Monoacilglicérido

Un monoacilglicérido, tamén denominado monoacilglicerol ou monoglicérido, é un lípido do grupo dos acilglicéridos formado por unha molécula de glicerol (tamén chamado propanotriol ou glicerina) que leva esterificado un ácido graxo nun dos seus grupos OH ; os outros dous grupos OH quedan libres.

Monoacilglicérido
Estrutura química xeral dun 1-monoacilglicérido.
Monoacilglicérido
Estrutura química xeral dun 2-monoacilglicérido.

Os monoacilglicéridos poden dividirse en dous grupos: 1-monoacilglicéridos, co ácido graxo esterificado no carbono 1, e 2-monoacilglicéridos, co ácido graxo esterificado no carbono 2. Como a molécula é simétrica non hai 3-monoacilglicéridos, xa que serían iguais aos 1-monoacilglicéridos.

Os monoacilglicéridos poden formarse tanto por procesos químicos industriais coma biolóxicos. Orixínanse biolóxicamente ao liberarse dos diacilglicéridos en reacción catalizada pola diacilglicerol lipase. Os monoacilglicéridos son degradados polo encima monoacilglicerol lipase.

Os mono- e diacilglicéridos engádense con frecuencia aos alimentos industriais en pequenas cantidades, nos que actúan como emulsionantes, que axudan a que se mesturen ben os ingredientes do alimento, como aceites e auga, por exemplo Tamén se usan ás veces en produtos cosméticos e farmacéuticos. A fonte comercial destes produtos pode ser animal (derivados vacúns ou porcinos) ou vexetais e ás veces sintética. Poden atoparse en produtos de panadaría, bebidas, xeado, goma de mascar, graxa alimentaria, nata montada, margarina , e produtos de confeitaría. Cando se usan en produtos de panadaría, os monoacilglicéridos aumentan o volume da barra de pan, e crean un miolo do pan mol e suave.

Un monoacilglicérido especial é o 2-araquidonoílglicerol, que é un agonista dos receptores cannabinoides. Outro importante monoacilglicérido é o 2-oleoílglicerol, que é agonista do receptor GPR119.

Cando un monoacilglicérido leva esterificado un fosfato no glicerol, a molécula chámase ácido lisofosfatídico.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

AcilglicéridoGlicerolGrupo OHLípidoÁcido graxoÉster

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Prefectura de ShizuokaCasa de AndradeCharlie ChaplinDos arquivos do trasnoT6VacaQueen e SlimPontedeumeTeixoA Star Is Born (filme de 2018)VirulenciaCercedaFerreiriño abelleiroXosé Luís Franco GrandeJuan Carlos Rodríguez CebriánA BañaAbel CaballeroSProvincia de OurenseMelideJosé Manuel Rey de VianaArañasCandorcaMatrimonio entre persoas do mesmo sexoDepartamentos de ColombiaOurenseAlba ManceboPaíses BaixosDornelas, MosFreixoCarballo comúnEleccións municipais en San Cibrao das ViñasXosé Luís BaltarO reino medieval de Galicia na historiografíaLorbé, Dexo, OleirosPosición do misioneiro invertidaO Cuco de VelleGheadaMiniProvincia da CoruñaMiñato comúnFauna de GaliciaNocelloMoldaviaOs ÁnxelesAlcaldes da CoruñaAlfabeto galego77Carlos SedesPremio Antón Losada DiéguezLuísa VillaltaTorrent, ValenciaAlbaniaMaría Galiana25Francisco Fernández del RiegoHidrografía de GaliciaLThe Notebook (filme)Adrián CastiñeirasPenínsula do BarbanzaCulleredoLa Voz de GaliciaLuis Miguel del AmargueCalendario hebreoCarmen ReyDavid PerdomoMúsica tradicional galegaIván Puentes RiveraLista de nomes masculinos en galegoJosé Yáñez GarcíaAlmorzoNarón🡆 More