Berlín Mercedes-Benz Arena: Berlín

13°26′36″L / 52.505556, 13.443333

O Mercedes-Benz Arena é un pavillón multiúsos situado en Berlín, Alemaña, máis concretamente no barrio de Friedrichshain. Foi inaugurado no ano 2008 e conta cunha capacidade de 17.000 persoas. O pavillón é fogar do Eisbären Berlin, club de hóckey sobre xeo, e do Alba Berlín, equipo de baloncesto. Tamén se utiliza para concertos ou para outros partidos de hóckey sobre xeo, baloncesto ou balonmán. En 2009, O2 World acolleu a Final Four da Euroliga na que o Panathinaikos venceu 95-71 o CSKA Moscova.

Mercedes-Benz Arena
Berlín Mercedes-Benz Arena: Nome, Eventos importantes, Galería de imaxes
Datos
LocalizaciónAlemaña Berlín, Alemaña
Construción
Inauguración10 de setembro de 2008
ArquitectoPopulous
JSK Architects
Custo165 millóns de €
Estadio
Capacidade17.000 (concertos)
14.500 (baloncesto)
14.200 (hóckey sobre xeo)
LocalíaAlba Berlín (Basketball Bundesliga)
Eisbären Berlin (DEL)
Eventos
Final Four da Euroliga (2009)

Nome

O pavillón comezou denominándose O2World. En xaneiro de 2015, o fabricante alemán de automóbiles Mercedes-Benz, anunciou que alcanzara un acordo para cambiar o nome do lugar polo de Mercedes-Benz Arena de Berlín a partir do 1 de xullo do 2015. De acordo con Mercedes-Benz, o patrocinio do pavillón durará 20 anos. Ademais, tamén se realizarán cambios no interior da arena.

Eventos importantes

A primeira banda que tocou no O2 World foi Metallica o 12 de setembro de 2008.

O multiúsos foi tamén anfitrión dos MTV Europe Music Awards 2009.

O lugar foi sede dun partido da NHL Premiere para a tempada 2011-12 o 8 de outubro do 2011, no que os Buffalo Sabres derrotaron 4-2 os Los Angeles Kings.

Este sitio foi sede tamén da segunda rolda da Euro Beach Soccer League 2011 entre o 8 e o 10 de xullo dese ano.

Britney Spears celebrou un concerto aquí o 26 de xullo do 2010.

En agosto de 2012, o fútbol praia volveu a este lugar co gallo da segunda rolda da Euro Beach Soccer League 2012.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Berlín Mercedes-Benz Arena NomeBerlín Mercedes-Benz Arena Eventos importantesBerlín Mercedes-Benz Arena Galería de imaxesBerlín Mercedes-Benz Arena Véxase taménBerlín Mercedes-Benz ArenaCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José Cornide SaavedraLeymaTECOR societarioAlfonso Basterra CamporroChimpínArnold SchwarzeneggerEstados Unidos de AméricaBuscás, OrdesEleccións municipais de 2019 en GaliciaPanteón Real da Catedral de SantiagoAmes NovoEspazo ComúnCroaciaFesta da ReconquistaNuno García PicoLista de concellos de PontevedraAHistoria do CairoDólar da Liberdade sentadaMesíaLuís RubidoOpenGLA derradeira leición do mestreHomosexualidade1979AmesJosé Manuel Baltar BlancoEleccións municipais en ArteixoAngkor WatFeixónLa Voz de GaliciaExeria (escritora)Marzo na cultura popular galegaXabier MaceirasAbraham BobaAthena 2Eleccións municipais de 2015 en GaliciaHattusilis IAlemaña5Eduardo de Almeida NavarroApollo 11Pedra de raio (folclore)Lista de países por poboaciónSan Lázaro, Santiago de CompostelaRamón Pardo AriasBandeira de GaliciaCacheiras, TeoRauw AlejandroGoretti SanmartínSubdivisións da IndiaPneumáticoXacioChinche das camasObxectivos de Desenvolvemento SostíbelPegada ecolóxicaAnticorpoChairaIrene GonzálezSambesugaXosé Manuel PiñeiroGrecia antigaManchester City F.C.Pepe CoiraEstrutura primaria das proteínasSalgueiroEstrutura terciaria das proteínasAndorraEduardo Blanco AmorVenres🡆 More