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoMarta Fernández-TapiasMinisterio de Sanidade de EspañaO CarballiñoDólar da Liberdade sentadaResistencia (libro)Angkor WatArtistaXosé Manuel PiñeiroMesíaMaría CanosaLisboaLiga do PeloponesoLista de ríos de GaliciaRomaníaPesticidaOuroDoce homes sen piedadeRetour à SéoulNervio ópticoSegunda guerra mundialLípidoSingapurEscociaGoretti SanmartínRafael Dieste45AndoriñaBandeira de Galicia26Carlos Mouriz4VertoAbraham BobaChatGPTBreogánLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingTrasnoMucha e NuchaRosario Porto OrtegaParadigmas dos verbos irregulares galegosSocioloxíaFestas MinervaisSistelo🡆 More