Narcisismo

O narcisismo é o amor excesivo cara a un mesmo, que fai que o orgullo cegue a valoración real e desprece aos demais.

Foi catalogado como unha enfermidade mental, malia que en pouca proporción é un trazo da personalidade de todos os individuos. Forma parte da chamada tríada escura.

Etimoloxía

A palabra provén do personaxe mitolóxico de Narciso, un mozo moi belo e insensíbel ao amor das mulleres que morreu ao afogarse, admirando o seu propio reflexo nunha fonte. Metamorfoseouse na flor do mesmo nome.

Características

A persoa narcisista ten un autoconcepto equivocado dela mesma, que lle provoca unha carencia de empatía co resto, posto que se considera superior ou máis importante e en consecuencia non presta a atención debida aos outros. Presenta unha hipersensibilidade ás críticas, que sempre considera infundadas ou froito da envexa e valora as relacións sociais segundo o grao de recoñecemento que fagan da súa valía. O narcisista non sofre remorsos ou vergoña cando actúa mal, posto que sempre atopa xustificación para as súas accións e a miúdo demostra o seu egoísmo con palabras ou actos.

Tipos de narcisismos

Varios estudosos clasificaron os tipos de comportamento narcisista. En primeiro lugar hai que distinguir entre o narcisista exhibicionista ou clásico e o narcisista introvertido, que busca constantemente a aprobación allea sen expresalo porque considera que a merece e que se relaciona fortemente co complexo de inferioridade. Segundo Theodore Millon tamén hai que diferenciar se a persoa presenta ou non trazos paranoicos. O momento onde se desenvolve o trastorno tamén afecta á súa clasificación: a maioría de narcisismos xorden durante a nenez ou a adolescencia, cando se forxa o carácter, pero hai un tipo que está ligado ao suposto éxito na vida e que aparece en persoas de mediana idade de boa posición económica, que se vanten xustamente do status adquirido. Por último, cando o narcisismo non se aplica só a un individuo senón a un grupo (un etnocentrismo esaxerado) denomínase narcisismo colectivo e está na súa orixe de varias formas de discriminación social, como o racismo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Narcisismo EtimoloxíaNarcisismo CaracterísticasNarcisismo Tipos de narcisismosNarcisismo NotasNarcisismo Véxase taménNarcisismoAmorEnfermidade mental

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Álex FidalgoJosé Pérez-Ardá2003QEDExaculaciónA EstradaRosa LuxemburgRepública Social ItalianaVíctor DupláIslamArvo PärtEscáncerAutoritarismoSikhOviedoTratado internacionalManuel MongeVilagarcía de ArousaXúpiterLuís Pérez BarralBrad PittDragon Ball ZEnid BlytonStellantisTerceira InternacionalLucía VeigaLuísa VillaltaAnggunBucetaArturo Fernández (xornalista)Hermann Heinrich GossenBurocraciaLucas TorreiraHototogisuReino de GaliciaGrupo EroskiElectronic Numerical Integrator And ComputerÁngel RodalSegar's RollCopia por contactoAmancio López Seijas2004García Pardiñas Vilar de FrancosPierre Simon LaplacePrimeira guerra mundialOs ÁnxelesEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Benito SotoDiscoverer EnterpriseLionel MessiRío ObiRepública Popular da ChinaEl tiempo entre costuras (serie de televisión)ProciónidosLibertarioPartido Comunista ItalianoBob MarleyGerardo Pardo de VeraLas Torres de CotillasGina RodriguezXacio9 de abrilSanta CombaWilliam Marks SimpsonCarqueixaDitadura do proletariadoAristocraciaIndependentismoMichelle ObamaEstados Unidos de AméricaIlyushin Il-76ComunismoBorja Fernández Fernández (1981)🡆 More