Trigo Limpio: Grupo musical español

Trigo Limpio, foi un trío de folk español nacido en 1975 en Donostia.

Estaba composto por Iñaki de Pablo, Luis Carlos Gil e Amaya Saizar, sendo substituída esta última en 1979 por Patricia Fernández Goberna.

Trigo Limpio
Trigo Limpio: Traxectoria, Discografía, Notas
OrixeDonostia, España
Período1975 - 1990
Xénero(s)folk
Selo(s) discográfico(s)PolyGram,Universal
MembrosIñaki de Pablo
Luis Carlos Gil
Amaya Saizar
Patricia Fernández Goberna
Maite Zuazola
Na rede
http://trigolimpio.wixsite.com/trigolimpio
Musicbrainz: 1a2d4e57-33f4-4f27-b7dc-5840b9b9c435 Discogs: 1127628 Editar o valor em Wikidata

Representaron a España no Festival de Eurovisión de 1980.

Traxectoria

Primeiros anos

O grupo naceu en 1975 cando Carlos Gil foi convidado a cantar nunha sala despois de gañar un concurso de músicos da provincia de Guipúscoa. Para esta actuación chamou a Iñaki de Pablo, co que formara un grupo uns anos antes, e a Amaya Saizar.

Naquela actuación foron presenciados por persoal do selo discográfico Philips, co que asinaron rapidamente un contrato profesional e publicaron o seu primeiro sinxelo. Os seus primeiros anos transcorreron no movemento "neofolk", e a esa época pertencen éxitos como "Muñeca", "Pequeño Juan", "Adiós mamá", "Txikita" ou "Celtibérico". Nos inicios era o propio selo discográfico o que propoñía as cancións pero pouco a pouco foron incluíndo temas propios.

Consolidación

A pesar da aceptación e popularidade dalgúns dos seus temas, foi en 1977 cando comezaron a súa etapa máis importante ao seren invitados ao Festival Internacional da Canción de Viña del Mar e a representar a España no Festival da OTI, conseguindo o terceiro lugar coa canción "Rómpeme, mátame" de Juan Carlos Calderón, un dos máis cotizados autores e produtores españois, quen se encargaría da composición e produción dos temas do grupo até o abandono de Amaya en 1979. Foron tamén seus os grandes éxitos do grupo: "Cinco canas más" e "Maria Magdalena".

Saída de Amaya e entrada de Patricia (1979)

En outubro de 1979 incorporouse ao grupo Patricia Fernández Goberna, en substitución de Amaya, que decidiu comezar unha carreira en solitario. Pouco despois foron elixidos para representar a España no Festival de Eurovisión de 1980 na Haia. Participaron coa canción "Quédate esta noche" e acabaron no 12º posto de 19.

Comezaron a soar con forza en toda Latinoamérica, chegando aos primeiros postos nas listas de éxitos, e especialmente en México, onde o grupo pasou longas tempadas. Gravaron nos Estados Unidos o LP Entrañadamente, nos famosos Criteria Studios de Miami, e deron concertos nas cidades con máis poboación hispana: Chicago, Dallas, San Antonio, Houston, Miami e Os Ánxeles.

Co abandono de Patricia, a finais de 1987 uniuse ao grupo Maite Zuazola coa que gravaron o seu último LP titulado Más. A finais de 1989 Iñaki e Carlos decidiron abandonar a súa carreira musical, poñendo fin así a Trigo Limpio.

Discografía

  • 1975 - Muñeca / La balada de Andy Grange (Sinxelo)
  • 1976 - Adiós mamá / Txikita (Sinxelo)
  • 1977 - Trigo Limpio. LP.
  • 1977 - Cinco canas más / Aquella canción (Sinxelo)
  • 1977 - Rómpeme, mátame / Yo nací en Oregón (Sinxelo)
  • 1978 - Desde nuestro rincón. LP.
  • 1978 - María Magdalena / El Paria (Sinxelo)
  • 1979 - Ven a Jerusalén / Mi Casa (Sinxelo)
  • 1979 - Pero dime / Vives como quieres (Sinxelo)
  • 1980 - Quédate esta noche. LP.
  • 1980 - Quédate esta noche / De profesión bribón (Sinxelo)
  • 1980 - Qué / No me gusta sentirme solo (Sinxelo)
  • 1981 - Caminando. LP.
  • 1981 - Te quiero para mí. Grandes Éxitos. LP.
  • 1981 - Cantad todos al niño / Navidad (Sinxelo para UNICEF).
  • 1982 - Entrañablemente. LP.
  • 1983 - Como un sueño. LP.
  • 1984 - Hay cariño. LP.
  • 1984 - Sol de verano (Maxi Sinxelo en inglés)
  • 1984 - Los éxitos románticos en México. LP.
  • 1985 - México. LP.
  • 1986 - Diez años. LP.
  • 1986 - Hablemos claro. L.P.
  • 1986 - Qué me das. (Sinxelo)
  • 1988 - Más. LP.
  • 1988: Los éxitos románticos.
  • 1995: Trigo Limpio Grandes Éxitos. Dobre CD. Polygram España.
  • 1999: Grandes Éxitos. Dobre CD. Ramalama.

Notas

Predecesor:
"Su canción"
Betty Missiego
Trigo Limpio: Traxectoria, Discografía, Notas 
España no Festival de Eurovisión

1980
Sucesor:
"Y solo tú"
Bacchelli

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

 

Tags:

Trigo Limpio TraxectoriaTrigo Limpio DiscografíaTrigo Limpio NotasTrigo Limpio Véxase taménTrigo Limpio1975DonostiaEspañaFolkPatricia Fernández GobernaTrío (música)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Patacas frixidasAndoriñaTrackbackIdade MediaVogais da lingua galegaRebentaboisFausto CercignaniMoinantePesticidaBasilio CegarraArticulación frontoparietalPolígono1917Estrutura secundaria das proteínasWilliam JoyceBreogánPremio Burnett Anderson MemorialEspazo ComúnWayback MachineXiros idiomáticos galegosOpenGLEleccións municipais de 2015 en GaliciaAntonio López DíazManuel Gago MariñoLuís RubidoPicapeixeAntonio Benito FandiñoCasaquistánEstípite (arquitectura)Miguel Ángel Zabalza BerazaRoko (actriz)ParísAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoTrazaDólar EisenhowerLingua galegaIsraelLingua casteláPotaCharles BronsonPrimeira guerra mundialDoce homes sen piedadeNadalTalía (musa)David HarperSantoalla, Santoalla do Monte, PetínProvincia de PontevedraPartido dos Socialistas de GaliciaCarlos Fernández CastroXavier Suárez-VenceImma António SoutoFiúnchoEscherichia coliOrquídeaMCuruxa comúnLista de palabras galegas de orixe celtaAustriaCasto Sampedro FolgarCasa de AndradeDe catro a catroManuel Miñones BarrosEscudo de VenezuelaMario de LangulloSuízaCarlos PajaresPneumáticaMarta DacostaNormativa oficial do galegoFilipinasCarlos MourizMarina CastañoCerámicaO derradeiro libro de Emma Olsen🡆 More