Juan González Del Valle: Profesor, escritor e político galego

Juan González del Valle González de la Vega, nado na Coruña o 14 de outubro de 1898 e finado no campo de concentración de Mauthausen-Gusen o 26 de setembro de 1941, foi un profesor, escritor e político galego.

Infotaula de personaJuan González del Valle
Biografía
Nacemento14 de outubro de 1898 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de setembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Campo de concentración de Mauthausen-Gusen, Austria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario , escritor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Fillo de Juan González del Valle e Elisa González de la Vega Campoamor. Estudou o bacharelato no Instituto da Coruña e aprobou o curso preparatorio de Dereito na Universidade de Valladolid en 1916, continuando a carreira nesa Universidade. Foi bibliotecario do Nuevo Casino coruñés (1925), e bibliotecario da directiva da Universidade Popular da Coruña en 1927. Colaborou nas revistas Vida, Alfar, da que chegou a desempeñar a dirección na nova etapa iniciada en xullo de 1927, e Alma, Foi elixido académico correspondente da Real Academia Galega en xaneiro de 1927, e foi membro do Seminario de Estudos Galegos no que presentou o traballo "El paisaje galaico en la obra literaria de Valle Inclán" en febreiro de 1934.

Foi secretario do comité coruñés de Derecha Liberal Republicana en abril de 1931, e en setembro dese ano foi nomeado fiscal suplente do Distrito do Instituto. Trasladouse a Madrid onde impartiu clases no Instituto Pérez Galdós. Pertenceu á Federación de Trabajadores de la Enseñanza da UGT da Coruña. Despois foi profesor do Instituto Nebrija de Chamartín de la Rosa. Aprobou as oposicións a cátedras de Literatura de Ensino Medio convocadas en 1934, sendo destinado ao Instituto de Santa Cruz de la Palma en marzo de 1935, pero non chegou a tomar posesión. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid e integrouse no batallón FETE da milicia da Federación de Trabajadores de la Enseñanza. Formou parte das Milicias de la Cultura no Batallón Félix Barzana de FETE-UGT e despois exerceu de oficial de Carabineros en Valencia, catedrático do Instituto de Linares, para finalmente ser destinado ao Instituto Maragall de Barcelona, onde colaborou nas revistas Hora de España (alí apareceu o seu o ensaio "Realismo e irrealismo de la edad de oro española") e Nova Galiza. Foi separado do servizo e dado de baixa na escala pola Comisión Depuradora en 1942.

Coa derrota republicanas pasou a Francia. Foi detido e internado no campo de prisioneiros de Angulema, desde o que foi deportado ao campo de concentración de Mauthausen-Gusen onde ingresou o 4 de agosto de 1940. Morreu no comando de Gusen no castelo de Hartheim o 26 de setembro de 1941.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Juan González Del Valle TraxectoriaJuan González Del Valle NotasJuan González Del Valle Véxase taménJuan González Del Valle14 de outubro1898194126 de setembroA CoruñaCampo de concentración de Mauthausen-Gusen

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ácido láuricoPiñeiroGerardo Pardo de VeraSelenaRoko (actriz)Artigo (gramática)Estados Unidos de AméricaAglais urticaeAtaque de denegación de servizoMarçal MolinéDomantas SabonisCentral térmica das PontesArchaeopteryxMySQLCastro de Punta do BicoÁcido nonadecanoicoAparello dixestivoJoe BidenParque nacionalMarineraShirley ChisholmFariseoCarlos XV de SueciaGlándula uropixialBilurico comúnTeixugoTinamidaeLingua islandesaLuis García-ReyBlastocistoMasideGran Premio de Australia de 2017PericarditeAs Pontes de García RodríguezViktoryja AzarankaAngkor WatBolboreta da colRibocimaMosteiro de Santa María de OseiraXabarilÁreas lingüísticas do galegoGran Premio de Australia de 2018Sexo analJuan PardoNatureza mortaFermentaciónGetty Thesaurus of Geographic NamesRío AmazonasLista de nomes masculinos en galegoActinopterygiiSegunda República EspañolaAnimalPiñorDiteaRichard SerraJosé Luis GilJohn GarciaLuis ZaheraBalthasar GérardAeroporto de Berlín-TegelAsnoLista de países por superficieMacronCharlton HestonGuerra de CroaciaSistema nervioso somáticoPadrendaRaleigh, Carolina do NorteKaren UhlenbeckEnciclopedia Galega UniversalCarotenoBenito KamelasCasa de PlantagenetARN transferenteOscar RobertsonCrónica troiana🡆 More