Miryam Amaya: Activista LGBTI española

Miryam Amaya Jiménez, nada en Logroño en 1959, é unha performer e activista LGBTI xitana española.

Infotaula de personaMiryam Amaya
Miryam Amaya: Traxectoria, Recoñecementos, Notas
(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Logroño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista dos dereitos transxénero , intérprete Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Primeiros anos

Naceu nunha corte en Logroño, xa que a súa nai estaba a coidar as eguas cando se puxo de parto. A súa familia aceptou desde o principio a súa disidencia de sexo, polo que se sentiu moi apoiada. Creceu en Barcelona, cidade en comezou a hormonarse con 13 anos, xa que lle resultou fácil conseguir hormonas sen receita médica. Malia estudar Debuxo Lineal nunca exerceu a profesión, xa que se dedicou ao mundo do espectáculo e á prostitución. Foi Miss Travesti Barcelona durante varias edicións seguidas.

Actuou xunto a Sara Montiel e coñeceu a Pedro Almodóvar e a outras figuras da Movida madrileña até que un mal diagnóstico lle fixo perder a visión no ollo dereito. Durante un tempo consumiu estupefacientes, mais conseguiu abandonalos coa axuda da súa familia. Case todas as súas amigas trans desa etapa non sobreviviron.

Activismo

Desde moi nova foi consciente da necesidade de loitar polos seus dereitos como muller trans e xitana e tivo que lidar coa represión franquista. Estivo detida en varias ocasións en comisarías onde foi obxecto de malos tratos e humillacións.

Participou na organización da primeira manifestación do orgullo gai de Barcelona de 1977, a primeira polos dereitos LGTB no Estado Español.

Exerce o seu activismo para axudar a mulleres en situacións de vulnerabilidade desde colectivos como Somos LGTB+ de Aragón, OMSida ou o Centro Alba. Realiza actuacións e imparte charlas sobre a súa experiencias. Así mesmo, denuncia as dificultades das persoas trans para conseguiren un traballo digno que lles proporcione no futuro unha pensión contributiva, e tamén para que teñan os mesmos dereitos que o resto da cidadanía. Dirixe o grupo de espectáculo sen ánimo de lucro The Babylons no barrio de El Gancho de Zaragoza.

No seu libro La doble transición (2019) o xornalista Raúl Solís Galván recolle a vida de Amaya xunto á doutras oito mulleres transexuais que conquistaron liberdades e dereitos no Estado español. O libro está Wiki Galegoprologado por Mónica Oltra.

Ese mesmo ano foi protagonista, xunto a Montse González e Marcela Rodríguez, do acto que tivo lugar o 20 de novembro con motivo do Día Internacional da Memoria Transexual. Foi organizado polo Parlamento de Canarias, a Secretaría de Estado de Igualdade de Trato e Diversidade, a vice consellería de Igualdade e Diversidade do Goberno das Canarias e a Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB).

En 2019 foi convidada xunto a Kike Poveda e Quim Roqueta ao acto organizado pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB) para conmemorar o 1 de decembro, Día Mundial da Loita contra a SIDA. Baixo o lema «Maiores Sen Armarios: Historia, Loita e Memoria!», incidiuse na esixencia da Federación ás CC.AA. de garantiren o acceso das persoas maiores con VIH aos centros residenciais.

É coprotagonista do documental Ellas (2020) de Atresplayer sobre a vida de cinco mulleres trans, xunto a Alex Saint, Lola Rodríguez, Carmen García de Merlo e a condutora do documental Valeria Vegas. Dirixido por Pilar Monsell, as protagonistas falan nunha merenda no campo sobre a súa vida cotiá, os seus logros e os seus problemas e loitas como mulleres trans.

Foi unha das mulleres referentes que encabezaron a pancarta da manifestación do Día Internacional do Orgullo de 2020, que se celebrou de xeito virtual debido á pandemia de COVID-19. Baixo o lema «Sororidad y feminismo para TRANSformar. Mujeres lesbianas, trans y bisexuales en acción! Por las más vulnerables», foi organizada pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB), COGAM e o Colectivo LGTB+ de Madrid.

Recoñecementos

  • A Federación Española de Lesbianas, Gais Transexuais e Bisexuais (FELGTB) entregoulle o Premio Plumas 2020 polo seu activismo na defensa e visibilidade do colectivo LGTBI a raíz do labor que realizou en Zaragoza dende marzo de 2020, para que decenas de mulleres trans traballadoras sexuais tivesen soporte económico, asistencia social e de vivenda, e comunicación coas súas familias. A gala celebrouse de xeito online debido á pandemia de COVID-19.
  • En 2020 o goberno municipal de Cartaxena lembrouna nos actos de conmemoración do Día do Orgullo dese ano.

Notas

Tags:

Miryam Amaya TraxectoriaMiryam Amaya RecoñecementosMiryam Amaya NotasMiryam Amaya1959ActivismoEspañaLGBTILogroñoXitana

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CachenaQuintaO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoÁreas lingüísticas do galegoNúmero e1994Marga PazosBodeng sarUTeatroHomosexualidadeCharles BronsonXenebra, SuízaCastiñeiroLista de xentilicios de concellos galegosAlfonso Basterra CamporroRelación sexual humanaMar TirrenoResistencia (libro)Xosé Manuel PiñeiroTelevisión de GaliciaJesús Vázquez AlmuíñaArcos de ValdevezEuromillónsDigital object identifierChatGPTAtol FangataufaBaionaLista de pseudónimos e sobrenomes galegosRonnie ThompkinsFerrolCVincent van GoghMarge SimpsonRexurdimentoRamón Pardo AriasGazpachoFirefly Lane2Parroquias de GaliciaOs outros feirantesElvis PresleyCatión de amonio cuaternarioMicrosoftOuroFerreiriño abelleiroVacaISBNOsloManuel MaríaDiego AnidoIrene GonzálezRuxe RuxeArandoLípidoSeoO porco de péO incerto señor Don HamletPneumáticoLugoCarballo común1978Eva CárdenasFrancisco Pérez DuránThe ArtistMitoloxía galegaHeorhiy NarbutManuel CabezasOXinzo de LimiaCondón🡆 More