Miguel I De Romanía

Miguel I de Romanía (Mihai I en romanés), nado en Sinaia o 25 de outubro de 1921 e finado en Aubonne (Suíza) o 5 de decembro de 2017, chamado Príncipe de Hohenzollern, foi un aristócrata romanés e rei e xefe de estado de Romanía en dúas ocasións da primeira metade do século XX.

Reinou coma rei dos romaneses (en romanés Maiestatea Sa Mihai I Regele Românilor) do 20 de xullo de 1927 ao 8 de xuño de 1930, e outra vez do 6 de setembro de 1940 até o 30 de decembro de 1947 cando foi deposto; dende entón viviu no exilio ata que en 1997 se lle permitiu volver a Romanía.

Miguel I de Romanía
Rei de Romanía
Miguel I De Romanía
Miguel I de Romanía.
Rei de Romanía
(Primeiro Mandato)
20 de xullo de 1927 - 8 de xuño de 1930
PredecesorFernando I
SucesorCarlos II
Rei de Romanía
(Segundo Mandato)
6 de setembro de 1940 - 30 de decembro de 1947
PredecesorCarlos II
SucesorMonarquía Abolida

Nacemento25 de outubro de 1921
Sinaia, Romanía Romanía
Falecemento5 de decembro de 2017
Aubonne, Suíza Suíza
Rexente1927-1930:
Nicolao de Romanía
Miron Cristea
Jorge Buzdugan
Cónxuxe/sAna de Borbón-Parma
DescendenciaMargarida de Romanía
Helena de Romanía
Irene de Romanía
Sofía de Romanía
María de Romanía
Casa realCasa de Hohenzollern
ProxenitoresCarlos II
Helena de Grecia

Escudo de Miguel I de Romanía
Na rede
WikiTree: Hohenzollern-Sigmaringen-6 Find a Grave: 185710591 Editar o valor em Wikidata
Miguel I De Romanía
Miguel I de Romanía.

Traxectoria

Primeiros anos

Miguel era fillo do príncipe herdeiro Carlos de Romanía (Carol ao României) e da Princesa Helena de Grecia, e neto do Rei Fernando I de Romanía (Ferdinand ao României), que reinaba para ese entón.

É tataraneto da raíña Vitoria I e primo en terceiro grado da raíña Isabel II, do Rei de España Xoán Carlos I, do rei Carlos XVI Gustavo de Suecia, da raíña Margarida II de Dinamarca, e do rei Haroldo V de Noruega.

Primeiro período de reinado

Cando Carlos foxe coa súa amante Helena Magdalena Lupescu (de ascendencia xudía, máis tarde esposa) é obrigado polo seu pai Fernando I de Romanía a renunciar ao trono do país en xaneiro de 1926 e as autoridades designan como herdeiro a Miguel.

Á morte do seu avó, o 27 de xullo de 1927 e con tan só 6 anos foi proclamado Rei de Romanía, aínda que á fronte do país quedaba un consello de rexencia que o seu avó proclamou no seu testamento póstumo encabezado polo seu tío, o príncipe Nicolao de Romanía e integrado ademais polo Patriarca Miron Cristea e Jorge Buzdugan, Presidente do Tribunal Supremo.

No seu curto primeiro período de reinado e baixo o goberno da rexencia, Romanía continuou experimentado un crecemento económico debido basicamente á exportación do petróleo e recibindo unha grande influencia cultural de Francia. Os efectos da gran crise económica mundial de 1929 tamén afectaron á crecente economía romanesa e a situación social desestabilizouse.

Regreso de Carlos II

En 1930 o seu pai regresou repentinamente ao país na invitación de políticos descontentos coa rexencia, e aproveitando a situación de minoría de idade do seu fillo e a complicada situación política en Europa recuperou o trono o 8 de xuño de 1930 como Carlos II, designando a Miguel como o Príncipe herdeiro.

Nos dez anos que durou o reinado do seu pai (1930 - 1940), Miguel I, de novo príncipe, aproveitou para recibir unha educación adecuada á súa futura responsabilidade. No ámbito internacional Carlos II non puido evitar a caída de Romanía no área de influencia xermano italiana. Dise que como resultado do pacto xermano soviético Ribbentrop - Molotov, Romanía, segundo unha cláusula secreta que ninguén atopou aínda e que parece inventada polos occidentais, perdeu ante a URSS Besarabia (actual República de Moldavia) e Bucovina, que Rusia gañara na guerra contra Turquía e que lle foron arrebatados aproveitando o descontrol da Revolución. No ámbito interno a aparición da Garda de Ferro e a violencia que esta desencadeou entúrbeo a vida social e política romanesa ante a impotencia do rei Carlos II. Ante todo isto o rei abdicou no seu fillo o 5 de setembro de 1940 e fuxiu do país deixando a Miguel I á fronte da monarquía romanesa nun momento moi delicado. Miguel foi coroado rei o 6 de setembro de 1940.

Segundo período de reinado

    Véxase tamén: Romanía durante a segunda guerra mundial.

Con só 19 anos Miguel I accedía ao trono de novo, xusto nun dos momentos de máxima debilidade de Romanía. Este feito foi aproveitado por Hitler e Mussolini para obrigar aos romaneses a ceder o norte de Transilvania ao réxime pro-alemán de Hungría (30 de agosto de 1940).

Ante a necesidade de poñer á fronte do país un goberno forte que acabase coas desordes internas e evitase máis disgregacións territoriais, en setembro de 1940 Miguel I deu a dirección do goberno ao Xeneral Ion Antonescu. O goberno deste creu conveniente participar na segunda guerra mundial no bando da Alemaña de Hitler. Cedeuse o sur de Dobrudja a Bulgaria baixo a promesa de que se devolvería o norte de Transilvania.

Antonescu se erixiu como conducator e proclamou o "Estado lexionario". Romanía foi ocupada polo exército alemán en outubro de 1940. En xaneiro de 1941 o goberno Antonescu decretou a ilegalidade de todos os partidos políticos, mentres a Garda de Ferro eliminaba a numerosos políticos. En xuño de 1941 Romanía declaraba a guerra á URSS ocupando os territorios de Bucovina e Besarabia arrebatados polos soviéticos un ano antes, ademais de participar activamente na campaña do leste da segunda guerra mundial á beira do exército alemán.

Aínda que ao comezo os éxitos acompañaron aos exércitos romaneses que ocuparon Odesa e se anexionaron Transnistria. En 1942 os alemáns empezaron a ser derrotados na fronte do leste e a opinión pública romanesa e o propio Miguel I empezaron a ver a conveniencia de deixar o Eixo ante a derrota final deste.

Seguindo indicacións de Miguel I, o ministro de Asuntos Exteriores Mihail Antonescu iniciou contactos co Reino Unido e os Estados Unidos para asinar un armisticio cos aliados. Ante a caída da fronte do Leste e a ofensiva soviética, o 23 de agosto de 1944 Miguel I ordenou deter ao Goberno Antonescu e formou un goberno de concertación que pediu oficialmente o armisticio aos aliados ese mesmo día. Ao día seguinte, Romanía retirouse do Pacto Tripartito.

Despois do bombardeo alemán de Bucarest, o goberno romanés declarou a guerra ao Eixo o 25 de agosto. O 12 de setembro de 1944 asinou o armisticio de Moscova polo que Romanía renunciaba a Basarabia e o norte de Bucovina (que os recuperou a URSS), o sur de Dobrudja (cedida a Bulgaria), pero recuperaba o norte de Transilvania, ocupada por Hungría tralo Segundo arbitraxe de Viena. Tamén se aceptou pagar en concepto de reparación de danos de guerra aos aliados a cantidade de 300 millóns de dólares.

Caída de Miguel I

Coa guerra concluída e o país ocupado polas tropas soviéticas a posición de Miguel I debilitouse. Desde finais de 1944 ata marzo de 1945 formouse un goberno de coalición integrado polo Partido Comunista Romanés (PCR), o Partido Nacional Liberal (Partidul National Liberal - PNL), o Partido Campesiño Cristián Democrático (Partidul Taranesc Crestin si Democratic - PTCD) e o Partido Socialdemócrata (Partidul Socialdemócrata - PSD) cun marcado aire anti-ocupación soviética.

O 6 de marzo de 1945, Petru Groza, seguindo ordes da URSS, excluíu do goberno aos membros do PTCD e do PNL, deu aos comunistas diversos ministerios clave e promulgou a reforma agraria o 25 de marzo do mesmo ano. Ante todo isto Miguel I intentou en balde a intervención do Reino Unido e os Estados Unidos para evitar a caída de Romanía na órbita soviética.

Finalmente o goberno de Petru Groza amañou as eleccións xerais do 19 de marzo de 1946 que deron unha abafadora maioría á fronte Nacional Democrático que encadraba ao PCR e outros partidos minoritarios. Tralas eleccións e ante as denuncias de fraude electoral o PNL e o PTCD foron declarados ilegais (agosto de 1947) e a Asemblea Xeral, constituída na súa totalidade polos comunistas, obrigou ao rei Miguel I a abdicar e foi expulsado de Romanía e desposuído da cidadanía romanesa. Refuxiouse en Londres, ata que se trasladou a Suíza.

Matrimonio e fillos

Casou o 10 de xuño de 1948 coa Princesa Ana de Borbón-Parma, con quen tivo cinco fillas:

  • Margarida (1949-), que se casa en 1996 con Radu Duda (1960-) titulado Príncipe de Hohenzollern-Veringen en 1999.
  • Helena (1950-), que se casa en 1983 Robin Medforth-Mills (1942-); divorciados en 1991, vólvese a casar en 1998 con Alexander Philipps Nixon McAteer (1964-).
  • Irene (1953-) que se casa en 1984 con John Kreuger (1945-); divorciados en 2003, vólvese a casar en 2007 con John Walker.
  • Sofía (1957-), que se casa en 1998 Alain Biarneix (1957-) divorciados en 2002.
  • María (1964-), que se casa en 1995 con Kazimierz Mystkowski (1958-) divorciados en 2000.

Actualmente reside en Romanía, onde ten fixado o seu domicilio no Palacio Elisabeta, en Bucarest. En 1997 devolvéuselle a cidadanía romanés e as súas antigas posesións como o Castelo Peleş de Sinaia, dentro do proceso de reconciliación que propiciou o presidente Ion Iliescu (ex militante do PCR) no ano 2000. En Romanía mantén o padroado a diversas obras sociais de beneficencia.

Miguel de Romanía pronunciou o 25 de outubro de 2011 o seu primeiro discurso ante o Parlamento do seu país desde 1947, cando foi derrocado polo réxime que impuxo a Unión Soviética trala segunda guerra mundial.

Distincións honoríficas

  • Miguel I De Romanía  Soberano Gran Mestre da Orde de Miguel o Bravo (Reino de Romanía, 1941).
  • Miguel I De Romanía  Soberano Gran Mestre da Orde da Estrela de Romanía (Reino de Romanía, 1941).
  • Miguel I De Romanía  Soberano Gran Mestre da Orde da Coroa (Reino de Romanía, 1941).
  • Miguel I De Romanía  Soberano Gran Mestre da Orde de Carol I (Reino de Romanía, 1941).
  • Miguel I De Romanía  Cabaleiro da Suprema Orde da Santísima Anunciación (Reino de Italia, 1941).
  • Miguel I De Romanía  Cabaleiro Gran Cruz da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro (Reino de Italia, 1941).
  • Miguel I De Romanía  Cabaleiro Gran Cruz da Orde da Corona de Italia (Reino de Italia, 1941).
  • Miguel I De Romanía  Cabaleiro Gran Cruz da Orde da Vitoria (Unión Soviética, 06/07/1945).
  • Miguel I De Romanía  Comandante en Xefe da Lexión ao Mérito (Estados Unidos de América, 1945).
  • Miguel I De Romanía  Cabaleiro Gran Cruz da Real Orde Vitoriana (Reino Unido).
  • Miguel I De Romanía  Cabaleiro Gran Cruz da Orde da Lexión de Honor (República Francesa).
  • Miguel I De Romanía  Cabaleiro da Orde da Aguia Branca (República de Polonia).
  • Miguel I De Romanía  Cabaleiro Gran Cruz da Orde do León Branco (República Checa).
  • Miguel I De Romanía  Cabaleiro Gran Cruz da Orde do Redentor (Reino de Grecia).
  • Miguel I De Romanía  Cabaleiro Gran Cruz da Real Orde de Xurxo I (Reino de Grecia).
  • Miguel I De Romanía  Medalla Conmemorativa do 60 Aniversario da Vitoria na Gran Guerra Patria (Federación de Rusia).
  • Emblema de Honra da Armada Romanesa (Romanía, 24/10/2012).
  • Chaves da cidade de Londres (Reino Unido).
  • Cidadán Honorario de Kroměříž (República Checa).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Fernando I
Rei de Romanía
1927-1930
Sucesor:
Carlos II
Predecesor:
Carlos II
Rei de Romanía
19401947
Sucesor:
No cargo (como pretendente)

Tags:

Miguel I De Romanía TraxectoriaMiguel I De Romanía Segundo período de reinadoMiguel I De Romanía Caída de Miguel IMiguel I De Romanía Matrimonio e fillosMiguel I De Romanía Distincións honoríficasMiguel I De Romanía NotasMiguel I De Romanía Véxase taménMiguel I De Romanía19211927193019401947199720 de xullo201725 de outubro30 de decembro5 de decembro6 de setembro8 de xuñoLingua romanesaPobo romanésRomaníaSuíza

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Reino UnidoSerés, Serés, CastroverdeÁlvaro CunqueiroConvento do Carme de PadrónAliança CatalanaFabiola GarcíaFlora invasora de GaliciaBeraEmilio Pérez TouriñoHarry StylesAntonio López FerreiroSalgueiroSonDeSeuReino de GaliciapdwqjRebeliom do InframundoTito VilanovaMoulin RougeJacinto BenaventeDomingo García-SabellFigueresPili PampínHindemburg Melão Jr.Manuel MaríaCastro de Punta do BicoSlumdog MillionaireGame Boy Advance SPRamón Otero PedrayoRevolución galega de 1846David BeckhamJosé María Barreiro GómezMaría PitaLista de filmes coas maiores recadaciónsAs Pontes de García RodríguezIker MuniainAC-101c70mgDía das Letras GalegasXosé Neira VilasRevolución dos CaraveisAC-312Cristina MaróEstanislao FiguerasChatGPTNacho CastañoFC Ilves (feminino)Imperio BritánicoPablo MartinezAdolf HitlerXXX edición dos Premios GoyaMercedes QueixasO PorriñoUniversidade de ManchesterTransformador (modelo de aprendizaxe automática)CSabela (Operación Triunfo)AciñeiraItxu DíazVáknerLalínShinovaDelfínidosRacing Club de FerrolCarballedo, Cerdedo-CotobadeMommy Dead and DearestA EstradaLuis Carrero BlancoLongueirón (molusco)Abril na cultura popular galegaChorimaLista de programas de Televisión EspañolaCuruxa comúnMasculino e feminino en galegoSalvador Dalí🡆 More