Meridiano De Greenwich

O meridiano de Greenwich é o semicírculo imaxinario que une os polos e pasa por Greenwich, máis precisamente polo antigo observatorio astronómico deste suburbio de Londres.

Meridiano De Greenwich
O Primeiro Meridiano, Greenwich

O meridiano de Greenwich serve de meridiano de orixe: é a partir do que se miden as lonxitudes, en graos, é dicir que corresponde á lonxitude cero, polo que tamén se chama meridiano cero e primeiro meridiano.

Adoptouse como referencia nunha conferencia internacional celebrada en 1884 en Washington, D.C. auspiciada polo presidente dos Estados Unidos, á que asistiron delegados de 25 países. En dita conferencia adoptáronse os seguintes acordos:

  1. É desexable adoptar un único meridiano de referencia que substitúa os numerosos existentes.
  2. O meridiano que atravesa o Observatorio de Greenwich será o meridiano inicial.
  3. As lonxitudes ó redor do globo ó leste e oeste tomaranse ata os 180º desde o meridiano inicial.
  4. Tódolos países adoptarán o día universal.
  5. O día universal comeza á medianoite, hora solar, en Greenwich e terá unha duración de 24 horas.
  6. Os días náuticos e astronómicos comezarán tamén á medianoite.
  7. Promoveranse tódolos estudos técnicos para a regulación e difusión da aplicación do sistema métrico decimal á división do tempo e o espazo.

A segunda resolución aprobouse coa oposición de San Domingo e a abstención de Francia e o Brasil.

Un fuso horario esténdese sobre 15 graos de lonxitude (porque 360 graos corresponden a 24 horas e 360/24 = 15)).

A liña oposta ó meridiano de Greenwich, é dicir o semicírculo que o completa (para formar un círculo) corresponde á liña internacional de cambio de data, que atravesa o océano Pacífico. Por razóns prácticas, concretamente para non ter varios fusos horarios nalgúns arquipélagos, adaptouse esta liña á xeografía (xa que non é recta), ó igual que outras que limitan fusos horarios, polo que non coinciden cos meridianos.

Antigamente a maioría das mariñas de Europa continental usaban o meridiano da illa canaria de El Hierro. Así a todo, existiron moitas outras referencias.

Véxase tamén

Tags:

GreenwichLondres

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Vila Nova de CerveiraVangardasAXosé Carlos MorellMáquina comecartosRacing Club de FerrolAC-101Santiago de CompostelaMamen MendizábalClint EastwoodJohn Forbes NashPobo palestinoPili PampínPontevedraXunta Suprema do Reino de GaliciaDiglosiaAndoriñaOs ÁnxelesReal Academia GalegaSangueBidueiroPaspallásCayetana Álvarez de ToledoMarta Fernández-TapiasBaby ReindeerCalorLista de nomes masculinos en galegoLuis Mateo DíezDavid SuchetRevolución galega de 1846PalmaBélxicaEstadio Municipal de RiazorFollas novasLesakaCandela PeñaPere Pau Ripollès AlegreAna Luísa BouzaPortugalMaría PitaMar MediterráneoAsteraceae22 de xulloXosé FortesDonicelaBlogEscáncerAccidente de ChernóbilAlexander VórticeJosé Luis Rodríguez ZapateroBatalla das Termópilas (-480)Ramiro CarregalJulio Iglesias RedondoNava CastroQueiroaÑThe ArtistXosé Luís BernalNarónBeteluManuel RicoParafusoDomingo García-SabellCouselo (planta)República ChecaPanxermanismoLandraOTANRaposo comúnIsaac NewtonÁngel CarracedoFigueresMoscovaLuísa Villalta🡆 More