Iode (י, pronunciada /j/) é a décima letra do alfabeto hebreo.
Procede dunha letra do alfabeto fenicio.
En fenicio como en hebreo, esta letra representa unha consoante (API [j]) pero no iota (Ι, ι) do alfabeto grego (saído do fecinio), representa sempre a vogal /i/ (pois o fonema /j/ desaparecera da lingua, pero non o son [j]). É digno de mención que o derivado latino, a letra I, servise aos romanos para notar á vez /i/ e /j/. O seu valor numérico é 10.
Ademais, iode é o nome dado en fonética á semiconsoante ou semivogal palatal.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Iode, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.