Empatía

A empatía (do grego εμπαθεια, formado εν, no interior de, e πάθoς, sufrimento, o que sofre) é a capacidade cognitiva de percibir nun contexto común o que outro individuo poida sentir.

Tamén é o sentimento de participación afectiva dunha persoa na realidade que afecta a outra.

Empatía
A maioría dos seres humanos, dende a nenez están dotados de empatía, sobre todo fronte á dor física ou moral experimentada por outra.

Algúns estudos sinalan a existencia de trazos afíns á empatía nalgúns animais non humanos, como por exemplo os roedores ou outros primates. Neste sentido, poderíase confirmar o argumento de que a orixe da empatía se sitúa en mecanismos neuronais básicos desenvolvidos ao longo da evolución.

Hipóteses e suposicións

Certas correntes de pensamento psicolóxico postulan que a mente humana ten en común sensacións e sentimentos. A única diferenza entre dúas persoas é o momento no que se mostran eses sentimentos, provocando emocións que motivan a actuar. Que unha persoa non sinta igual que outra nun momento dado, é por razóns educativas, predisposición xenética e condicionantes hormonais. Por iso, a empatía é posible nun individuo capaz de razoar sobre si mesmo, avaliar os seus sentimentos e razoar sobre outras persoas de forma que non tenda a xustificar os seus propios desexos.

Tamén parece ser que a empatía desempeña un papel significativo na teoría de xogos e na vida económica:

Só a través da imaxinación podemos concibir as súas sensacións (as do noso irmán) (...) son as impresións dos nosos propios sentidos e non a dos seus o que a nosa imaxinación copia.
Adam Smith, 1759.

Parece ser que a capacidade de empatizar non é soamente importante para a observación dunha conduta moral ou social, senón paralelamente tamén para experimentar sentimentos como a envexa, o odio, guerras relixiosas etc.

Por outra banda, observouse que un determinado tipo de neuronas, as neuronas espello, só se activan cando o mesmo acto que realiza un primate o efectúa outro que é observado polo primeiro. Nos humanos actívase a mesma área cerebral, no curso dunha emoción, ao observar a outra persoa no mesmo estado emocional. Verificouse tamén experimentalmente que a empatía é maior entre persoas de idéntico sexo, raza ou idade, e que o grao de empatía é moi variable dunha persoa a outra. Polo tanto, a empatía parece ser un importante factor de cohesión social e é unha vantaxe evolutiva desenvolvida por selección natural.

Ademais, parece ser que esta capacidade se incrementa máis facilmente nos que padeceron problemas afectivos, con pais que se ocuparon deles, e que viviron nun ambiente no que foron aceptados e comprendidos, é dicir, cando as necesidades afectivas e emocionais estiveron totalmente cubertas desde os primeiros anos de vida.

Polo tanto, a empatía describe a capacidade intelectiva dunha persoa de vivenciar a maneira na que se sente outra persoa; porteriormente, iso pode levar a unha mellor comprensión do seu comportamento ou da forma de tomar as súas decisións. É a habilidade para entender as necesidades, sentimentos e problemas dos demais, poñéndose no seu lugar, e responder correctamente ás súas reaccións emocionais. Os estudos afirman e demostran que esta capacidade cognitiva se dá maiormente no xénero feminino da especie humana, quizais polo feito biolóxico de ter fillos e coidalos.

No uso común, é a capacidade de estar completamente dispoñible para outra persoa, omitindo expresar as nosas propias preocupacións, sentimentos e pensamentos, para ofrecerlle a nosa plena atención. Trátase de ofrecer unha relación de calidade, fundada nun escoitar non valorativo, no cal concentramos a comprensión dos sentimentos e necesidades fundamentais do outro.

Calidade adquirida

Algúns investigadores adicados ao estudo da empatía infantil propuxeron que esta calidade, a capacidade de comprender os sentimentos alleos, é adquirida. Demostrouse que os nenos vítimas de abusos non responden con empatía ante a aflición doutros nenos, mentres que un neno que tivo as necesidades emocionais ben atendidas é máis sensible ás emocións alleas.

Diferenzas en función do xénero

Hoffman (1977) estudou o fenómeno e concluíu que a empatía é máis relevante nas mulleres que nos homes. Posiblemente isto teña moito que ver coa educación diferencial entre nenos e nenas.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cf. Frans B. M. de Waal, «La empatía en los animales», Mente y Cerebro 38, 2009, pp. 20–27.
  • Un dos exemplos ambivalentes da empatía ilústrase xa na historia de Caín e Abel, onde realmente parece ser que certas complexas emocións "sociais" como, por exemplo, a envexa e o odio, son posibles grazas á capacidade de empatizar (véxase Frith & Blakemore 2004).
  • Pablo Herreros: "El chimpacé que ayudó a hablar por primera vez a un niño autista", en El Mundo, 2 de marzo de 2012 (en castelán).
  1. "Empatía durante la infancia y la adolescencia" (www.empathy.se)

Tags:

Empatía Hipóteses e suposiciónsEmpatía Calidade adquiridaEmpatía Diferenzas en función do xéneroEmpatía Véxase taménEmpatíaLingua grega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Oriente MedioVila de CrucesTolosa, FranciaNoora RätyJosé Luís Valladares FernándezPazo de XelmírezJuan Sebastián ElcanoYoshito UsuiXunta de Galicia de 2005VacalouraAbrilIndonesiaLugares do SaviñaoDinamarcaLondresParlamento de GaliciaRede Natura 2000Mario ObreroPascual VeigaNefertitiRefraneiro galego sobre o mes de maioTu cara me suenaJuan Luis GuerraAmorodoAntracitaSan Cristovo de Regodeigón, RibadaviaLuis Alberto Romero AlconchelBamboleo (programa)Manuel ComesañaYouTubeMexacánSylvester StalloneTsakhiagiin ElbegdorjAlberto BlancoDenzel WashingtonDavid BisbalRedondelaFernando Salgado GarcíaJorge TuñasGerardo Lorenzo GonzálezXosé MonteagudoFelipe Senén LópezO. J. SimpsonRaposoXosé Manuel BeirasRamón MáizBritney SpearsMahatma GandhiSara Vila AlonsoAlberto Núñez FeijóoIránAnxo PintosMyanmarProteínaCelanovaXibaJean-Claude Van DammeSociedade de responsabilidade limitadaRaquel Sánchez-SilvaCambreEstadio Nuevo MirandillaXacioÉmile ZolaNegreiraVicente RiscoArnold SchwarzeneggerHomo sapiens sapiensMao Tse TungAnniina KaitalaNoelia ReyArroazRoi CasalAurora Sampedro PiñeiroGalería de imaxes de arañas de GaliciaSegunda guerra mundial🡆 More