Miguel De La Quadra-Salcedo

Miguel de la Quadra-Salcedo y Gayarre, nado en Madrid o 30 de abril de 1932, e finado ibídem o 20 de maio de 2016, foi un reporteiro, promotor cultural e atleta español, especializado nas probas de lanzamento.

Fundou e dirixiu o programa de estudos e aventuras Aventura 92, posteriormente coñecido como Ruta Quetzal. Aínda sendo madrileño de nacemento, el sempre se recoñeceu como vasco-navarro.

Infotaula de personaMiguel de la Quadra-Salcedo
Miguel De La Quadra-Salcedo
Quadra-Salcedo no 2014.
Biografía
Nacemento(es) Miguel de la Quadra-Salcedo Gayarre Editar o valor em Wikidata
30 de abril de 1932
Madrid, España España
Morte20 de maio de 2016 (84 anos)
Madrid, España España
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura180 cm Editar o valor em Wikidata
Peso90 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo e deporte Editar o valor em Wikidata
OcupaciónReporteiro de TVE, atleta de lanzamento de disco, peso e martelo e director da Ruta Quetzal.
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaLanzamento de disco Editar o valor em Wikidata
Participou en
1960Xogos Olímpicos de 1960 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarisol de Asumendi
FillosRodrigo, Sol e Íñigo
PaiEstanislao de La Quadra-Salcedo y Arrieta-Mascarúa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAna María de La Quadra-Salcedo y Gayarre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesTomás de la Quadra-Salcedo (pt) Traducir (curmán entregue) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1407677 IAAF: 14553774 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Fillo primoxénito dos seis que tivo o matrimonio formado por Estanislao de la Quadra-Salcedo y Arrieta-Mascarúa (1908-1938) e María Gayarre Galbete, era curmán de Tomás de la Quadra-Salcedo, así como de José Javier de la Quadra-Salcedo y Miranda, marqués de los Castillejos. Sendo neno, ós 5 anos, os seus pais trasladáronse a vivir a Pamplona, a capital navarra.

Deportista

Estudou a carreira de perito agrícola, pero salientou máis como atleta. Formou parte da Sección de Atletismo do Real Madrid C.F. e conseguiu un total de nove campionatos de España: seis en disco, dous en peso e un en lanzamento de martelo, ademais de varias plusmarcas nacionais en lanzamento de martelo e disco. Tamén participou nos Xogos Olímpicos de 1960, representando a España.

Bateu a plusmarca mundial de xavelina cunha técnica adaptada por Félix Erausquin, a do lanzamento de barra vasca. Por mor da perigosidade que ofrecía esta técnica para lanzadores inexpertos, a IAAF viuse na obriga de modificar o regulamento por dúas veces, incluíndo nas regras que nin o lanzador nin a xavelina podían estar orientados en ningún intre do lanzamento de costas á zona de lanzamento. Esta marca non se homologou malia ser anterior á modificación do regulamento.

Reporteiro

Dende 1961 até 1963, traballou como etnobotánico na selva do río Amazonas a soldo do Goberno colombiano. De volta en España foi contratado por Televisión Española (TVE) como reporteiro. No seu primeiro traballo tivo que cubrir a información da crise da República Democrática do Congo, onde estivo a piques de morrer (fora condenado a morte) por rodar o fusilamento de 300 prisioneiros.

Como correspondente de TVE cubriu a guerra de Vietnam e o golpe de estado do 11 de setembro de 1973 en Chile, perpetrado polo xeneral Augusto Pinochet, entre outros moitos acontecementos. Ó longo da súa carreira profesional tivo ocasión de entrevistar a moitas personalidades relevantes do século XX coma o Dalai Lama, Salvador Allende, Indira Gandhi ou Pablo Neruda, entre outros.

Tamén traballou en "La Actualidad Española", formando equipo con Félix Rodríguez de la Fuente e o xornalista César Pérez de Tudela.

Promotor cultural

A súa última iniciativa profesional xurdiu en 1979, cando creou o programa "Aventura 92", despois chamado Ruta Quetzal que hoxe leva o nome oficial de Ruta BBVA polo seu patrocinador, o banco BBVA. Trátase dun programa que foi declarado de Interese Universal pola Unesco, e que consiste en intercambios entre rapaces de 58 países para poder realizar viaxes de estudo xeográfico, histórico e medioambiental por América Latina. O programa desenvólvese ininterrompidamente dende 1979 e reúne cada xuño e xullo, durante 45 días, a mozos e mozas de 16 e 17 anos nunha viaxe de ida e volta entre América Latina e España.

Traxectoria en TV

Miguel De La Quadra-Salcedo 
Miguel de la Quadra-Salcedo en León durante a Ruta Quetzal de 2010.
  • A toda plana (1965-1967)
  • Aventura (1969)
  • El mundo en acción (1973-1978)
  • Los reporteros (1974-1976)
  • Españoles en el Pacífico (1980)
  • A la caza del tesoro (1984)
  • Aventura 92 (1988-1992)
  • Ruta Quetzal (1993-2016)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Noticias Genealógicas sobre los P. de Rivera y los Salcedo y varios de sus ascendientes y descendientes por líneas paterna y materna, y de otras casas vascongadas", de Antonio Pérez de Azagra, 1943.
  • "La Casa de Salcedo de Aranguren", de Javier Ybarra Bergé.
  • "La Casa de Urrutia de Avellaneda", de J Mª Urrutia y Llano; Bilbao, 1968.
  • "El pájaro de la aventura", Antonio Pérez Henares

Tags:

Miguel De La Quadra-Salcedo TraxectoriaMiguel De La Quadra-Salcedo Traxectoria en TVMiguel De La Quadra-Salcedo NotasMiguel De La Quadra-Salcedo Véxase taménMiguel De La Quadra-Salcedo193220 de maio201630 de abrilIbídemMadridNavarraPaís Vasco

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lois PereiroRenda básica universalLiteratura galegaNacho CastañoLagarto arnalMickey Mouse ClubhouseAguacateVerbos galegos ser, estar e irIntercity, RenfeMartín CodaxBieito (nome)Lingua betawiNuno García PicoChachoReal Academia GalegaPedro RieloAs Pontes de García RodríguezFillas de CassandraPilar AbellaSokramFerroBaionaDores TembrásDavid VillaSabela (Operación Triunfo)NocelloColocación do pronome átono en galegoArcos, Cuntis25 de abrilEstadio Jan BreydelSapo comúnShinovaPink FloydAires da miña terraEsvásticaClub Deportivo ArenteiroO sol do veránA morte na cultura popular galegaMarilar AleixandreLingua casteláValenciaCarlos CasaresToledoSete Sabios da Fraga de BambúFávila (duque)Naguib MahfuzDemocracia OurensanaFelix MendelssohnOrlando BloomLobo20 de setembroApolonio de AtenasTimothée ChalametEstoicismoJoe BidenMarta DacostaXabier DeiveNormativa oficial do galegoDeportivo da CoruñaManuel María Puga PargaAldous HuxleyKarlos ArguiñanoCantabriaAna PeleteiroLingua portuguesaLuis Mateo DíezCantares gallegosCanle (enxeñaría)Teoría de gruposPornografíaGrândola, Vila MorenaSegunda República EspañolaEspaña🡆 More