Karnam Malleswari: Deportista india

Karnam Malleswari (en telugu: కరణం మల్లేశ్వరి), nada o 1 de xuño de 1975, é unha levantadora olímpica de peso retirada da India.

É a primeira muller india en gañar unha medalla nos Xogos Olímpicos. En 1995, recibiu o Rajiv Gandhi Khel Ratna, a meirande honra deportiva da India, e en 1999, o premio civil Padma Shri.

Infotaula de personaKarnam Malleswari
Karnam Malleswari: Traxectoria, Vida persoal, Notas
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Srikakulam, India (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia Editar o valor em Wikidata
Altura163 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhalterófilo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor em Wikidata - 2004 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaIndia Editar o valor em Wikidata
Deportehalterofilia Editar o valor em Wikidata
AdestradorLeonid Taranenko (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2004Xogos Olímpicos de 2004
2000Xogos Olímpicos de 2000  (medalla de bronce)
decembro de 1998Jogos Asiáticos de 1998 (pt) Traducir  (medalla de prata)
1995Campeonato Mundial de Halterofilismo de 1995 (pt) Traducir  (medalla de ouro)
1994Jogos Asiáticos de 1994 (pt) Traducir  (medalla de prata)
1994Campeonato Mundial de Halterofilismo de 1994 (pt) Traducir  (medalla de ouro) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm12095017 Olympic.org: karnam-malleswari Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Malleswari gañou o título mundial na categoría de 54 kg en 1994 e 1995, e clasificouse no terceiro posto en 1993 e 1996.

En 1994, gañou a medalla de prata no Campionato Mundial de Istambul, e en 1995 gañou o Campionato Asiático de Halterofilia celebrado en Corea na categoría de 54 kg. Gañou o título na China ese mesmo ano cun récord de levantamento de 113 kg no Campionato do Mundo. Antes da súa vitoria nas Olimpíadas, Malleswari foi campioa do mundo de levantamento de peso por dúas veces, con 29 medallas internacionais, incluíndo 11 medallas de ouro.

Ademais das numerosas medallas nacionais e internacionais, Malleswari tamén foi galardoada co Rajiv Gandhi Khel Ratna en 1999, o Premio Arjuna en 1994 e o Padma Shri en 1999.

Nos Xogos Olímpicos de 2000, Malleswari levantou 110 kg na categoría de "arranque" e 130 kg na de limpo e tirón, conseguindo un total de 240 kg. Gañou a medalla de bronce e converteuse na primeira muller india en gañar unha medalla olímpica. Tamén foi a primeira e a única muller india levantadora de peso en gañar unha medalla olímpica.

Vida persoal

Malleswari naceu en Voosavanipeta, preto de Amadalavalasa, unha aldea de Andhra Pradesh. Ten tres irmás e todas elas foron adestradas en levantamento olímpico de peso. Comezou a súa carreira deportiva con 12 anos e foi adestrada por Neelamshetty Appanna.

Trasladouse a Delhi cunha das súas irmás e axiña foi descuberta pola Autoridade Deportiva da India. Posteriormente en 1990, Malleshwari uniuse ó centro nacional, e catro anos máis tarde foi campioa mundial na categoría de 54 kg.

En 1997, casou co seu compañeiro de halterofilia Rajesh Tyagi, e en 2001 deu a luz un fillo. Tiña pensado regresar á competición nos Xogos da Commonwealth de 2002, mais finalmente non o fixo por mor da morte do seu pai. Retirouse definitivamente despois de non conseguir puntuar para os Xogos de 2004. No presente vive en Yamunanagar, Haryana, xunto co seu marido e traballa na Corporación de Alimentos da India como Directora Xeral.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Karnam Malleswari TraxectoriaKarnam Malleswari Vida persoalKarnam Malleswari NotasKarnam Malleswari Véxase taménKarnam Malleswari1 de xuño1975HalterofiliaIndiaLingua teluguXogos Olímpicos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ALista de nomes femininos en galegoGoogleCristiano RonaldoA EstradaXHamsterPolítico, políticaJohann Sebastian BachCouto MixtoTeixugoLingua inglesaDavid (Donatello)María do Socorro Ortega RomeroGrupo EroskiXoán XardónAstorgaMariano RajoyFrancisco Castro VelosoSandra Vázquez DomínguezRamón CamposLista de episodios de Shin ChanGrupo RompenteMiguel Anxo BastosNúmero piXabier DeiveGallicaManuel Vázquez OuteiriñoEva CárdenasXardaOs EoasBlogÁcido oleicoBambú ProduccionesLista de ríos de GaliciaSantiago de CompostelaFernando Taboada GuntínCaliforniaByteZendayaVento feridoXosé Manuel BlancoIndiaReal Club Celta de VigoAcivroClaudia SheinbaumClaudio MonteverdiDoraemonCohesiónÁnxel CasalVacaLionel MessiEstudanteAutocraciaDedaleiraThe ArtistLingua galegaPaísSistema solarMasturbación coas mamasPornografíaCentral Unitaria de TraballadoresEstañoRoko (actriz)Alfabeto galegoBugalloCandorcaOs violentos de KellyXosé FortesXornalistaSusana Rodríguez GacioEscáncerGalería de imaxes de arañas de GaliciaPampallínManuel RivasComarca de ValdeorrasZarracós, A MercaBenito Mussolini🡆 More