Neorrenacemento

O Neorrenacemento ou Neorrenacentismo é unha das correntes principais da arquitectura historicista xurdida no século XIX.

Aínda que o estilo se manifestou principalmente na arquitectura, tamén influíu nas artes decorativas. Como indica o seu nome, o estilo retomaba as formas arquitectónicas e decorativas do Renacemento europeo dos séculos XV, XVI e principios do XVII.

Neorrenacemento
Concello de Hamburgo, (Alemaña), edificio neorrenacentista alemán, construído entre 1884 e 1887.

A arquitectura renacentista orixinal caracterizouse por unha gran variedade de formas dependendo da época e do país. De xeito similar, a arquitectura neorrenacentista tivo diversas vertentes con diferentes características nacionais e rexionais, dependendo de que as fontes de inspiración foran o renacemento italiano, francés, xermánico, inglés, ou outro. Debido a iso é difícil definir características comúns do estilo, podéndose considerar que existen varios estilos neorrenacentistas.

Outro factor importante é que, frecuentemente, os proxectos mesturaban elementos da arquitectura neorrenacentista como o neogótico, o neoclasicismo e o neobarroco, dando uns edificios eclécticos. Deste xeito, obras importantes como a Ópera Garnier (1861-74) de París e a Semperoper (1871-78) de Dresden son unha mestura de renacemento, barroco e neoclasicismo.

Algúns dos modelos máis comúns para a arquitectura neorrenascentista foron os palazzi renacentistas italianos, como o Palazzo Pitti de Florencia e o Palazzo Farnese de Roma. Na vertente francesa os modelos foron os châteaux, como o Château de Chambord e o Château de Blois, localizados no val do río Loira. En Alemaña e o norte de Europa varias prefecturas (Rathäuser) e pazos dos séculos XVI e XVII serviron de modelo, mentres que en Inglaterra os modelos comunmente usados foron as casas de campo e pazos do período isabelino.

Os dous estilos principais son o estilo italianizante e o estilo Segundo Imperio, este último principalmente en Francia cando están presentes características barrocas. Desenvolveuse sobre todo en Alemaña e Dinamarca, saltando a finais do século aos Estados Unidos.

Galería

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Arquitectura historicistaRenacementoSéculo XIXSéculo XVSéculo XVISéculo XVII

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xoán XardónAlegoríaLista de nomes femininos en galegoGreciaHard GZProxyCopa do SarAlfonso Basterra CamporroHistoria do cinema de GaliciaMaría JamardoEva MejutoRamón CamposRosario Porto OrtegaIrmandiñosDaniel BasteiroBandeira de GaliciaAntón Losada TrabadaNeptunoXosé Manuel BlancoJohann Sebastian BachLuciano PavarottiFeixónCastro de ViladongaClaudio GiráldezTesouro RedfieldXosé Luís BernalMúsica tradicional galegaJorge PeteiroCacheiras, TeoFran AlonsoLuís García MañáCentral Unitaria de TraballadoresIñaki de Juana ChaosEstañoBloque Nacionalista GalegoVigoCSSMaría RamalloTeoPascual VeigaProvincia da CoruñaConcellos de GaliciaAlberto FortesCandidatura d'Unitat PopularGalería de imaxes de arañas de GaliciaLaura Gómez-LacuevaLista de programas de Televisión EspañolaSara Vila AlonsoVento feridoUnión EuropeaO divino saineteTito AsoreyO val escuroPeter FondaBatalla de LepantoXaxún no islamJimmy PageBipartito galegoCortegazas, Cortegazas, AviónMartin Luther KingCristiano Ronaldo163Cangas, Cangas, CangasCarlos Blanco VilaMAustraliaBiscaiaCélula pancreática acinarWikipediaMesopotamiaADP-ribosilaciónMarta Mariño RegueiroRúa Xeneral Gutiérrez Mellado (Pontevedra)EuropaBubelaXabier Díaz🡆 More