Marina Núñez Del Prado: Escultora boliviana

Marina Núñez del Prado Vizcarra, nada na Paz o 17 de outubro de 1908 e finada en Lima o 9 de setembro de 1995, foi unha escultora boliviana.

Infotaula de personaMarina Núñez del Prado
Marina Núñez Del Prado: Traxectoria, Obra, Legado
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1908
A Paz, Bolivia Editar o valor em Wikidata
Morte9 de setembro de 1995 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Lima, Perú Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCementerio General de La Paz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBolivia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora , pintora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJorge Falcón Gárfias
Premios

Traxectoria

Nada no barrio de Caja Agua na Paz, de ascendencia española, neta de enxeñeiro e filla de xeneral, formou parte da elite local. A vocación pola arte é herdada: encontrou a inspiración en José Núñez del Prado, o seu bisavó, que foi arquitecto graduado pola Escola de Enxeñaría de Bolivia. Segundo indica nas súas memorias, o pai de Marina Núñez tamén desenvolveu facetas artísticas no deseño a pintura e a música. Dende moi nova estivo en contacto con diversas ramas da arte, como a pintura, escultura ou a música a través de clases particulares na casa. O apoio da familia foi fundamental na traxectoria desta escultora, xa que foi animada a realizar os estudos artísticos e tamén contou cun soporte económico, como indica a creación dun obradoiro propio nos baixos da casa familiar. A irmá de Marina, Nilda, tamén contou con este apoio na súa carreira artística.

Entre 1927 e 1929 estudou no Conservatorio Nacional de Música e na Escola Nacional de Belas Artes da Paz. Nesta última ingresa con 19 anos e gradúase no ano 1930. Pouco despois converteuse na primeira muller en acceder mediante concurso ao posto de docente na Escola Nacional de Belas Artes da Paz, onde impartiu clases de Escultura e Anatomía artística. Como cita nas súas memorias, presentouse á praza animada por Cecilio Guzmán de Rojas malia non sentirse preparada para a docencia.

Cecilio Guzmán de Rojas, pintor e figura destacada do indixenismo boliviano, xogou un papel importante no achegamento desta institución ao movemento indixenista. Coa súa chegada á Dirección Xeral de Belas Artes en 1930, por convite do presidente Hernando Siles, cesou a gran parte do profesorado da Academia e convocou novos concursos, nunha estratexia deseñada para formar un equipo con maior afinidade política e para impulsar unha renovación das artes plásticas. Nesta renovación a posta en valor dos temas autóctonos foi o eixo central en contraposición aos motivos clásicos que dominaban nos círculos da Academia do momento. Unha serie de artistas seguiron as pautas estéticas de Guzmán de Rojas, imitando o estilo dos ritmos voluptuosos na escultura e na pintura, entre eles: Yolanda Bedregal, Hugo Almaráz, Félix Rojas Ulloa, Arcadio Ortiz, Edmundo de Bejar, Félix Edmundo Valdez, Rebeca de la Barra, Germán Villazón e a propia Marina Núñez del Prado. Na denominada Xeración do Chaco a produción de Marina Núñez de Prado ocupa un lugar significativo.

Nestes primeiros anos, ata a metade dos anos 1940, a produción escultórica de Núñez del Prado alíñase coas convencións do indixenismo andino. Porén, os estudos da figura de Núñez del Prado non constatan un compromiso político directo e militante na súa traxectoria profesional e vital máis aló das escollas temáticas das súas obras.

Deixou o seu traballo na universidade e a súa cidade natal, a Paz, en 1938 para viaxar polo Perú, o Uruguai e a Arxentina. Nesta última pasou dous anos. Viaxou tamén a outros países fóra de Suramérica, incluíndo partes de Europa[Cómpre referencia] e Estados Unidos. Estudou durante oito anos en Nova York cunha bolsa outorgada en 1940 pola Asociación Americana de Mulleres Universitarias (American Association of University Women, AAUW), que obtivo tras ser rexeitada a súa primeira solicitude en 1939. A bolsa permitiulle profundar na arte dos artistas estadounidenses así como nas vangardas do momento e realizar un intercambio cultural que trasladou a Bolivia.

Marina Núñez Del Prado: Traxectoria, Obra, Legado 
Marina Núñez en 1963

Durante a súa estancia en Nova York gañou a Medalla de Ouro na exposición da AAUW pola escultura Mineiros en Rebelión. Esta obra centrábase nos traballadores da rexión boliviana de Potosí. Pouco despois, en 1948, regresou á Paz, onde continuou realizando traballos inspirados polos pobos indíxenas de Suramérica. [Cómpre referencia]

En 1954 abre un espazo expositivo na casa familiar da Paz ao que co tempo foi sumando as obras de ourivaría da súa irmá Nilda e a colección particular da familia. En 1969 as dúas irmás e os tres irmáns Núñez del Prado acordan convertela en casa museo a través da creación dunha fundación.

Posteriormente, en 1972, trasladouse ao Perú co seu home Jorge Falcón Gárfias, escritor peruano, debido da silicose que adquirira pola inhalación do po do granito. A enfermidade obligouna a adoptar un método diferente para tallar a súa obra. Morreu no Perú o 8 de setembro de 1995. Os seus restos mortais descansan nun nicho do Cemiterio Xeral da Paz.

Obra

Traballou cunha diversidade de materiais, entre os que destaca unha temperá preferencia polas madeiras tropicais procedentes da Amazonía, que deu paso a pedras como o granito, a andesita, o basalto, o ónix e o mármore. Nos anos setenta experimenta co cobre puído e nas súas últimas etapas artísticas tamén adoitou usar o bronce. Ademais de ter unha relación moi intensa co deseño, como mostran os debuxos realizados entre as décadas de 1930 e 1960, o seu método de traballo previo empregaba a modelaxe en arxila a pequena escala, para posteriormente desenvolver a idea en xeso nun formato máis grande que transfería a outros materiais.

A temática da súa obra centrouse en cuestións da súa contorna, en especial na representación da muller campesiña aimara, e na paisaxe e a cultura de Bolivia. Segundo a estudosa da súa obra, Mazza, pódense sinalar tres liñas temáticas na obra de Núñez del Prado en torno á muller: a primeira sería muller e a maternidade, con obras como Madre Índia, (1934) en granito de Comanche, e Abrazo (1950) A segunda, a asociación entre a muller e a natureza, e por último a relación entre a muller e a sexualidade. Nas súas esculturas vense representadas culturas ancestrais como a de tiwanaku ou a cultura e tradición incas.

Durante os oito anos que pasou nos Estados Unidos a súa obra modernizouse e internacionalizouse mostrando a herdanza cultural boliviana. As esculturas nesta época caracterizáronse polas súas liñas curvas e o traballo en granito negro e ónix branco.[Cómpre referencia]

Exposicións e bienais

Mostrou a súa obra en numerosas exposicións internacionais: dende países de América como Bolivia, o Perú, Arxentina, o Uruguai, México, Cuba, o Brasil, Venezuela, Colombia e os Estados Unidos; en Europa como Alemaña, Francia, Italia ou España; en Asia en países como o Xapón e Corea.

  • Primeira exposición individual, A Paz, Bolivia (20 de outubro de 1930)
  • Galería Witcomb, Bos Aires, Arxentina. (1936) p.59 MAzza
  • MoMA Nova York, The Latin American Collection The Museum of Modern Art (31 de marzo ao 6 de xuño de 1943).
  • Museo Petit Palais, París, Francia (1953)
  • Biblioteca Luis Ángel Arango, banco da República de Colombia en Bogotá (1961)
  • Presentou as súas obras no Parque Mundial da Escultura, parte do coñecido Parque Olímpico de Séul. (1988)
  • Marina Núñez del Prado: andina e universal. Galería John Harriman, Lima, o Perú. (Póstuma, 2009)

Bienais

  • Bienal Hispanoamericana de Arte, Madrid, España (1951)
  • Bienal de Arte São Paulo, Brasil. Bienais I (1951) II, III e VIII.
  • Bienal de Venecia, XXVI (1952)
  • II Bienal Interamericana de Arte de México, México D.F. (1960)
  • IX Bienal de Tokio, Xapón (1967)
  • As Palmas de Gran Canaria, Voces de Ultramar e Madrid, España. (1992)

Períodos

Raúl Botelho Gosalvez en La Escultura Telúrica de Marina Núñez del Prado, sostén que o seu traballo está marcado por dúas características principais: a graza e a forza. A forza vese a través das súas paisaxes andinas e a súa graza é recoñecible na xeometría harmoniosa das súas obras. Botelho afirmou que as obras de Núñez del Prado están vinculadas de xeito constante ao «genius loci», e que aí reside a súa forza e orixinalidade. Este autor distingue catro períodos na súa obra:

  • Un primeiro período caracterizado pola temática da danza no seu traballo, poñendo en relación os ritmos musicais e os plásticos no que amosa unha preferencia polo emprego da madeira.
  • Un segundo período caracterizado polo uso da escultura bidimensional e unha temática que se achega ó tema social boliviano, pero sen que se poida denominar "arte comprometida", segundo Botelho.
  • Un terceiro período caracterizado pola escultura en pedra tridimensional. Botelho Gosalvez denomínao «período maternal» debido ás representacións de madonas aimarás e outras de mulleres indíxenas.
  • Por último, o cuarto período é o neo-abstracto que foi influenciado pola súa amizade con artistas como Picasso, Archipenko e Milles e o contacto coa obra de Constantin Brancusi –pioneiro da arte moderna–, Henry Moore e Arpa.

Porén, a propia artista a través da súa autobiografía, Eternidad en los Andes, na que analiza a súa traxectoria profesional e profundiza os temas da súa obra, retoma estes catro períodos, pero renoméaos como Musical, Social, Maternal e Andino. No período musical o material preferente é a madeira na que dará forma a figuras bidimensionais con motivos como chamas, cholas, indíxenas e bailarinas. Obras características deste período son Danza de Cóndores, Danza de Cholas e Danza de Waka-Tokoris.. Segundo afirma a propia artista neste período rompeu totalmente coas liñas da Academia. O último dos períodos, renomeado como Andino no canto de neo-abstracto inspírase na cordilleira dos Andes e introduce ángulos e liñas rectas que se suman ás curvas características da escultura de Núñez del Prado.

Marina Núñez Del Prado: Traxectoria, Obra, Legado 
Mulleres ao vento, escultura deseñada por Marina Núñez, na Plaza de la Mujer en Seguencoma, A Paz

Crítica

Tivo detractores como Fausto Renalga, o chamado pai do indianismo, que a acusa de apropiación cultural e de non esculpir as súas obras, tarefa que realizaría o seu axudante, de orixe indíxena, Agustín Callisaya. Estes argumentos de Renalga foron amplificados polo goberno da Bolivia do momento. Na súa autobiografía Núñez del Prado relata como en 1930, cando era profesora na Academia de Belas Artes, lle foi denegada unha axuda solicitada ao Ministerio de Facenda. A xustificación alegada foi escasa proxección que a súa escultura significaba para o país.p 43 mazza146

Por outra banda contou coa aceptación da crítica estadounidense, como a de Eleanor Roosevelt, a quen a artista coñeceu persoalmente durante unha das súas exposicións nos Estados Unidos. A obra de Marina Núñez del Prado inspirou a poetas como Rafael Alberti, quen lle dedicou uns versos en homenaxe á súa obra ou Gabriela Mistral, próxima á artista, que lle dedicou un capítulo do seu libro Grandeza de los oficios.

Héctor Herazo Rojas en Una escultora de América para el mundo. Marina Núñez del Prado sostén que as súas obras se caracterizan pola súa forza, graza e monumentalidade. Tamén sinala que as súas obras xiran ao redor da temática da súa propia raza, o mito e a tradición. As esculturas de figuras indíxenas maternas e animais mitolóxicos son unha mostra. Pedro Querejazu coincide con Herazo Rojas sobre a súa carreira temática e suxire que as esculturas de Núñez del Prado se orixinaron dentro do movemento do realismo «nativo».

Outros críticos revisaron as súas obras, como foi o caso de Eduardo Mendoza Varela, que fixo unha análise con motivo da exposición de esculturas da biblioteca Luis Ángel Arango, situada no banco da República de Colombia en Bogotá. Este autor define a escultura de Núñez del Prado como "expresión plástica profundamente americana", salientando o compoñente figurativo das dúas obras e ensalzando a solidez da súa traxectoria artística contrapoñéndoa ás derivas do movemento abstracto. Mendoza Varela valora especialmente o "aforro absoluto da materia" e a mestría no emprego do volume e o espazo. Guillermo Nino de Guzmán na súa crítica da serie Mulleres ao Vento xustifica a posición desta artista na arte universal en base ao seu "xenio creativo" e pola «forza e apuxón constante que animou a súa enerxía creativa" na súa crítica da serie Mulleres ao Vento.

No 2011, coa apertura dunha sala permanente dedicada á escultora no Museo Nacional de Arte de Bolivia, unha reportaxe do diario Página Siete refírese a ela como a "maior artista plástica boliviana da historia, e unha das máis recoñecidas de Latinoamérica". Isto contrasta coa pouca aceptación da que gozara a artista nos anos 50 dentro do seu propio país. A literatura que recupera esta figura e pon en valor a súa obra dentro do panorama artístico de Bolivia comezou a aparecer nos anos 80, impulsada pola publicación da autobiografía de Núñez del Prado en 1973 e a apertura da Casa Museo na Paz. Segundo a investigadora Mazza, Núñez del Prado, de manera consciente, investiu un esforzo considerable na construción dun discurso en torno á súa propia traxectoria artística e na preservación do seu legado, que se ve reflectido na publicación da súa autobiografía, creación das dúas fundacións e os esforzos de compilación dos seus documentos persoais.

"O meu desexo foi poder falar na miña linguaxe escultórica da excelencia que atesoura Bolivia en materia e espírito. Tentei interpretar a forte e antiga mensaxe das nosas montañas e, pola forza da observación, tentei entrar no sumidoiro da mina, na alma hermética e antiga do boliviano."

Legado

A maioría da súa obra está repartida entre dúas fundacións: a Fundación Marina Núñez del Prado y Falcón, creada en Lima por Marina Núñez e Jorge Falcón Gárfias no ano 1993 e a Fundación Núñez del Prado, na Paz, creada en 1984 logo da morte dos pais da escultora. A obra escultórica de Marina Núñez atópase exposta en dezanove museos e coleccións ao longo de todo o mundo.

No Centro Georges Pompidou (París) exhíbese Cóndor (1964), unha escultura realizada en basalto andino. No Museo Bolivariano Quinta de San Pedro Alejandrino en Santa Marta, Colombia, exhíbese no Xardín das esculturas, de forma permanente, outra das pezas da escultora, Cóndor, xunto a obras de Joaquín de Mier e Benítez e Elma Pignalosa. A colección de Arte Contemporánea dos Museos Vaticanos conta con outra escultura de Marina Núñez exposta de forma permanente na Sala 26, dedicada á arte de América do Sur. A oficina nacional da AAUW situada en Washington D.C., alberga unha escultura que con motivo do centenario da creación da AAUW Núñez del Prado doou á entidade. Trátase da obra Mai e fillo.

Algúns dos bosquexos e debuxos da artista móstranse no Museo Nacional de Belas Artes (Arxentina) xunto a outros doutros autores como Fernando Renes ou Marcel Dzama.

Se ben a páxina da fundación Núñez del Prado indica varios museos que albergarían a obra da escultora, presumiblemente tomados da listaxe realizada pola artista ao final da súa autobiografía, do ano 1973, unha tese de mestrado realizada por Mazza no ano 2018 non logrou localizar ningunha destas obras agás Madona da Ternura, do Museo de Arte Moderna de Sao Paulo, actualmente en posesión do Museo Contemporáneo da Arte da SUP, e varias obras no Museo Nacional da Arte da Paz e na IBM's art Collection. Igualmente foron localizadas unha obra no Museo de Brooklyn (Nova York) e outra na colección Joseph Hirshson, probablemente a obra The Dove (a Pomba, 1958) do Hirshhorn Museum (Washington), escultura realizada en ónix, ningunha delas exposta.

Moitas destas pezas proveñen de coleccións particulares. Un exemplo disto foron as infrutuosas negociacións entre Gabriela Mistral e o MOMA de Nova York para a cesión da obra "Ternura", procedente da colección persoal da escritora.

Casa Museo Marina Núñez del Prado (Bolivia)

Esta casa museo recolle o legado da familia de Núñez del Prado. Foi inaugurado en 1984, xestionado pola Fundación Núñez del Prado. O edificio do museo permaneceu pechado e esquecido dende 1994, de xeito que a Fundación Núñez del Prado veu prestando os seus sevizos de acceso ao repositorio noutras dependencias. O peche debeuse a unha ruptura na súa infraestrutura durante a construción inicial do túnel estadounidense. A Fundación Marina Núñez decidiu transferir a título gratuíto en 2016 o edificio da casa museo e os seus fondos, ambos xestionados por ela.

En setembro de 2019 o edificio Casa Museo “Marina Núñez del Prado”, situada na Avenida Ecuador N° 2034 do municipio da Paz, conseguiu a declaración de Patrimonio Cultural Material Inmoble do Estado Plurinacional de Bolivia, mentres que a colección de pinturas, esculturas, pratería, artesanía e outros bens da casa museo adquiriron o status de Patrimonio Cultural Material Moble. Por un decreto da Presidencia de Bolivia estes dous bens culturais pasaron a ser xestionados pola Fundación Cultural del Banco Central de Bolivia (FCBCB). A nova apertura de portas da casa museo programouse para o ano 2020.

Casa Museo Marina Núñez del Prado (Perú)

O Museo Marina Núñez del Prado está xestionado pola Fundación Núñez del Prado y Falcón,-organización creada pola escultora e o seu esposo Jorge Falcón co fin de preservar a obra de ambos- e a municipalidade de San Isidro. O museo alberga diferentes pezas artesás bolivianas procedentes da colección persoal da artista, entre as que destacan as cerámicas de Mamerto Sánchez. Nos anos 70 Marina Núñez del Prado establecera a súa residencia e estudo de arte no edificio que ocupa agora a casa museo, situado no centro do Bosque de El Olivar. Este edificio de estilo neocolonial foi o primeiro edificio da zona en acadar o status de Monumento Cultural Nacional. O museo celebrou a súa inauguración o 16 de abril de 2015.

Premios e recoñecementos

Entre os numerosos premios e recoñecementos atópanse:

  • Medalla de Ouro, Primeiro Premio "Extranjera", no VI Salón Exposición de Mujeres Argentinas en Bos Aires. (1936)
  • Medalla de Ouro na exhibición de Nova York da National Association of Women Artists of New York pola obra Mineiros en Rebelión, (1946)
  • Premio Presidente Trujillo para Escultura outorgado pola República Dominicana, na Bienal Hispanoamericana de Arte en Madrid (1951).
  • Gran Premio Internacional de Escultura da II Bienal Interamericana de Arte de México (1960)
  • 1986 Gran Cruz da Orde de El Sol do Perú, Lima
  • 1990 Premio Extraordinario de Cultura de Bolivia.

No ano 2006 o día do seu aniversario, o 17 de outubro, foi declarado na súa honra o Día das Artes Plásticas en Bolivia.

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Marina Núñez Del Prado TraxectoriaMarina Núñez Del Prado ObraMarina Núñez Del Prado LegadoMarina Núñez Del Prado Premios e recoñecementosMarina Núñez Del Prado NotasMarina Núñez Del Prado Véxase taménMarina Núñez Del Prado17 de outubro190819959 de setembroA PazAmérica precolombianaArte abstractaBoliviaEscultoraLimaPobo aimaráVangardas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Paco JémezPriscilianoDomingo García-SabellReal Federación Española de FútbolA ira dos mansosNoiaAWStatsIgnacio Gómez PérezTom Holland (actor)A viaxe de ChihiroAnxo AngueiraMediaWikiRepública Popular da ChinaElvira Fernández BalboaVillarmentero de CamposSantiago de CompostelaSilvia SuperstarDavid BustamanteRoko (actriz)Publicacións impresas da diáspora galegaJosé López CamposCBernardino GrañaLobernoWinston ChurchillCarlos de Matos GomesSteve JobsGran Muralla ChinesaA EstradaAraitzJava (linguaxe de programación)PonteareasCarlos II de EspañaA memoria da choivaEva GonzálezTereixa NavazaJennifer LopezEva CárdenasArxentinaPartido Comunista dos Traballadores de EspañaMarcos PereiroMiguel SolísGuernica (cadro)Emilio Gutiérrez CabaNacho CastañoSoledad PenaltaBimba y LolaIslandiaSuso Díaz EstévezLupus eritematoso sistémicoOs PinosEsther F. CarrodeguasSemeAndrés PajaresAlfabeto galegoXHamsterDe catro a catroRosario FloresLisboaEl laberinto del faunoDodroCristiano RonaldoTransexualidadeJosé CoronadoRamón María NarváezChe GuevaraCuruxa comúnJosé Manuel Rodríguez PuenteJosé Galera MorenoMTonhito de PoiXurxo SoutoCarlos Sedes🡆 More