Jenaro Marinhas Del Valle: Escritor galego

Jenaro Marinhas del Valle, nado na Coruña o 25 de novembro de 1908 e finado na Coruña o 23 de decembro de 1999, foi un novelista, poeta, ensaísta e dramaturgo galego.

Infotaula de personaJenaro Marinhas del Valle
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1908 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de decembro de 1999 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, Drama e poesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , poeta , dramaturgo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJenaro Mariñas González Editar o valor em Wikidata

AELG: 412 Find a Grave: 239417054 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Sendo novo entrou en contacto coa intelectualidade galeguista da Coruña por mediación do seu pai, que estaba relacionado con integrantes da Cova Céltica como Eladio Rodríguez González, Francisco Tettamancy, Uxío Carré Aldao ou Manuel Lugrís Freire. Após finalizar os seus estudos de bacharelato, trasladouse a Compostela, onde cursou estudos de Filosofía e Letras. Porén, non acabou a carreira, e matriculouse en Empresas. Dedicado xa a actividades mercantís, Marinhas del Valle frecuentou as Irmandades da Fala, creadas na súa cidade natal, A Coruña. Onde estivo relacionado coa Escola de Insiño da Irmandade e fundou a Mocedade Galeguista da Coruña. Esta organización que colaborou, xunto ao Partido Galeguista ao que pertencía, na campaña a favor do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Tamén fundou o semanario La Draga.

Compartiu parladoiros e debates con outros destacados intelectuais galeguistas, como Ramón Otero Pedrayo ou Castelao. Na mesma época escribiu a súa primeira peza de teatro, que lle entregou a Víctor Casas para que a publicase Ánxel Casal. Porén, Casal foi asasinado polo falanxismo durante o golpe de Estado, co que se perdeu o orixinal.

Durante a posguerra, Marinhas del Valle viaxou por toda Europa, mais non perdeu o contacto co galeguismo da época. De feito, froito dos seus contactos na clandestinidade con diferentes galeguistas, entre eles, Francisco Fernández del Riego, logrouse a creación da Editorial Galaxia e mais da revista Grial, onde publicou as súas primeiras obras literarias.

Durante o franquismo e até os primeiros anos da coñecida como transición española, o coruñés ocupou un lugar destacado no panorama intelectual e literario de Galiza. En 1978, por proposta de Rafael Dieste, Leandro Carré Alvarellos e Francisco Vales Villamarín, Marinhas del Valhe ingresou na Real Academia Galega co discurso Importancia do público na revelación teatral. Porén, a súa defensa da unidade lingüística galego-portuguesa, desprazouno cada vez máis á periferia do sistema. Esta situación fíxose especialmente notoria tralo pasamento de Carvalho Calero en 1990, e logo de Marinhas del Valle renunciar ese mesmo ano ao seu posto na RAG.

Jenaro Marinhas Del Valle: Traxectoria, Obras, Premios 
Tumba no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Xa nos últimos anos da súa vida, Marinhas del Valle foi nomeado membro de honra da Associaçom Galega da Língua (AGAL). Tamén recibiu homenaxes de colectivos como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Agrupación Cultural O Facho ou a Fundación Alexandre Bóveda, debido ao seu labor en favor do nacionalismo e pola defensa do galego no ensino.

Finou en 1999 con 91 anos na súa cidade natal. A revista Agália, no seu número 60, publicou de forma póstuma a narración A Tía Solinha. Igualmente, a revista Enclave publicou no seu número 6 a peza teatral breve Pai Desconhecido.

Obras

Teatro

Ensaio

Narrativa

Poesía

Artigos e estudos

  • A Serpe, Galaxia (Vigo, 1952).
  • Monifates, en Grial, n.º 4. (1964).
  • A festa do Cheneque e outras historias, en Grial. (1967).
  • Pequena farsa dos amores desencontrados, en Grial, n.º 21 (1968).
  • Loucura e morte de Peregrino, en Grial, n.º 31 (1972).
  • O real em cena. Notas a esmo, en Agália, n.º 21 (1990).
  • Os alárvios, en Agália, n.º 23 (1990).
  • Lugrís, oratória e teatro, en Agália, n.º 23 (1990).
  • A língua do escritor, en Agália, n.º 25 (1991).
  • Teatro Interte, en Agália, n.º 49 (1997).

Obras colectivas

  • Johán V. Viqueira: uma utopia verificável, Instituto de Estudos Luso-Galaicos Ricardo Carvalho Calero. (A Coruña, 1994).

Premios

  • Premio Castelao de Teatro Galego no 1965, por A revolta e outras farsas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Jenaro Marinhas Del Valle TraxectoriaJenaro Marinhas Del Valle ObrasJenaro Marinhas Del Valle PremiosJenaro Marinhas Del Valle NotasJenaro Marinhas Del Valle Véxase taménJenaro Marinhas Del Valle1908199923 de decembro25 de novembroA Coruña

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Marta Fernández-TapiasRío MiñoPaco LodeiroPepa a LobaEsparragueiraValentín Alfonsín SomozaDios ke te crewEspazo ComúnChorimaAguiño, RibeiraGonzalo DuránQuenllaJacinto ConvitConfessions of a Teenage Drama QueenMonte Porreiro, Mourente, PontevedraYolanda DíazCervo comúnSantuario de Nosa Señora da PenedaCeutaJosé Manuel Baltar BlancoLobiosNoite de WalpurgisMoldaviaÁ lus do candilGuerschon YabuseleOrixe das avesVilela, Outeiro de ReiPíntega comúnDavid RegadesJesús Peleteiro SuárezDavid PerdomoCastro de PrismosSexo analLaura AñónFala de EstremaduraAs Pontes de García RodríguezWayback MachineBrañaLugoBorja VereaJosé Manuel LageXián (nome)Esgonzo comúnHéctor CajaravilleO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoPartido Comunista dos Traballadores de EspañaRomaEsther EstévezA homosexualidade na historiaEvaristo CalvoBioluminescenciaGalería de imaxes de GaliciaAturuxo (folclore)Posicións sexuaisXesús PisónAlbaniaHomosexualidadeDaniel DomínguezTuiXosé MonteagudoNosce te ipsumXosé Luís Franco GrandeMoscova7Xabier DeiveCampionato de España de segunda categoríaRoko (actriz)Deputación de OurenseOurenseJosé Manuel Rodríguez PuenteArzúaA Escravitude, Cruces, PadrónXan XoveOrosoZoe Saldana🡆 More