Parque Arqueolóxico Do Solsticio

51°00′38″O / 2.47666667, -51.01055556

O Parque Arqueolóxico do Solsticio (en portugués: Parque Arqueológico do Solstício), tamén coñecido en fontes académicas como AP-CA-18, é un parque arqueolóxico que se atopa no estado de Amapá, no Brasil, preto da cidade de Calçoene. É un exemplo de arte rupestre de interese histórico e turístico coñecido por conter o Observatorio Astronómico de Calçoene. Componse dun círculo de megálitos, coloquialmente coñecido como o Stonehenge do Amazonas, de 127 bloques de granito, cada un deles de até 4 metros de altura, de pé nun círculo de máis de 30 metros de diámetro na beira do río Rego Grande no cumio dun outeiro. Os arqueólogos cren que este sitio foi construído por pobos indíxenas con fins astronómicos, cerimoniais ou funerarios, e probablemente unha combinación.

Parque Arqueolóxico Do Solsticio
Parque Arqueolóxico do Solsticio.

Círculo megalítico

O sitio, coñecido pola comunidade científica dende os anos 1950, componse de cando menos 127 rochas dispostas en formato circular, no cumio dun outeiro. Crese que foi construído como un antigo observatorio astronómico polos antigos pobos indíxenas que habitaban a rexión. O círculo megalítico tem 30 m de diámetro, con pedras de granito de até 4 m de altura. Aseméllase a outro círculo megalítico atopado na Güiana Francesa, cuxa datación indica ter máis de 2000 anos de antigüidade. Probabelmente foi construído hai máis de mil anos e usado por, cando menos, 300 anos.

O círculo de Calçoene foi alcumado como o "Stonehenge do Amapá", nunha referencia a Stonehenge, en Inglaterra. As escavacións no lugar, executadas por arqueólogos, comezaron en 2006. Baseándose nas características de anacos de cerámica atopados nos arredores do sitio arqueolóxico, os expertos estiman a súa antigüidade entre 500 e 2000 anos.

Un dos bloques de pedra do círculo megalítico foi posicionado de maneira que o Sol, durante o solsticio de inverno do hemisferio norte, que ocorre o 21 de decembro, está xusto enriba del facendo que a súa sombra desapareza. Ademais, o posicionamento desta rocha é tal que a proxección de sombras durante todo o día é diminuta. É este aliñamento dun dos bloques de rocha co solsticio de decembro o que levou aos arqueólogos a acreditar que o lugar era un observatorio astronómico, e que ao observar o círculo megalítico de Calçoene está a ollar os restos dunha cultura avanzada.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Parque Arqueolóxico Do Solsticio Círculo megalíticoParque Arqueolóxico Do Solsticio NotasParque Arqueolóxico Do Solsticio Véxase taménParque Arqueolóxico Do SolsticioCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lois I de PortugalBruce WillisCogomeloReis de EspañaTanxugueirasGalileo GalileiFrancisco Fernández del RiegoSimone de BeauvoirEscolas de Ensino Galego SementeUxío NovoneyraCohesiónNatalia de MolinaHistoria de CataluñaBenito KamelasMarçal MolinéFesta dos maiosÑuLeninismoJennifer LopezBárbaroPonteareasGalego-portuguésParroquias de GaliciaGrupo PRISATarragonaSociedad Civil y DemocraciaOVivir sin permisoGaliciaCamilo Díaz BaliñoSonia MarpezBugalloCandela PeñaRuxe RuxeGranadaXela AriasEva MejutoA CoruñaNósJude BellinghamLista de cidades de IsraelLuis Ferrer i BalsebreHindemburg Melão Jr.Comarcas de GaliciaHTML5Candidatura d'Unitat PopularAlcaldes da CoruñaPaís VascoXabarín ClubCoveloVG-1.7YouTubeElvis PresleySuraTeixugoSalvador DalíMúsica dos países islámicosLuis Rosón PérezDía da NaiXosé Luís BernalManuel JaboisGuerra de Sucesión EspañolaLingua casteláRafael Fernández CasasSexo analSusana Rodríguez GacioDistritos de PortugalBernard HillNogueira de RamuínRío Volga1993PrestigeArmando RequeixoAvril Lavigne🡆 More