Monte Logan

O monte Logan é o monte máis alto do Canadá e o segundo máis alto de Norteamérica despois do Denali.

O monte recibe o seu nome por Sir William Edmond Logan, xeólogo canadense, fundador do Geological Survey of Canada (GSC). O monte Logan está situado na Reserva do Parque Nacional Kluane no suroeste de Yukon, menos de 40 km ao norte da fronteira entre Yukon e Alasca. No monte sitúanse os glaciares Hubbard e Logan. Crese que o Logan é a montaña non volcánica de maior circunferencia da Terra.

Monte Logan

Debido á actividade tectónica de levantamento, o monte Logan aínda continúa a aumentar a súa altura. Antes de 1992, a altura exacta do monte era descoñecida, e as medidas estaban entre 5959 e 6050 m. En maio de 1992, unha expedición da GSC subiu ao monte e fixou a altura en 5959 m empregando o GPS.

As temperaturas no monte Logan e as súas proximidades son extremadamente baixas, chegando a -45 °C no inverno e tendo unha temperatura mediana no verán de -27 °C. O 26 de maio de 1991 rexistrouse unha temperatura non oficial de -77,5 °C.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Monte Logan NotasMonte Logan Véxase taménMonte LoganAlascaCanadáDenaliNorteaméricaXeoloxíaYukon

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de palabras galegas de orixe celtaBaby ReindeerManuel MaríaVila Nova de CerveiraAna María Fernández MartínezLisboaAs aves na cultura popular galegaConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesIbn al-AbbarInglaterraCamilo Díaz BaliñoAC-211Peer-to-peerFingeringPosición do misioneiro2015Paulino PereiroPalmaRoberto BautistaAccidente de ChernóbilEstadio de TammelaTonhito de PoiDelfínJacinto BenaventeBucetaHLA-DMFermin MuguruzaBenito KamelasImmanuel KantRusiaNacionalismo galegoAdolf HitlerGonzalo Louzao2003ArantzaJuan Jacobo Durán LorigaMúsica tradicional galegaShōgunVento feridoOs adverbios galegosLugoXabier FortesSan PetersburgoPornografíaEduardo IndaGabriel AlénNational Portrait GalleryCarlos CasaresLino LópezRibeiraA CoruñaDaniel BasteiroRastroO PorriñoPaparazziIndiaAWStatsLista de nomes masculinos en galegoFrancisco Porto MellaSerés, Serés, CastroverdeHindemburg Melão Jr.Lista das aves de GaliciaXeración do 36País Vasco (rexión histórica)Lista de estacións de tren de GaliciaLaurent CantetLavandaHelsingin JalkapalloklubiO Barco de ValdeorrasProvincias de EspañaAntonio López FerreiroVangardasBipartito galegoAmaia Martínez GrisaleñaConvento do Carme de Padrón🡆 More