Michel Miguel Elias Temer Lulia, nado o 23 de setembro de 1940 en Tietê, São Paulo, é un avogado, profesor, escritor e político brasileiro de orixe libanesa, expresidente do Partido do Movimento Democrático Brasileiro, o máis grande do país.
Foi o Presidente do Brasil entre o 31 de agosto de 2016 o o 1 de xaneiro de 2019. Electo como vicepresidente de Dilma Rousseff, asumiu a presidencia tras a destitución desta logo dun xuízo político.
Michel Temer comezou a súa carreira política no gabinete do gobernador de São Paulo, Adhemar Pereira de Barros. En 1983 foi nomeado procurador xeral do Estado e o ano seguinte pasou a ser secretario de Seguridade Pública do mesmo, cargo que volveu ocupar nos inicios dos anos 1990. Dentro da súa xestión creouse a primeira Delegacía da Muller do Brasil, así como tamén a Delegacía de Protección dos Dereitos de Autor, como instrumento de combate á pirataría.
Logo da súa primeira lexislatura fronte á Secretaría de Seguridade Pública de San Paulo, comezou a súa carreira en cargos electivos. Confioulle ao entón gobernador, Franco Montoro, o súa decisión de participar na Asemblea Nacional Constituínte de 1986. Finalmente, resultou electo ao cargo e puido participar da Asemblea onde optou por mostrar unha postura moderada e grandes coñecementos sobre dereito constitucional. Logo desta elección, foi elixido Deputado Federal, cargo que repetiría consecutivamente por seis períodos máis. Finalmente abandona o cargo para volver asumir a Secretaría de Seguridade Pública de San Paulo e, anos máis tarde, para asumir a Secretaría de Goberno do devandito Estado.
Foi electo tres veces como Presidente da Cámara de Deputados (en 1997, en 1999 e en 2009), e no 2001 é designado como presidente do Partido do Movimento Democrático Brasileiro. En 2009, tras un acordo co Partido dos Traballadores, é elixido como candidato a Vicepresidente, para conformar unha candidatura con Dilma Rousseff a disputar nas eleccións de 2010, onde finalmente resulta electo, tras unha segunda volta, o 31 de outubro, tamando finalmente posesión do cargo o 1 de xaneiro de 2011.
Debido á crise política e económica, que resultaron no impeachment de presidente Dilma Rousseff, Michel asumiu a presidencia en 31 de agosto de 2016. Nunha entrevista para a Lebanese Broadcasting Corporation, Temer mencionou que a orixe da súa familia é da cidade de Tabourah en Distrito de Koura, que á súa vez é unha veciñanza da cidade de Trípoli, Líbano.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Michel Temer, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.