Lazareto

Para consultar o artigo sobre a illa grega, vexa Lazareto

Lazareto
Lazareto na illa de Menorca

Un lazareto é un hospital ou instalación similar, máis ou menos illada, onde se tratan enfermidades infecciosas. Historicamente utilizáronse para enfermidades pouco ou nada infecciosas, como a lepra ou a tuberculose e algunhas destas instalacións eran máis ben de reclusión, sen ningún tipo de coidados médicos nin salubridade.

Historia

Historicamente o lazareto era o lugar que había nalgúns portos de cidades costeiras para ter en corentena e observación ás embarcacións e persoas procedentes doutros países contaminados ou sospeitosos de contaxio. Era un espazo considerable, cercado, próximo ao mar e construído expresamente para recibir as mercadorías e aos enfermos e aínda ás equipaxes das embarcacións durante a corentena que se lles impuña.

Os lugares eran ventilados onde ademais dos edificios para o aloxamento e almacéns, había un hospital e grandes espazos e xardíns.

Estes establecementos debían ofrecer a suficiente capacidade para descubrir, ventilar e purificar os efectos de comercio, sobre todo, algodóns, las, e tecidos de toda especie cun locutorio para que os que estaban suxeitos á corentena puideran comunicarse cos que viñan de fóra a visitalos, coa conveniente separación , nunha peza e á distancia que permitían as dúas reixas que os separaban.( véxase a película de cine Éxodo ).

Desde o punto de vista da hixiene pública dáse o nome de lazareto a un recinto espazoso, perfectamente illado, que contén moitos edificios destinados a recibir as persoas e as cousas que veñen de países infectados de contaxio ou que as tocaron ou se aproximaron as cousas que chegan daqueles puntos, a fin de que sexan observados alí durante un certo número de días, antes de poder circular libremente e as cousas para ser desinfectadas e ventiladas alí mesmo, segundo as regras establecidas para o resgardo da saúde pública.

O lazareto de Maó

Lazareto 
Entrada Principal da illa do Lazareto de Maó, antigo hospital militar.

O lazareto de Maó construíuse en 1793 por orde do Conde de Floridablanca, ministro de Carlos III. Púxose en marcha en 1817 e un século despois deixou de funcionar, para anos máis tarde ser o que é agora. Actualmente é unha residencia do Ministerio de Sanidade e Consumo, tras certas remodelacións.

O lazareto de Maó era e é obra sólida e magnifica por oden real como se indica no parágrafo anterior, baixo a dirección do maior dos enxeñeiros chamado don Manuel Pueyo, e empregouse para a súa construción material demolido do castelo de San Felipe. A obra parouse en 1798 e continuouse en 1803, quedando concluídos os tres departamentos de patente sospeitosa en 1807, dirixindo a obra o enxeñeiro don Juan Antonio Casanova.

Unha tapia de 1440 varas circunvalidaba este edificio que tiña oito portas exteriores, unha capela circular no centro do lazareto, con trinta tribunas con locutorios para oír misa os corentenarios, cinco torres para os vixiantes, 141 habitacións, 7 almacéns, 120 poios, 2 enfermerías ordinarias, e para os contaxiados, 5 zahumerios, 49 cociñas etc.

O custo da obra ascendeu a case 5 700 000 millóns de realesvellon, pero non quedou totalmente arranxado ata 1817 e instalouse por real decreto dese mesmo ano.

O Lazareto da Illa de San Simón (Ría de Vigo)

Lazareto 
Antigo lazareto de San Simón.

Foi mandado construír na illa de San Simón da Ría de Vigo en 1842, carecía de auga potable e alí purgaban as súas enfermidades os contaxiados procedentes de portos europeos e do Caribe. Deixouse de utilizar en 1923 converténdose entre 1936 e 1943 nun terrible cárcere do réxime franquista. Hoxe en día é posible gozar de visitas guiadas pola illa, destacando o "Paseo dous Buxos" (paseo miradoiro con buxos centenarios), sen esquecer o resto dos seus xardíns, coidados ao detalle.

Réxime dos lazaretos

Para a cuestión dos lazaretos houbo Congresos Internacionais en París a mediados do século XIX e como curiosidade histórica cítanse algúns artigos que son os seguintes sobre o réxime dos lazaretos:

  • Artigo 73.-A distribución interior será tal que se poidan separar as persoas e as cousas que corresponderán a corentena de diferentes datas.
  • Artigo 77.-En todo lazareto debe haber suficiente cantidade de auga saudable para todas as necesidades do servizo.
  • Artigo 84.-Ás persoas cuxo estado de pobreza sexa notorio á autoridade sanitaria, non serán admitidos, senón que tamén se lles alimentará e tratará gratuitamente nos lazaretos.

Orixe do nome Lazareto

Os guerreiros de Occidente que foran a Palestina a liberar os Santos Lugares a principios do século XII da dominación musulmá, crearan unha orde relixiosa militar baixo a advocación de San Lázaro para o coidado dos leprosos.Puxéronse baixo a advocación deste santo por canto os cristiáns designaron á lepra co nome de mal de San Lázaro, cridos que morreu de lepra o irmán de María e de Marta resucitado por Jesús.

Cando volveron de Terra Santa foron acollidos por Lois VII de Francia que lles concedeu preto de París unha casa, e transformárona nun lazareto (hospital para o coidado de leprosos).

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Reglamento interino de sanidad para el gobierno y dirección del lazareto de Mahón, datado en Madrid en 1817.

Tags:

Lazareto HistoriaLazareto Véxase taménLazaretoLazareto, Grecia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Vento feridoXabier LópezEva CárdenasCarballo comúnXosé Luís BernalRepartimento de ÁfricaIndiaMareaPenélope CruzBasketball Champions LeagueBugalloImperio RomanoBloque Nacionalista GalegoRoman de RouPortadaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoO incerto señor Don HamletAWStatsAC-440Renda básica universalIrmandades da FalaMatias VarelaAdolfo SuárezMP3Caja MágicaAlfabeto galegoOs ÁnxelesDía das Galegas nas LetrasSunnismoNúmero piLapa (molusco)Fruit NinjaJeremy CorbynRamón CamposMachu PicchuZarracós, A MercaLista de ríos de GaliciaClint EastwoodPilar AlegríaJosé Casal RodríguezSam WorthingtonAlfonso Basterra CamporroXestaBatalla de LepantoJohn LennonManu ChaoMamen MendizábalHaikuEra ComposteláNava CastroEstrella GaliciaAlmoite, Almoite, Baños de MolgasEduardo PondalAndy da FonteDios ke te crewNoiaMaría do Socorro Ortega RomeroPolinomios de ChebyshevCristina MaróGarfieldRúa Xeneral Gutiérrez Mellado (Pontevedra)Os PinosCidade do VaticanoCélula procariotaÑO Vintecatro, Oeste, CatoiraCrime de honraProxyMiranda de EbroPili PampínNon sen a miña fillaLista de nomes masculinos en galegoPartido Comunista dos Traballadores de EspañaWiki🡆 More