Luis F. Álvarez: Médico de orixe asturiana

Luis Fernández Álvarez, máis coñecido como Luis Álvarez, ás veces escrito Luís, nado en Salas o 1 de abril de 1853 e finado en Hawai (EUA) o 24 de maio de 1937, foi un médico de orixe asturiana que desenvolveu o seu propio tratamento contra a lepra e o aplicou en varias colonias de leprosos de California e Hawai.

Infotaula de personaLuis F. Álvarez
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1853 Editar o valor em Wikidata
Mallecina, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de maio de 1937 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , inventor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosWalter C. Alvarez (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Alvarez-1583

Traxectoria

Álvarez emigrou á Habana e máis tarde aos Estados Unidos. En 1887 graduouse en Medicina na Universidade Stanford e, tras un período en California, trasladouse a Hawái para traballar en leproserías. En 1895 costeouse un curso de bacterioloxía na Universidade Johns Hopkins e desenvolveu un método de diagnóstico da lepra que se converteu no estándar. Tamén creou un soro efectivo para o tratamento da enfermidade. Aceptou a invitación do goberno hawaiano para traballar nas colonias de leprosos fundadas polo pai Damien de Veuster, aprendeu hawaiano e integrouse na cultura local.

Foi nomeado Cónsul Honorario de España en Hawái por Afonso XIII. cargo que mantivo cando se trasladou aos Ánxeles, California, en 1903.

Morreu en 1937 aos 84 anos, despois de dedicar a súa vida á investigación médica e tamén a varios negocios tabaqueiros, inmobiliarios e mineiros.

Familia

Foi o terceiro fillo de Eugenio Fernández, viticultor do infante Francisco de Paula, o que lle permitiu acceder a unha educación privilexiada. A súa nai morreu cando el tiña só tres anos, e perdeu ao seu pai aos sete anos despois dun accidente. Con trece anos, emigrou á Habana co seu irmán Celestino.

En 1878, mentres vivía en Minnesota, casou con Clementina Schutze, filla dun mariñeiro prusiano de familia de artistas, e establéronse en California.

Os descendentes de Luis F. Álvarez tomaron o seu segundo apelido.

A súa filla Mabel Álvarez foi unha coñecida pintora impresionista e o seu fillo Walter C. Álvarez foi médico nos EUA.

Un dos seus netos, Luis Walter Álvarez, foi un dos científicos encargados do Proxecto Manhattan, Premio Nobel de Física en 1968 e impulsor, xunto co seu fillo Walter Alvarez, da teoría do meteorito como causante da extinción dos dinosauros.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


Tags:

Luis F. Álvarez TraxectoriaLuis F. Álvarez NotasLuis F. Álvarez Véxase taménLuis F. Álvarez1 de abril1853193724 de maioCaliforniaEstados Unidos de AméricaHawaiLazaretoLepraMédico, médicaPrincipado de AsturiasSalas, Asturias

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de ríos de EspañaRock HudsonAnxos SumaiCianuro de hidróxenoOs PinosRimaPorto do Souto, A Canda, PiñorDedaleiraIrmandades da FalaDonicelaGabriel García MárquezCastelo da PicoñaReino de GaliciaHindemburg Melão Jr.Afonso XII de EspañaAsorei, Asorei, Vila de CrucesAdolfo SuárezAs aves na cultura popular galegaSímboloRoberto Fernández RicoTrue Detective (tempada 1)EuropaEstañoInfolibreManuel RivasFingeringSonsoles EspinosaMelideMoinanteCAPTCHAEva CárdenasSusana FortesProvincias de EspañaLagarto arnalAsunta Basterra PortoClaudio MonteverdiCanle (enxeñaría)Os ÁnxelesBambú ProduccionesIrmandiñosGoogleCártamoFlora invasora de GaliciaNarónFerrolPaul KleeEl NiñoRetinaXXX edición dos Premios GoyaA EstradaOs pronomes persoais galegosChatGPTJosé Ramón Romero GarcíaMarta Mariño RegueiroArcadi EspadaThe Beekeeper (2024 film)AcivroNúmero piCarlos MoyáAquí no hay quien vivaRoko (actriz)António de Oliveira SalazarXestaRoxos, Villestro, Santiago de CompostelaMonte ApoVilalbaEstados Unidos de AméricaDavid (Donatello)Luis Ángel Lago LageRamadánSabugueiroMiranda de EbroUral Español Club de FútbolEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Boiro🡆 More