Italo Svevo, pseudónimo de Aron Hector Schmitz, nado en Trieste o 19 de decembro de 1861 e finado en Motta di Livenza o 13 de setembro de 1928, foi un destacado escritor e dramaturgo italiano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Ettore Schmitz 19 de decembro de 1861 Trieste |
Morte | 13 de setembro de 1928 (66 anos) Motta di Livenza (pt) |
Causa da morte | Morte accidental (Atropelamento (pt) ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Italia Imperio Austrohúngaro |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Trieste |
Ocupación | escritor , empresario , tradutor , dramaturgo , novelista |
Empregador | Union-Bank (en) |
Pseudónimo literario | Italo Svevo |
Lingua | Lingua italiana |
|
Foi un autor con fortes vencellos coa cultura centroeuropea, de tal modo que tras o seu nome de pluma se agocha unha homenaxe respectivamente ás culturas italiana e á alemá, como proba da mestizaxe característica da súa vila natal, Trieste.
Empregado de banca, iniciouse na escritura con artigos e relatos. No ano 1892 escribiu a súa primeira novela, Una vita, á que seguiron Senilità (1898) e a que talvez sexa a súa obra máis soada, La coscienza di Zeno (1923), textos cos que atraeu o interese da crítica principalmente póstuma.
Seguidor dos escritores realistas franceses, Svevo introduciu na literatura italiana unha visión analítica do real, no que outurga un gran peso á conciencia.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Italo Svevo, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.