O Inicio Do Século Xx Dende Galicia

O amencer do século XX en Galiza, aínda que se iniciase coa folga xeral de 1900, semellaba achegar unha nova época de progreso.

Introdución

O século XX era -segundo Crouzet- a imaxe dun pobo próspero, aberto, no cal as barreiras de toda clase se reducen ó mínimo, no cal circulan libremente os homes e mercancías, capitais, ideas; no cal a produción e o comercio acadan o nivel máis alto da historia da humanidade

A pesar disto, segue Crouzet, esta República da Utopía está moi lonxe de ser todo o mundo, nin tan sequera toda Europa, trátase soamente da Europa dominante.

Cando a I guerra mundial sacode o mundo, a paz de Versalles trocou o mapa de Europa e deu satisfacción ás nacionalidades asoballadas polos grandes imperios europeos. Houbo no mundo un respiro de esperanza para os pobos débiles politicamente, e tamén as nacionalidades hispánicas volveron entre si e trataron de revaloriza-las súas culturas. Galicia non podía ficar atrás naquel movemento nacionalista, con tanta máis razón canto que fora un galego, Alfredo Brañas, quen primeiro elaborara as ideas rexionalistas

A Revolución Rusa supuxo o triunfo do proletariado e obrigou ós intelectuais a tomar posición. Así o comenta Florentino López Cuevillas:

Cando a loita semellaba acabar, aló na afastada Rusia, que nós admirábamos tanto pola súa literatura, o seu orientalismo e o seu cristianismo evanxélico, xurdiu como unha ameaza a pantasma da revolución social [...] E foi entón cando nós, coma os máis, tivemos conciencia dun perigo que ameazaba non soamente as nosas ideas de liberdade pública, senón tamén a nosa liberdade individual; pois o comunismo estatista, ó xeito ruso, que bote por terra as fortes torres dos donos da industria e os donos da terra, non é de supoñer que faga moito aprecio das nosas pobres torres de marfil. E diante do espectáculo dunha Moscova co traballo obrigatorio nas fábricas, coa ciencia oficial levada ós últimos extremos `...pousamos o himation dos gregos, o albornoz dos árabes, [...] e vestindo a chaqueta demos en ollar afincadamente arredor de nós, e así estamos, e así estou.

A fin da guerra do 14, supuxo o nacemento de moitas nacións independentes. Este feito supuxo para Galiza un pulo anovador- comenta Ramón Piñeiro- que se foi condensando en tres focos principais de actividades: o foco ourensán-pontevedrés, que deu orixe á revista Nós, o foco coruñés, que deu orixe as Irmandades da Fala, e o foco compostelán [...] que deu orixe á creación do Seminario de Estudos Galegos

As mudanzas agrarias

O Inicio Do Século Xx Dende Galicia 
A Nosa Terra foi o voceiro de Solidaridad Gallega, partido agrarista que buscaba a redención foral.
Poboación activa en Galiza[Cómpre referencia]
Ano Residencia urbana Sector primario Industria Servizos
1900 9,9 % 85,9 % 5,9 % 8,1 %
1930 13,5 % 65,3 % 14,7 % 20 %

As melloras técnicas agrícolas e a redención foral, a cal se realizou sobre todo no período 1918/1923, van modificar notabelmente a sociedade galega do primeiro terzo do século XX.

A industria conserveira

A partir de 1880 vaise instalando unha importante industria conserveira nas rías galegas, e no ano 1907 temos localizadas fábricas conserveiras en Vigo, Pontevedra, Arousa, Noia, Corcubión, o golfo Artabro, Ortigueira, Viveiro e Ribadeo.

Notas


O Inicio Do Século Xx Dende Galicia 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

O Inicio Do Século Xx Dende Galicia IntroduciónO Inicio Do Século Xx Dende Galicia As mudanzas agrariasO Inicio Do Século Xx Dende Galicia A industria conserveiraO Inicio Do Século Xx Dende Galicia NotasO Inicio Do Século Xx Dende GaliciaGalicia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O CarballiñoCarralFrancisco PazosDía das Letras GalegasPoboA Pobra do CaramiñalTamara CanosaAterínidosFala de EstremaduraReal Federación Española de FútbolCentauroA EstradaOvidio RodeiroHannah ArendtEdward John SmithZendayaSuízaCándido Conde-Pumpido VarelaEl laberinto del faunoSelección de fútbol de GaliciaRefraneiro galego sobre o viñoMoucho comúnNacho CastañoFrancisco Porto MellaFalange EspañolaO porco de péBerrogüettoSobreiraAntón FraguasRoberto Vidal BolañoZakat al-FitrPosición aconchegadaAntónio de Oliveira SalazarMarie CurieCouselo (planta)ApóutegaAldaoladoMarçal MolinéCatedral de Santiago de CompostelaPirámide de necesidades de MaslowHistoria dos eslavos do surDaniel BasteiroJorge LorenzoJosé Antonio Primo de RiveraRosario Porto OrtegaÁrbores senlleiras de GaliciaLiga Feminina de BaloncestoEva MejutoTonhito de PoiBala (grupo musical)WikipediaApp Store (iOS)Paradigmas dos verbos irregulares galegosManuel LourenzoPorto, PortugalDepartamento de ApurímacPosicións sexuaisFernando Suárez BarciaRedondelaEsther F. CarrodeguasMediaWikiFran AlonsoGrupo NósAna Belén FortesEstragónEduardo Valencia FernándezHerba de namorarTito VilanovaDavid SilvaAndrés PajaresMasturbaciónLingua casteláCruceiroCLIP (inmunopéptido)Xabier FortesXurelo🡆 More