Parque Arqueolóxico Da Arte Rupestre: Conxunto de petróglifos en Campo Lameiro

8°31′49″O / 42.541844, -8.53023

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), é un parque dedicado a arte rupestre ao ar libre, situado no concello de Campo Lameiro e pertencente á Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Abrangue 22 hectáreas con numerosos petróglifos de gran valor arqueolóxico e histórico, sendo varios deles Ben de Interese Cultural.

Parque Arqueolóxico Da Arte Rupestre: Historia, Características do parque, Os petróglifos
Petróglifo do cervo na Laxe dos Carballos.
Parque Arqueolóxico Da Arte Rupestre: Historia, Características do parque, Os petróglifos
Vista xeral da Laxe dos Carballos.

Historia

O proxecto de creación do PAAR foi iniciado no 2002, coa presentación dun concurso de anteproxectos por parte do goberno de Manuel Fraga. A súa construción comezou no 2007, durante o goberno bipartito, e inaugurouno o 6 de xullo do 2011 o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Características do parque

Os gravados repártense entre os sitios de Paredes, Parada e Santo Isidro, Painceiros, As Fragas, A Lagoa / Fentáns e Caneda, sendo relativamente sinxelos de visitar. O parque comprende nove estacións rupestres cunha vintena de rochas gravadas nuns tres quilómetros de largura. En 1974 foron declarados Monumentos Histórico-Artísticos, e toda a área foi declarada Zona Arqueolóxica o 20 de xuño do 2002.

O parque inclúe a reconstrución dun poboado da Idade de Bronce, un centro de interpretación con 5.000 m², que conta con salas de proxección, exposicións, biblioteca e fondos.

Os petróglifos

Os petróglifos do lugar inclúen deseños xeométricos (cruces, círculos concéntricos, coviñas...) e naturalistas (cervos, cabalos, serpes...) propios da arte rupestre galega (que inclúe o Norte de Portugal) e que se integran dentro do grupo da vertente atlántica europea. No sitio pódense ollar algún dos petróglifos mellor conservados do Grupo Galaico de Arte Rupestre.

As súas principais estacións son:

  • Laxe da Forneiriña, na que se pode ver a figura dun grande animal, xunto con diferentes representacións de cervos e círculos.
  • Laxe dos Carballos é un conxunto cuxo interese se centra na figura dun gran cervo hastado, que ademais conta coa infrecuente particularidade de que ten marcados os ollos e a boca. As súas patas adiantadas poden dar a idea de que estea tombado, o cal, xunto con que ten un gran número de lanzas cravadas no lombo, serían sinal de castigo ou morte. Ademais ten unha marca arredor do pescozo: ou ben atáronlle unha corda, ou ben como marca de dominación na caza, ou ben como cambio de cor na pelaxe. Xunto a este aparecen, entre outros gravados, combinacións circulares, aliñacións de coviñas ou outros cervos máis pequenos (dous deles debaixo do grande, tamén hastados).
  • Outeiro dos Cogoludos ten gravadas un bo número de figuras de suco moi visíbel, largo e fondo. Na banda dereira óllanse tres xinetes de a cabalo, dispostos verticalmente, mentres que na esquerda hai un gran panel con figuras de círculos concéntricos. Tamén aparecen un ídolo e varios cervos, entre outras manifestacións.
  • Outeiro das Ventaniñas presenta os gravados máis sinxelos desta área e representan varias formacións circulares.
  • Fonte da Pena Furada conta con varias pedras con gravados de cervos e círculos concéntricos. De especial importancia é o cervo hastado ao que se lle ten representado a boca e mailos ollos no mesmo plano.
  • Outeiro da Pena Furada é o único conxunto deste ámbito que conta con figuras labirínticas e na súa proximidade hai outros gravados.
  • Laxe dos Cabalos consta de varias pedras gravadas con figuras de cervos e combinacións circulares. Salienta a que dá orixe á zona e que está formada por dous cabalos con cadanseus xinetes, dando a impresión de que están a disputar unha carreira.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Parque Arqueolóxico Da Arte Rupestre HistoriaParque Arqueolóxico Da Arte Rupestre Características do parqueParque Arqueolóxico Da Arte Rupestre Os petróglifosParque Arqueolóxico Da Arte Rupestre NotasParque Arqueolóxico Da Arte Rupestre Véxase taménParque Arqueolóxico Da Arte RupestreCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Distributivo-temporalTranslocase da membrana internaPobo xudeuMarylandKiribatiIsambard Kingdom BrunelRubén RiveraVocalización das avesAprendizaxe en liñaReconquista de VigoOpisthocomiformesCitharus linguatulaShin ChanHalmstadAnfipáticoCinema pornográficoAnxo (cristianismo)Aeroporto de Berlín-TegelÁcido nonadecanoicoPosicións sexuaisHibernia (personificación)Xosé Ramón GayosoLogaritmoCorpo cetónicoMelanie GriffithLesotoCarmen Rodríguez DacostaCúpulaRenacemento carolinxioAgora RepúblicasNoitevellaAustraliaAeroporto de Beauvais-TilléDune (filme de 2021)BisexualidadePaís VascoToni AcostaCrónica troianaLarry BirdBoeing 767GuepardoFinancial TimesCaviarLophiiformesTeixugoGallus gallus domesticusIsabella BirdAmieiroGuamLuísa VillaltaWikipedia en waray-warayMarcello BertinettiAletaHaile GebrselassieCopia por contactoContratoGaravanzoHuniContactorDaniel RicciardoDobre hélice de ácidos nucleicosPristiophoridaeHistoria da filosofía occidentalBeadeMax VerstappenNicho ecolóxicoPierre GaslyÁcido pentacosílicoBenz Patent-MotorwagenCinque TerreRibocimaTroitaMasideJulián MuñozEscualenoGalipediaPietro Badoglio🡆 More